G3021347 - Psicoloxía dos Grupos e Equipos de Traballo (Psicoloxía e Técnicas de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.50
- Clase Interactiva Seminario: 13.50
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo desta materia é que os alumnos adquiran diversos coñecementos que dende a Psicoloxía dos Grupos e do Traballo explican e describen os comportamentos dos individuos cando participan o interveñen en grupos ou en equipos de traballo. Así mesmo, outro obxectivo é que os alumnos coñezan o manexo dalgunhas ferramentas o técnicas necesarias para a comprensión do papel e do comportamento do individuo neste entorno (a través da valoración dos resultados en simulacións, dinámicas de grupo, etc. ). Tamén, as propias prácticas que se desenvolverán ó longo do curso servirán para que o propio alumno sexa consciente das vicisitudes da pertenenza e da participación real no grupo e no equipo de traballo.
ContidosGrupos e Equipos de Traballo.
- Definicións
- Cuestións relevantes do traballo en equipo
- Modelo de eficacia grupal
Tipos de Grupos e Equipos Laborais
- Grupos formais e informais
- Grupos laborais
- Círculos de calidade
- Grupos de traballo autoxestionados
- Equipos interfuncionais
- Comités
- Equipos virtuais
Estrutura e Dinámica dos Grupos Laborais
- Formación de grupos
- Desenrolo de grupos
- Estrutura grupal
Procesos de Influencia Social nos Grupos
- Normalización
- Conformidade: Influencia da maioría
- Innovación: Influencia da minoría
Toma de Decisión e Rendemento Grupal
- Toma de decisión grupal
- Rendemento e produtividade grupal
O entorno dos Grupos e Equipos
- Espazo persoal e grupal
- Disposición espacial
- Redes de comunicación
Técnicas Grupais en Contextos Organizacionais
- Técnicas de formación e desenvolvemento do clima grupal
- Técnicas creativas
- Técnicas de toma de decisións
Bibliografía básica e complementariaGil, F. (Director) (2008). Introducción a la Psicología de los Grupos. Madrid. Pirámide
Gil, F. y Alcover, C.M., coordinadores (2003). Técnicas Grupales en Contextos Organizacionales. Pirámide.
Hayes, N. (2012). Dirección de equipos de trabajo: Una estrategia para el éxito. Thomson
Martínez, M. C. y Paterna, C. (2010). Manual de psicología de los grupos. Síntesis
Martínez, M. C., Paterna, C., Vera, J. y Hombrados, M. I. (Coordinadoras.) (2010). Dinámicas e intervención grupal. Síntesis
Parker, G. M. y Kropp, R. P. (1994). 50 actividades para desarrollar equipos de trabajo autónomos. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Robbins, S. P. (2009). Comportamiento Organizacional. Pearson – Prentice Hall.
Sanchez, J. (2010). Fundamento de trabajo en equipo para equipos de trabajo.McGraw- Hill
Steward, G.L. y Sims, H.P. (2003). Trabajo en equipo y dinámica de grupos. Mexico: Limusa-Wiley
West, : (2003). El trabajo eficaz en equipo: 1+1=3. Barcelona: Paidós Plural
West, M. (2004). Los secretos de la gestión de los equipos de trabajo. Blume Empresa
CompetenciasCompetencias e resultados do aprendizaxe que o/a estudante adquire:
o Aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión dos recursos humanos e o desenvolvemento organizativo
Competencias da titulación as que contribúe a materia
o Traballar individualmente e en equipo
o Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
o Aplicar o razoamento crítico no estudio e análise dun determinado asunto ou tema
o Expoñer e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral o relacionado coa súa especialidade.
o Aprender autonomamente
o Traballar y relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos
Competencias específicas da materia
Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
o Identificar e comprender o proceso de formación, desenvolvemento e funcionamento da conduta dos individuos no contexto dos grupos e equipos de traballo e as súas implicacións na consecución dos obxectivos da organización.
o Coñecer os procesos de funcionamento inter e intragrupal.
o Analizar y manexar a dinámica grupal que se produce nos grupos e equipos organizacionais.
o Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
o Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos ós contidos da materia, así como das técnicas e métodos de aplicación. Para iso, o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análises de casos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que, ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a afondamento nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre cara; dun lado, as actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de traballo de curso, permitiranlle ó alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ó longo do curso, respecto ó seu grado de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel dos coñecementos adquiridos polo individuo respecto ós contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónA asistencia ás clases interactivas e expositivas é obrigatoria
Exame: O exame final valerá o 70% da cualificación final do alumno. Nel se avaliarán os coñecementos teóricos e prácticos impartidos na materia.
Avaliación continua: Valerá o 30% da cualificación final. A avaliación desta parte farase en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades realizadas ó longo da materia (prácticas, traballos, lecturas).
INDEPENDENTEMENTE DO ANTERIOR, SEMPRE SERÁ NECESARIO OBTER UNHA PUNTUACIÓN MÍNIMA DE 4.5 PUNTOS (SOBRE DEZ) NO EXAME PARA PODER APROBAR A MATERIA.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o alumno precisará de unhas cen horas de traballo de estudio e persoal, repartido entre estudio persoal, realización de traballos individuais ou en grupos, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Recomendacións para o estudo da materiaLos alumnos deberán levar a materia ó día, tanto no que se refire as clases expositivas como prácticas.
Para poder obter o máximo aproveitamento en esta materia recomendase que o alumno teña superada as materias de Psicoloxía do Traballo e de Comportamento Organizacional, xa que iso permitiralles ter uns coñecementos previos que axudaranlle a comprender y poñer en contexto os temas impartidos nesta materia.