Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021344 - Historia das Relacións Laborais na Europa do Século XX (Historia Social e das Relacións Laborais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Análise dos modelos de relacións laborais en Europa ao longo do século XX.
    - Identificar variables ou forzas institucionais que son chave na determinación dos resultados das relacións entre traballadores e dirección de empresa.
    - Proporcionar aos alumnos/as unha visión xeral das teorías e modelos dos sistemas de relacións laborais.
    - Estudar os sistemas de relacións laborais dende unha perspectiva histórica, analizando os actores sociais, as súas organizacións, estratexias e actividade.
    - Comprender a influencia dos cambios na organización do traballo sobre as relacións sociais e laborais dos axentes participantes no mercado.

    Contidos
    1. INTRODUCIÓN: XESTIÓN DO TRABALLO NA INDUSTRIALIZACIÓN
    1.1 Estratexias empresariais e relación de emprego
    1.2 Poder político e mercados de traballo
    1.3 Organizacións obreiras e control dos mercados de traballo

    2. O CAPITALISMO INDUSTRIAL E AS RELACIÓNS DE TRABALLO (1870-1914)
    2.1. Migracións e impacto sobre os mercados de traballo
    2.2. A ruptura industrial: as transformacións no mundo empresarial e o novo proletariado
    2.3. Métodos burocráticos e organización científica do traballo
    2.4. Estratexias empresariais e sindicais: emprego, salarios e condicións laborais

    3. RELACIÓNS LABORAIS NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1919-1939)
    3.1. A consolidación da negociación colectiva; a creación dos departamentos de persoal e a xestión das relacións de traballo na gran empresa
    3.2. As relación de traballo baixo o corporatismo autoritario: subordinación dos axentes sociais ao Estado
    3.3. Concepción leninista das relacións laborais: xestión da produción e do benestar social
    3.4. Crise económica e impacto no mercado de traballo

    4. REGULACIÓN DOS MERCADOS DE TRABALLO NA ETAPA DOURADA (1950-1973)
    4.1. Pleno emprego como obxectivo estratéxico. Migracións, composición sectorial do emprego e políticas de benestar social
    4.2 A gran empresa xerencial: consolidación do fordismo
    4.3. Segmentación laboral: mercados internos de traballo, desigualdade, discriminación
    4.4. Modelos de negociación colectiva: os sindicatos na Europa occidental
    4.5. A orientación produtivista do modelo sindical soviético: os sindicatos nas democracias populares

    5. GLOBALIZACIÓN, CRISE E MERCADO DE TRABALLO (1973-2013)
    5.1. Descentralización empresarial e nova organización do traballo
    5.2. Desintegración sindical e novos mecanismos de cooperación entre empresarios e traballadores
    5.3. Problemas laborais na actualidade: flexibilidade, temporalidade, segregación, movementos migratorios, crise económica e precarización

    Bibliografía básica e complementaria
    ABELLÓ GUELL, T. (1997): El movimiento obrero en España, siglos XIX y XX, Barcelona, Hipótesis.

    AGOSTI, A. (1991): “La evolución de los sindicatos europeos”, en Cabrera, M. et al. (comp.): Europa en crisis 1919-1939, Madrid, Pablo Iglesias, pp. 191-224.

    ANDREASSI, A. (2004): El trabajo y su organización en el fascismo (Alemania e Italia), El Viejo Topo.

    APARICIO, M. A. (1980): El sindicalismo vertical y la aparición del Estado Franquista. Barcelona, Eunibar.

    ARENAS, C. FLORENCIO, A. MARTINEZ, J. I. (1999): Mercado y organización del trabajo en España (SS. XIX y XX), Sevilla, Atril.

    ARENAS, C. et al. (2001): Trabajo y relaciones laborales en la España contemporánea, Sevilla, Mergablum.

    ARRIOLA, J. (2001): Globalización y Sindicalismo, Azira, Germania.

    BALDWIN, P. (1992): La política de solidaridad social. Bases sociales del Estado de bienestar europeo, 1875-1975, Madrid, MTSS.

    BAGLIONI, G. e CROUCH, C. (1992): Las relaciones laborales en Europa. Madrid. MTSS.

    BLANCH RIBAS, J.M. (2001): Teoría de las relaciones laborales, Barcelona, Universitat Oberta de Catalunya.

    BOSCH, G. (2003): “La evolución de la negociación colectiva en Alemania: Una descentralización coordinada”, Cuadernos de Relaciones Laborales, pp. 179-214.

    CABRERA, M.-DEL REY, F. (2002): El poder de los empresarios. Madrid. Taurus.

    CLARKE, S. (2007): “The State of Rusian Unions”, Journal of Labor Research, Vol 28, nº 3, pp. 275-299.

    COMÍN, F. (1996): “Las formas históricas del Estado de bienestar: el caso español”, en Dilemas del Estado de Bienestar, Madrid, Fundación Argentaria, pp. 29-58.

    CORIAT, B. (1982): El taller y el cronómetro, Madrid, Siglo XXI.

    DUNLOP, J. (1978): Sistema de relaciones Industriales, Barcelona, Península.

    DUNLOP, J.T.; GALENSON, W. (1985): El trabajo en el siglo XX. Madrid: MTSS.

    GALLIE, DUNCAN et al. (1998): Restructuring the Employment Relationship, Oxford.

    GALAN GARCIA, A. (coord.) (2000): La intervención pública en las relaciones laborales, Madrid, Tecnos.

    GOMEZ URDAÑEZ, G.; GALAN GARCIA, A.; MORENO FERNÁNDEZ, J.R. (2003): Materiales para la Historia de las Relaciones Laborales, Madrid, Tecnos.

    GORDON, D., EDWARDS, R., REICH, J.M. (1986): Trabajo Segmentado, trabajadores divididos, Madrid, MTSS.

    HERRERO, M. (Coord) (2003): Sociedad del trabajo y sociedad del conocimiento en la era de la Globalización, Buenos Aries, Prentice-Hall.

    HOBSWAN, E.J. (1999): “Trabajadores del mundo”, en La era del imperio, 1875-1914, Barcelona, Crítica, pp. 122-151.

    HYMAN, R. (1981): Relaciones Industriales, Una Introducción marxista, Barcelona, Blume.

    JODAR, P. e MARTIN, A. (1983): Crisis económica y relaciones industriales, Madrid, Zero.

    LANGE, PETER et al. (1991): Sindicatos, cambio y crisis, Madrid, MTSS.

    MIGUELEZ, F. (1985): “Corporatismo y relaciones laborales en Europa en tiempo de crisis”, Revista española de Investigaciones Sociológicas, nº 30, pp. 149-178

    MIGUELEZ, F. e PRIETO, C., dir. (1999): Las relaciones de empleo en España, Madrid, Siglo XXI.

    POWELL, C. (2002): España en democracia, 1975-2000. Las claves de la transformación de España. Barcelona. Plaza y Janés.

    SOTO CARMONA, A. (1989): El trabajo industrial en la España contemporánea, 1874-1936, Barcelona, Anthropos.

    TOHARIA, L. (1999): El mercado de trabajo: teorías y aplicaciones, Madrid, Alianza.

    VAN DER LINDEN, M. (2006): Historia transnacional del trabajo, Alzira, UNED.

    Competencias
    XENÉRICAS:
    -Capacidade para traballar tanto individualmente como en equipo.
    -Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información.
    -Aplicar o razonamento crítico no estudio e na análise dun determinado asunto ou tema.
    -Expoñer e defensar axeitadamente por escrito ou oralmente temas de carácter xeral ou relacionados ca súa especialidade.
    -Aprender autónomamente.
    -Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.

    ESPECÍFICAS:
    -Coñecer e comprender o carácter dinámico das relacións laborais no ámbito europeo: etapas e modelos, axentes sociais, papel dos mesmos.
    -Coñecer o funcionamento dos mercados de traballo e da xestión dos recursos humanos no pasado e no presente.
    -Interpretar distintos indicadores socioeconómicos relativos ao mercado laboral.
    -Identificar os aspectos chave nos procesos de negociación laboral.
    -Actuar conforme aos códigos de boas prácticas na negociación de conflitos.
    -Obter información cualitativa e cuantitativa (de carácter social e laboral) a partir de distintas fontes e tratala de forma autónoma.
    -Realizar lecturas críticas de documentos.
    -Efectuar traballos e informes a partir da busca de fontes documentais e bibliográficas elacionadas cos distintos aspectos laborais.
    - Amosar actitude de seguridade e equilibrio á hora de conciliar posturas diferenciadas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía do ensino combina a explicación teórica coa realización de clases prácticas, debates e un traballo de curso titorizado pola profesora. O traballo de curso deberá ser presentado na aula ao final do cuadrimestre.

    Como instrumento de apoio ao traballo individual do alumno/a, para cada tema do programa da materia prepararase unha presentación en power point que serva ao alumno/a para selecciona-los aspectos máis relevantes do tema tratado. Asemade, cada tema irá acompañado dunha lectura recomendada que se irá traballando nas aulas prácticas.

    Sistema de evaluación
    Nesta materia combínase un sistema de avaliación continua e final dos coñecementos adquiridos, tendo en conta a participación activa do estudiante nas actividades propostas ao longo do curso.

    O procedemento para calcula-la nota final será o seguinte:
    exame final (50%), traballo de curso (30%), actividades prácticas (20%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 48 horas. Distribuídas da seguinte forma:

    - Clases expositivas: 30 horas
    - Clases interactivas: 14 horas
    - Titorías grupo reducido: 2
    - Exames: 2



    TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A:
    102 horas. Distribuídas da seguinte forma:

    - Estudio individual ou en grupo: 52 horas
    - Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 30 horas
    - Lecturas recomendadas: 12 horas
    - Preparación de presentacións orais, debates e similares: 4 horas
    - Asistencia a conferencias ou outras actividades: 4 horas

    TOTAL VOLUME DE TRABALLO: 150 HORAS

    Recomendacións para o estudo da materia
    Sería recomendable que os alumnos/as tiveran cursada a materia básica “Historia Social e das Relacións Laborais”. Tamén que efectúen as lecturas correspondentes con tempo para poder participar nos debates e actividades prácticas. Asemade, dedicar o tempo de estudio necesario para seguir e complementar as clases expositivas.

    Observacións
    Os alumnos/as terán a súa disposición na fotocopiadora do centro as lecturas e exercicios que complementen os temas a medida que se van impartindo.

    Tamén poderán acceder, como complemento á docencia, a aula virtual onde se engadirán materiais y se distribuirá a información pertinente ao longo do curso. Para facer uso da mesma deberán estar rexistrados no campus virtual da USC.