G3021345 - Institucións e Política Social da Unión Europea (Marco Normativo das Relacións Laborais e da Seguridade Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Mercantil e do Traballo
- Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Proporcionarlle ao alumno unha visión xeral da evolución do proceso de integración europea.
- Introducir o alumno no sistema institucional e o sistema de fontes comunitario.
- Presentar unha visión ampla da lexislación social comunitaria e a súa aplicación dende unha perspectiva teórica e práctica.
- Analizar os principais temas da política social comunitaria (libre circulación de traballadores, emprego, non discriminación por razón de sexo, etc.).
Descritores da materia: “Evolución histórica da construción europea. Principais institucións comunitarias. Sistemas de fontes na Unión Europea. Lexislación social comunitaria”.
ContidosLECCIÓN 1ª. Evolución e desenvolvemento do proceso de integración europea
a) O Plan Schuman e a creación das Comunidades Europeas
b) O relanzamento do proceso de integración: da Acta Unica Europea ao Tratado da Unión Europea e as súas reformas
c) Os intentos de "constitucionalización". O Tratado de Lisboa
LECCIÓN 2ª: A Unión Europea. Estructura xeral
1. Caracteres xerais da Unión Europea
a) A personalidade xurídica da Unión Europea
b) Os obxectivos e principios da Unión Europea
2. A adhesión e a retirada da Unión Europea
LECCIÓN 3ª. O Sistema Institucional da Unión Europea
1. Principios de Funcionamiento
2. As institucións da Unión Europea
LECCIÓN 4ª. O ordenamento xurídico da Unión Europea
1. O sistema de fontes do Dereito Comunitario
a) O Dereito orixinario
b) O Dereito derivado
c) Outras fontes do Dereito da Unión Europea
LECCIÓN 5ª. A aplicación do Dereito da Unión Europea
1. Os principios de primacía e efecto directo
2. O control da aplicación do Dereito da Unión Europea. Mecanismos
xurisdicionais
LECCIÓN 6ª. O espacio social comunitario
1.Evolución histórica da Política social comunitaria
2.Bases xurídicas nos Tratados
3.As fontes da Política social comunitaria. Especial referencia ao diálogo social.
4.O tratamiento dos dereitos sociais fundamentais
5.Influencia e recepción da Política social comunitaria no Dereito español do Traballo
LECCIÓN 7. O mercado de emprego comunitario
1.Libre circulación de traballadores e outras liberdades fundamentais
2.Política de inmigración
3.Fomento da mobilidade: FSE e formación profesional
4.Normas comunitarias de Dereito internacional privado laboral
LECCIÓN 8. A armonización das lexislacións nacionais
1.Normas sobre contrato e condicións de traballo
2.Normas sobre seguridade e saude no traballo
3.Normas sobre implicación dos traballadores na empresa
4.Normas sobre igualdade e non discriminación
LECCIÓN 9. A seguridade social no ámbito comunitario
1.A fallida armonización de lexislacións nacionais
2.A articulación dos rexímenes de Seguridade social:
a) Fontes e ámbito de aplicación
b) Principios
c) Prestacións
LECCIÓN 10. A coordinación de políticas nacionais
1.O Título VIII sobre Emprego
2.O método aberto de coordinación
Bibliografía básica e complementaria-Girón Larrucea, J., El sistema jurídico de la Unión Europea: la reforma del Tratado de Lisboa, Tirant lo Blanch, Valencia, 2009
- Gutiérrez Espada, C. y Cervell Hortal, M.J.: La adaptación al Tratado de Lisboa (2007) del sistema institucional decisorio de la Unión, su acción exterior y personalidad jurídica, Ed. Comares, 2010
- Mangas Martín, A.; Liñán Nogueras, D. : Instituciones y Derecho de la Unión Europea, 6a. ed., Tecnos, Madrid, 2010
- Nogueira Guastavino, M., et al, Lecciones de Derecho Social de la Unión Europea, Tirant lo Blanch, 2012.
Atender sempre á ultima edición publicada
Competencias- Comprensión de textos xurídicos.
- Capacidade para identificar e comprender cuestións xurídicas relevantes partindo dun conxunto complexo de feitos non estruturado xuridicamente.
- Capacidade para identificar e aplicar as fontes xurídicas (básicas).
- Capacidade para debater en profundidade argumentos xurídicos.
- Capacidade para encontrar solucións novas ou imaxinativas na formulación dun problema ou na utilización de recursos xurídicos con enfoques diversos.
- Capacidade para asesorar sobre as posibles resolucións dun caso e para deseñar estratexias alternativas conducentes ás distintas solucións.
- Capacidade para decidir se as circunstancias de feito son suficientemente claras para unha decisión fundada en dereito.
- Capacidade para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundamentada.
- Capacidade para redactar documentos xurídicos, utilizando a terminoloxía tecnicamente apropiada.
- Capacidade para expoñer o coñecemento cun dominio axeitado das habilidades orais e escritas propias da profesión xurídica.
- Capacidade para identificar as preocupacións e valores sociais subxacentes nas normas e principios xurídicos.
- Capacidade para identificar os debates de actualidade e comprometerse neles utilizando para iso de maneira precisa o dereito aplicable.
- Capacidade para planificar e levar a cabo tarefas xurídicas complexas de modo autónomo.
- Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares como experto xurídico.
Metodoloxía da ensinanza A impartición da docencia desenvolverase ao longo dun cuadrimestre mediante clases expositivas e interativas.
As clases teóricas ocuparán o núcleo central das explicacións e para o seu seguimento proporcionarase unha relación de manuais básicos e obras de carácter xeral.
Esta aproximación teórica á disciplina completarase con casos prácticos (análise de casos e xurisprudencia e outros materiais) que incidan nos principais ámbitos temáticos que abrangue o programa.
Sistema de evaluaciónOs estudiantes poderán optar entre a evaluación continua e a evaluación final para superar a materia.
Para poder culminar con éxito o proceso de evaluación continua, establécense os siguientes requisitos:
• Asistencia a un mínimo do 80% das sesións
• Obtención de o menos 5 puntos nas calificacións da evaluación continua, sendo necesario obter 2'5 puntos en cada unha das partes da materia.
Quenes desexen participar na evaluación continua, suscribirán un documento neste sentido. O abandono da evaluación continua supondrá a calificación de "suspenso".
Quienes acudan á evaluación global poderán participar tamén, de forma voluntaria, nas tarefas e deberán concurrir ó examen final, que tendrá carácter escrito. Os traballos realizados na aula valoraránse, despois de superado o examen, con un máximo adicional de 1 punto.
Aos efectos do artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia, entenderase que unha puntuación inferior a 0'25 puntos nas clases interactivas equivale a "non ter realizada ningunha actividade académica evaluable".
Tempo de estudo e traballo persoalO estudante debe realizar un seguimento continuado da materia para poder asimilar e comprender de forma continuada os distintos conceptos explicados. Para iso, debe servirse da bibliografía recomendada, como material de apoio, tanto na vertente teórica como na práctica. Iso implicará unha dedicación ao longo de todo o cuadrimestre entre 20 e 30 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia á clase e estudo continuado da materia.
- Procurar entender as explicacións e conceptos, sen efectuar unha mera retención memorística da materia.