G3021423 - Prevención de Riscos Laborais II (Saúde Laboral e Prevención de Riscos Laborais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo
- Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer, analizar e afondar na lexislación sobre prevención de riscos laborais e a súa diversa aplicación.
Coñecer as obrigas empresariais en prevención de riscos laborais, así como os dereitos e obrigas dos traballadores.
Coñecer e aplicar as distintas modalidades relacionadas coa xestión da prevención, así como os mecanismos de participación dos traballadores.
Coñecer e aplicar as técnicas básicas de prevención e protección fronte aos riscos profesionais
Coñecer e aplicar as ferramentas e técnicas necesarias para a mellora das condicións de traballo.
Proporcionar as habilidades, destrezas e coñecementos necesarios para incorporar a prevención de riscos á súa futura actividade profesional.
ContidosEstrutúranse en torno aos seguintes temas:
BLOQUE 1. -Introdución. Repaso dos contidos básicos da materia Prevención de Riscos Laborais I.
BLOQUE 2. - Dereitos e deberes. Os deberes instrumentais de protección dos traballadores. Integración da prevención. O Plan de prevención. A avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva.
BLOQUE 3. - Organización da prevención (II). Asunción persoal polo empresario da actividade preventiva. Designación de traballadores. Servizo de prevención propio. Servizos de prevención alleos. A auditoria do sistema.
BLOQUE 4. - Introdución á Hixiene Industrial. A prevención das enfermidades profesionais. Ramas ou técnicas da Hixiene Industrial. Clasificación dos contaminantes. Vías de entrada e efectos. Contaminantes químicos. Contaminantes físicos. O ruído. Desenvolvemento regulamentario e regulación legal.
BLOQUE 5. - Introdución á Seguridade no Traballo. A prevención dos accidentes de traballo. Causas dos accidentes. A teoría da causalidade. Economía da seguridade.
BLOQUE 6. - Técnicas de seguridade. Clasificación. Inspección de seguridade. Notificación, rexistro e clasificación de accidentes. Investigación de accidentes. Estatísticas de seguridade. Sistemas de seguridade. Defensas e resgardos. Equipos de protección individual. Sinalización de seguridade. Risco de incendio. Equipos de traballo. Desenvolvemento regulamentario e regulación legal.
BLOQUE 7. - Introdución á ergonomía. Técnicas ergonómicas. Manipulación manual de cargas. Regulación legal. O traballo con pantallas de visualización de datos. Regulación legal. Psicosocioloxía.
BLOQUE 8. - Réximes especiais polo sector de actividade. A construción e outros sectores de actividade. Normativa específica.
BLOQUE 9. - O sistema de responsabilidades. A responsabilidade administrativa. A responsabilidade penal. A responsabilidade civil. Outras responsabilidades e supostos especiais de responsabilidade.
Bibliografía básica e complementariaPara o estudo da materia é precisa a utilización de calquera compilación de normas sobre prevención de riscos laborais.
Recoméndanse, para a súa consulta e manexo, os seguintes manuais ou textos de consulta:
AA.VV. Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, última edición.
AA.VV. Higiene industrial, INSHT, última edición.
AA.VV. Normas Laborales y de Seguridad Social, Netbiblo, última edición
AA.VV. Manual de Prevención de Riesgos Laborales, (director García Ninet, J.I.) Atelier, Barcelona, (última edición).
Bernal Herrer, J.: Formación general de Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (Madrid, 1996).
Bestraten B. M.: Seguridad en el Trabajo, MTSS, Barcelona, última edición.
Calatayud Sarthou, Cortés Vizcaíno: Curso de Salud Laboral, Tirant lo Blanch.(última edición).
Código sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Colex, (última edición).
Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, Barcelona, 1988.
Cortés Díaz, J.: Técnicas de Prevención de Riesgos Laborales, Tébar Flores, (Madrid, 2006).
Díaz Moliner, R.: Guía práctica para la prevención de riesgos laborales. Valladolid. Lex Nova.
Fernández Marcos, L.: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales y su Régimen Jurídico Sancionador, Dykinson, 2006.
García Murcia, J.: Responsabilidades y sanciones en materia de seguridad y salud en el trabajo, Aranzadi (Pamplona 2003).
Gómez Etxebarria, B.: Manual para la formación en prevención de riesgos laborales. Editorial Ciss.Madrid.
González Biedma, E.: Prevención de Riesgos Laborales, Técnos, 2004
Iglesias Cabero, M. (Coordinador): Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Civitas, 1997.
Introducción a las condiciones y medio ambiente de trabajo. OIT. Ginebra.
Legislación sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (última edición).
Mateo Floria, P.: Gestión de la Higiene Industrial en la Empresa, F. Confemetal, (Madrid, 2004).
Mateos Beato, A.: Diccionario temático de seguridad y salud laboral: conceptos de la ley de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, (Valladolid.2006).
McCormick, E. J.: Ergonomía, G. Gili, 1980.
Muñoz Ruiz, A. B.: El sistema normativo de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2009.
OIT, Enciclopedia de Seguridad y Salud en el Trabajo, Organización Internacional del Trabajo, última edición.
Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias, Técnos, última edición.
Rodríguez Sanz de Galdeano, B.: Responsabilidades de los fabricantes en materia de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2005.
Sala Franco y Arnau Navarro,: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Tirant lo Blanch, 1996.
Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
Seguridad en el Trabajo, Lex Nova, 2005.
Sempere Navarro, A.V., García Blasco, J. González Labrada, M. y Cardenal Carro, M.: Derecho de la Seguridad y salud en el trabajo, Cívitas,( Madrid, 2001).
Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias, Técnos, última edición.
Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
Recursos on-line:
Páxinas e bases de datos de organismos nacionais e internacionais e entidades privadas relacionadas coa materia.
CompetenciasXenerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Capacidade para traballar en equipo.
-Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica.
Específicas:
- Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
Coñecemento, comprensión e análise do sistema de fontes en prevención de riscos laborais. Coñecemento e comprensión da Lei de Prevención de Riscos Laborais e o seu desenvolvemento regulamentario.
Coñecemento, comprensión e valoración das obrigas empresariais na materia. Coñecer e comprender os dereitos e obrigas dos traballadores.
Coñecemento, comprensión e aplicación das distintas modalidades de organización da prevención, os seus requisitos e as súas correspondentes esixencias legais.
Coñecer os mecanismos de participación dos traballadores.
Coñecer o sistema de responsabilidades.
Coñecer as técnicas de seguridade no traballo.
Coñecer as técnicas de hixiene industrial.
Coñecer a ergonomía e as súas aplicacións no ámbito laboral.
Coñecer e aplicar correctamente as actividades preventivas esixidas pola lexislación de prevención.
Coñecer as diversas especialidades que integran os servizos de prevención, así como a formación requirida para acceder ás devanditas especialidades.
Coñecer e planificar as actividades básicas dos servizos de prevención.
Coñecer e aplicar os plans de prevención de riscos laborais, así como os seus elementos.
Identificar e coñecer os distintos sistemas de avaliación de riscos laborais. Coñecer os obxectivos da planificación preventiva.
Planificar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores.
Coñecer, aplicar e interpretar as diversas responsabilidades que se deriven o incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
Coñecer, valorar e interpretar as obrigas en prevención en diversos sectores de actividade e fronte a riscos concretos.
Coñecer e aplicar as distintas técnicas de seguridade e os principios xerais de prevención e protección, priorizando as actuacións.
Coñecer e aplicar as técnicas de hixiene industrial e as obrigas empresariais en relación cos diversos riscos hixiénicos existentes no medio de traballo.
Coñecer e aplicar os coñecementos ergonómicos ao medio laboral
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía do ensino da materia céntrase, por un lado, nunha parte teórica destinada a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindible para o coñecemento da problemática da prevención de riscos, para a súa correcta aplicación no ámbito empresarial, e, doutro, nun contido práctico, a través da realización de supostos e actividades prácticas. Nas clases interactivas realizaranse diversas actividades e traballos individuais e en grupo, co obxectivo de asentar e aplicar os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas. Ademais dos traballos individuais e en grupo, cada alumno, de forma individual debe elaborar un traballo con carácter obrigatorio relacionado coa materia; o seu contido, extensión e demais formalidades estableceranse nas primeiras xornadas do curso.
A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que se ofrecerán materiais diversos referidos aos contidos e aos supostos prácticos, así como enlaces a fontes básicas de información e coñecemento.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación axustarase ao novo modelo de docencia (clases expositivas e clases interactivas). Teranse en conta, por un lado, os coñecementos; por outro lado, as capacidades e habilidades adquiridas polo alumno, derivadas da súa participación nas clases (expositivas e interactivas), da súa dedicación persoal á materia, e da realización dos traballos e actividades prácticas que se realicen ao longo do curso. Será fundamental a asistencia e participación activa do alumnado. Realizarase un único exame final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro, publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. A proba final será, en principio, tipo test, con posibilidade de respostas múltiples e valor negativo para as respostas falladas (sendo posible incorporar algunha pregunta de desenvolvemento e/ou suposto práctico). Na cualificación final da materia, o resultado do exame supoñerá un 70%, e a participación (non abonda a simple asistencia), realización e entrega de traballos e supostos un 30% da nota final. Para superar a materia esíxese obter unha cualificación mínima de 5 tanto no exame, coma na participación, así como o ter presentado, e exposto en tempo e forma, o traballo obrigatorio xa comentado no apartado anterior. A cualificación da parte interactiva só se terá en conta unha vez superada a proba final teórica.
Tempo de estudo e traballo persoalConsidérase necesario dedicar, ademais das horas presenciais, un total de 102 horas de traballo persoal para a preparación da materia e para a elaboración dos traballos e lecturas recomendadas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase, á parte da asistencia a clase, que se xulga imprescindible, a consulta e utilización dalgún compendio lexislativo ou textos legais relacionados coa materia, a utilizar tanto nas clases, coma na preparación da materia. Utilizarase o Campus Virtual.
ObservaciónsOs alumnos terán á súa disposición, na fotocopiadora do centro, a normativa máis utilizada, así como algunhas lecturas e temas do programa.Utilizarase o Campus Virtual.