G3021346 - Facenda Autonómica e Local (Economía e Mercado de Traballo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.50
- Clase Interactiva Seminario: 13.50
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia ten como obxetivo principal ofrecer aos alumnos a posibilidade de coñecer en profundidade o sistema de financiación autonómica, así coma o dos ingresos locais. Oa mesmo tiempo que se estuda a dinámica do gasto público autonómico e local.
A pretensión é que o estudante adquira os coñecementos necesarios para a organización e administración de recursos do Sector Público e comprenda o funcionamento xeral das súas finanzas. Realizarase unha aproximación práctica á facenda autonómica, fixándonos no caso concreto de Galicia. De igual xeito, estúdiase a financiación das entidades locais, atendendo á liquidación dos seus tributos máis importantes.
O estudo desta materia está directa ou indirectamente relacionado con outras do Grao, pero dun xeito especial con Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa e Dereito Tributario, cuio estudo se complementa.
ContidosPARTE 1. INTRODUCIÓN AO FEDERALISMO FISCAL
1. As funcións do sector público e as facendas descentralizadas
2. A asignación de bens públicos nos diversos níveis de goberno
3. A tributación nun sistema descentralizado
4. As transferencias nun sistema descentralizado
5. A débeda pública nun sistema descentralizado
PARTE 2. A FACENDA LOCAL
6. As facendas locais: un diagnóstico
7. Os instrumentos do financiamento local
8. O actual modelo de financiamento
9. Os orzamentos locais: o ciclo orzamentario
PARTE 3. A FACENDA AUTONÓMICA
10. Modelo LOFCA: réxime común e réxime foral
11. O actual sistema de financiamento: avaliación crítica
12. O endébedamento autonómico
13. O Orzamento da Xunta de Galicia: o ciclo orzamentario
Bibliografía básica e complementariaPARTE 1
Caramés, L. (2004): Economía Pública Local . Ed Civitas.
Oates, W.E. (1972): Federalismo fiscal, Instituto de estudios de la Administración Local, 1977
Monasterio Escudero, C. e Suárez Pandiello, J. (1996): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ariel (Capítulo 1)
Boadway, R. e Shah, A. (2009): Fiscal Federalism, Cambridge University Press.
PARTE 2
Monasterio Escudero, C. e Suárez Pandiello, J. (1996): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ariel (Capítulos 10-15)
Suárez Pandiello, J. (coordenador) (2008): La financiación local en España: radiografía del presente y propuestas de futuro, FEMP, (páxinas 21-48; 255-278)
Cordero Ferrera, J.M. e outros (2012): “Finanzas locales, crisis y ajuste: análisis y propuestas”, formato electrónico.
Fernández Leiceaga, X. (2012): “O financiamento municipal: unha avaliación”, formato electrónico
PARTE 3
Lago Peñas, S. E Martínez Vázquez, J. (2010): “La descentralización tributaria en las CCAA de régimen común: un proceso inacabado”, Hacienda Pública española, 192- (1-2010)
Fernández Leiceaga, X. (2012): Autogoberno e financiamento, Ed. Galaxia (parte segunda)
De la Fuente, A. (2012): “Algunas propuestas para la reforma del sistema de financiación de las Comunidades Autónomas”
Bosch, N. (2012): “Algunas reflexiones en torno al gasto autonómico”, formato electrónico.
Fernández Leiceaga, X. (2013): “La nueva normativa de estabilidad presupuestaria y sostenibilidad financiera y las comunidades autónomas”, Lago-Peñas, S. y Martínez-Vázquez, J. (Dirs.): La consolidación fiscal en España: El papel de las comunidades autónomas y los municipios: Experiencias, retos y perspectivas, Madrid: IEF, en prensa.
CompetenciasAs competencias do aprendizaxe han de proporcionar ao alumno os coñecemento básicos relacionados coa organización e funcionamento do sector público descentralizado, así como os instrumentos cos que conta para exercer a súa actividade económica, examinando os problemas e efectos que plantexa o deseño e a utilización de ditos instrumentos, e analiza-las relacións financieiras entre os diferentes niveis de goberno -descentralización e harmonización-.
Metodoloxía da ensinanza O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
Sistema de evaluaciónHaberá dúas opcións de avaliación:
Opción 1 (avaliación mixta); basearase en:
a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración);
b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua ....... 30%
Exame final ................. 70%
Opción 2 (avaliación única); basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia.
Esa opción 2 sería a aplicable por defecto cando o alumno non cumplimentou os mínimos da avaliación continua ou a partir da primeira convocatoria (sempre que apliación da avaliación continua prexudicase ao alumno)
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________22,50
Clases interactivas _____________________________________ 8.50
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________ 5
Tutorias, outra sesións co profesor e avaliacións __________________________9
Total horas traballo presencial na aula_________________________________ 45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________7.5
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________67.5
Recomendacións para o estudo da materiaAdemáis da asistencia a clase, recoméndase, con carácter indicativo, que o alumno dedique arredor de 70 horas de traballo non presencial ao estudio da asignatura, que deberían estar uniformemente repartidas ao longo do cuatrimestre, e non concentradas nos días anteriores ao examen.