Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021343 - Dereito de Contratos e Responsabilidade Civil (Elementos Xurídicos para as Relacións Laborais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO FIDALGO, MARTA.SI
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Acadar un primeiro nivel na preparación de profesionais en relacións laborais cun coñecemento especializado no ámbito do Dereito dos contratos e a responsabilidade civil.

    - Proporcionarlle ao estudante unha información e unha formación que lle permita, no seu quefacer profesional, afrontar con corrección os problemas xurídicos reais no ámbito xudicial, notarial, administrativo, etc.

    - Acadar unha certa destreza na utilización da linguaxe xurídica e no manexo dos textos que conteñen o Dereito positivo na materia de contratos.

    - Conseguir que o alumno se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de contratos, singularmente cos textos legais (en particular o Código Civil) e as decisións xurisprudenciais.

    - Lograr que os alumnos accedan ao coñecemento dos contidos básicos da disciplina.

    - Dotar os estudantes dunha certa destreza no manexo dos instrumentos necesarios para a interpretación e a aplicación das normas xurídicas relativas á materia.











    Contidos
    TEORÍA XERAL DO CONTRATO

    Lección 1. O contrato: concepto e elementos esenciais

    Contrato e autonomía privada.- Os requisitos do contrato.- O consentemento contractual.- A capacidade para contratar.- A libre formación do consentemento e os vicios da vontade: erro, violencia e intimidación, dolo.- A declaración de vontade.- O obxecto do contrato: requisitos.- A causa do contrato.- A forma e documentación do contrato.

    Lección 2: A formación do contrato.

    A oferta e a aceptación. Momento e lugar de perfección do contrato.- Os tratos preliminares e a responsabilidade precontractual.- O precontrato e o contrato de opción.- A contratación por adhesión: as condicións xerais da contratación.- Os contratos forzosos e os contratos normados.

    Lección 3: O contido do contrato. Interpretación e integración

    O contido do contrato.- A condición, o termo e o prazo.- A interpretación do contrato: criterios hermenéuticos.- A integración do contrato: o artigo 1258 do Código civil.- As condicións xerais da contratación.- O control das cláusulas non negociadas individualmente na contratación con consumidores: a nulidade das cláusulas abusivas.

    Lección 4: Eficacia e ineficacia do contrato.
    A eficacia do contrato entre as partes: inalterabilidade e irrevogabilidade.- O principio da relatividade do contrato e a súa eficacia respecto a terceiros.- O contrato en favor de terceiro.- A cesión do contrato.- O subcontrato.- A ineficacia do contrato e as súas diversas categorías.- Os contratos nulos: a conversión.- A anulabilidade e a confirmación do contrato anulable.- A rescisión do contrato.

    OS CONTRATOS EN PARTICULAR

    Lección 5: Os contratos de finalidade traslativa
    O contrato de compravenda.- Concepto e caracteres.- Elementos estruturais: suxeitos, obxecto e forma.- As obrigacións do vendedor: conservación e entrega da cousa, saneamiento por evicción e vicios ocultos.- A dobre venda.- Garantía na venda de bens de consumo.- O contrato de permuta.- O contrato de doazón.- Concepto e clases.- Requisitos: consentemento, obxecto e forma.- Efectos.

    Lección 6: Outros contratos típicos
    O contrato de arrendamento : concepto, caracteres e obxecto.- O arrendamento de fincas rústicas e urbanas.- O contrato de obra: concepto, caracteres e obxecto.- Efectos.-A Lei de ordenación da edificación.- O mandato.- O contrato de servizos e a responsabilidade do prestador de servizos.- O contrato de fianza: concepto e clases.- Efectos: relacións entre acredor e fiador e relacións entre fiador e debedor principal.- O contrato de sociedade.- Outras figuras contractuais: préstamo, depósito, arbitraxe e contratos aleatorios.

    A RESPONSABILIDADE EXTRACONTRACTUAL

    Lección 7: Ámbito, fundamento e presupostos da responsabilidade civil
    O acto ilícito como fonte de obrigación. A responsabilidade contractual e extracontractual. - O fundamento da responsabilidade civil extracontractual: responsabilidade por culpa e responsabilidade obxectiva. - As funcións da responsabilidade civil. -A responsabilidade civil derivada de delito. - As constantes da responsabilidade civil: comportamento danoso, prexuízo e relación de causalidade. -A obrigación de reparar o dano causado. - O seguro de responsabilidade civil.

    Lección 8: As fontes da responsabilidade civil
    A responsabilidade por feito propio. Culpa do axente, imputabilidade e causas xustificativas. - A responsabilidade por feito alleo. A responsabilidade dos pais e titores, do empresario e dos titulares e directores de centros docentes. - A responsabilidade por danos causados por cousas e animais. - Rexímenes especiais. A responsabilidade polos danos causados por produtos defectuosos e a responsabilidade civil por accidentes de circulación de vehículos a motor. - A responsabilidade patrimonial da Administración




    Bibliografía básica e complementaria
    ÚLTIMAS EDICIÓNS DAS SEGUINTES OBRAS:

    Diez Picazo L/ Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil, II, Madrid, Civitas.
    Lasarte Álvarez, C., Principios de Derecho civil, t. III, Pons, Madrid.
    Lacruz Berdejo, J.L/ y otros, Elementos de Derecho civil, t. II, vols. 1º y 2º, Nueva Edición revisada y puesta al día por F. Rivero Hernández, Madrid, Dykinson.
    Competencias
    Xerais: Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos

    Específicas: Coñecer, comprender e aplicar as normas xurídicas básicas, públicas e privadas, necesarias para o axeitado desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais laborais.

    Competencias específicas da materia: - Capacidade para elaborar e asesorar en contratos básicos e usuais e en materia de responsabilidade civil - Capacidade para redactar e interpretar contratos e asesorar en materia de aseguramento de responsabilidades

    Metodoloxía da ensinanza
    Ensino presencial: aulas expositivas e interactivas.
    Ensino non presencial: lecturas específicas, redacción de informes e outros documentos xurídicos, resolución de casos prácticos, exame de decisións xurisprudencias e preparación de traballos monográficos.

    Co manexo nas clases expositivas dos textos legais e da xurisprudencia ditada nesta materia polos Tribunais de Xustiza, analizaranse os contidos mínimos da disciplina, cunha visión práctica orientada á preparación dun Graduado en Relacións Laborais.

    Nas clases interactivas fomentarase a participación agrupando os alumnos e polarizando a súa intervención como representantes das partes no conflito.

    Ensinarase a redactar documentos característicos do dereito contratual e a responsabilidade civil.

    Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis discutidas e as argumentacións que sustentan as diversas interpretacións xurídicas que poderían manterse nos tribunais.
    Sistema de evaluación
    Asistencia a aula e participación activa (10 %)
    Entrega de traballos e resolución de casos (30%)
    Exame final (60%)

    Advertencia: Para superar a materia, a calificación mínima esixida no exame final é de 3 puntos sobre 6. Só a partir da obtención de tal nota será computada a puntuación obtida pola asistencia a clase e os traballos realizados durante o curso.

    De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula (clase expositiva, interactiva, titorías e exames): 48 horas
    Traballo persoal do alumno (estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas): 102 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - O alumno debe utilizar dende o comezo de curso os materiais da disciplina, en especial os textos legais e un libro de consulta que actúe como referencia.
    - Recoméndase a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.

    - O tempo dedicado ao estudo debe ser o máis continuo posible. Recoméndase facer un seguimento, polo menos semanal, do explicado nas clases, e realizar as tarefas sinaladas polo profesor con dedicación e continuidade.

    - Preguntar nos horarios de titorías ou, preferiblemente, na clase, todas as dúbidas ou problemas de comprensión que se susciten ao redor dos temas estudados.

    - Debe evitarse a aprehensión memorística de cuestións que previamente non sexan comprendidas de xeito correcto.

    Observacións
    MATERIAS AFÍNS:
    Introdución ao Dereito
    Dereito do Traballo
    Dereito Societario
    Dereito Administrativo
    Dereito Sindical
    Dereito da Seguridade Social
    Dereito Procesual Laboral