Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021424 - Planificación e Valoración de Plantillas (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GARCIA, LAURA MARIA.NON
RODRIGUEZ MAGDALENA, RAQUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (G-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (A-F)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Posto que organizacións e empresas están formadas por persoas que realizan actividades, os recursos humanos son factor determinante da súa eficacia, eficiencia e competitividade. En consecuencia, un Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos debe necesariamente poñer atención ao estudo deste factor.
    Nesta materia, dende a área de Coñecemento de Organización de Empresas, adoptamos unha óptica de Xestión, centrándonos nos procesos de xestión que se desenvolven nas empresas coa intención de incrementar a súa eficiencia.
    Co desenvolvemento do programa que se presenta preténdese, con carácter xeral:
    1. Recoñecer como a xestión dos recursos humanos, como disciplina, integra achegas procedentes doutras disciplinas e desenvolve un corpo de coñecemento propio cunha utilidade práctica de cara á dirección e xestión de calquera tipo de organización.
    2. Que coa formación recibida, o alumnado sexa capaz de adaptarse ás diferentes postos que ocupe na organización.
    3. Que o alumnado comprenda a importancia dos recursos humanos como un recurso complexo, dinámico e difícil de xestionar no contexto da organización e o ámbito no que opera, e como pode chegar a ser un recurso estratéxico para as organizacións.
    4. Transmitir estímulos abondo para que desenvolvan dunha forma permanente os mecanismos de actualización de coñecementos empresariais e de xestión que precisarán para realizar o seu traballo de forma eficiente.
    Como obxectivos específicos, destacamos os seguintes:
    1. Aproximación ao coñecemento das funcións, competencias, actuacións etc, dun departamento de Dirección e Xestión de Recursos Humanos.
    2. Desenvolver e aplicar técnicas de análise e xestión de Recursos Humanos.
    3. Situar o alumnado na realidade cotiá dos Recursos Humanos para facilitar a súa inserción laboral.
    Contidos
    TEMA 1. - INTRODUCIÓN Á DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS
    1.1.- Evolución da función de recursos humanos
    1.1.1.- Enfoque tradicional
    1.1.2.- Enfoque estratéxico
    1.2.- A xestión de recursos humanos
    1.2.1.- Obxectivos da xestión de recursos humanos.
    1.2.2.- O departamento e o director de recursos humanos
    1.3.- Tendencias e retos para a dirección de recursos humanos.

    TEMA 2. - A PLANIFICACIÓN DE RECURSOS HUMANOS
    2.1.- A planificación de recursos humanos.Concepto e importancia.
    2.2.- O proceso de planificación de recursos humanos.
    Etapas do proceso de planificación.
    2.3.- Plans de recursos humanos.
    2.4.- O proceso de planificación de plantillas .
    2.5.- Tendencias na planificación de recursos humanos
    2.6.- Os sistemas de información de recursos humanos.

    TEMA 3. - ANÁLISE E DESEÑO DE POSTOS DE TRABALLO
    3.1.- Concepto e importancia da análise de postos de traballo
    3.2.- Análise e descrición de postos de traballo
    3.3.- O proceso de análise e descrición de postos de traballo
    3.3.1.- Fases do proceso
    3.3.2.- Métodos para a obtención de información
    3.4.- Modalidades no deseño de postos de traballo
    3.5.- Flexibilidade e deseño de postos
    3.5.1.- A flexibilidade organizativa: concepto e tipos
    3.5.2.- Flexibilidade e deseño de postos: o ordenamento do tempo de traballo

    TEMA 4. - A REMUNERACIÓN E A SÚA CONSISTENCIA INTERNA
    4.1.- Importancia e significado das retribucións
    4.2.- Distintas percepcións das remuneracións
    4.3.- O modelo de retribución.
    4.4.- Condicionantes do modelo retributivo.
    4.5.- A consistencia interna e o modelo retributivo.
    4.6.- A valoración de postos
    4.6.1.- Métodos de valoración de postos.

    TEMA 5. - A REMUNERACIÓN E A SÚA COMPETITIVIDADE EXTERNA
    5.1.- A competitividade externa e o modelo retributivo
    5.1.1.- Factores determinantes da competitividade externa
    5.2.- O nivel salarial
    5.3.- A estrutura retributiva
    5.3.1.- Criterios de elección.
    5.3.2.- Métodos de determinación dos intervalos retributivos.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA
    Básica:
    • Aguirre de Mena, J.M.; Andrés Reina, M.P.; Rodríguez Rodríguez, J.; Tous Zamora, D., 2000. Dirección y gestión de personal, Pirámide, Madrid.
    • De la Calle Duran, M.C. y Ortiz de Urbina Criado, M., 2004. Fundamentos de Recursos Humanos. Pearson Prentice-Hall. Madrid.
    • Dolan, S.; Valle, R.; Jackson, S. y Schuler, R., 2003, La Gestión de los Recursos Humanos. Preparando profesionales para el siglo XXI. (2ª ed.), McGraw-Hill. Madrid.
    • Albizu Gallastegi, E. y Landeta Rodríguez, J., 2001. Dirección Estratégica de Recursos Humanos, Teoría y Práctica. PIRAMIDE. Madrid
    • Gomez Mejia, L.R.; Balkin, D.B. y Cardy, R.L.. (2007), Gestión de Recursos Humanos, 3ª edición. Prentice-Hall.
    • Puchol, L., 1997. Dirección y gestión de recursos humanos. Díaz de Santos. Madrid. (3ª Ed.).


    Complementaria:
    • Claver Cortés, E.; Gascó Gascó, J.L.; Llopis Taverner, J., 1995. Los recursos humanos en la empresa: un enfoque directivo. Cívitas. Madrid.
    • Claver Cortés, E.; Gascó Gascó, J.L.; Llopis Taverner, J., 2000. Conceptos Aplicados de Dirección de Recursos Humanos. Guía Práctica de Desarrollo Profesional. Civitas. Madrid.
    • Delgado Gonzalez, S. y Ena Ventura, B., 2002. Recursos Humanos. Thomson Paraninfo. Madrid.
    • Gratton, L., 2001. Estrategias de capital humano. Cómo situar a las personas en el corazón de la empresa. Prentice may. Madrid.
    • Ulrich, D.; Losey M.R.; Lake, G., 1998. El futuro de la dirección de recursos humanos. Gestión 2000 S.A. (Aedipe). Barcelona.
    • Valle Cabrera, R., 1995. La gestión estratégica de los recursos humanos. Addison-Wesley Iberoamericana. USA.
    Además de la bibliografía aquí reseñada, en cada tema se irá recomendando otra bibliografía complementaria.
    Competencias
    Así mesmo, a materia ten como obxectivo desenvolver as seguintes competencias: 1. Razoamento: integración da información; toma de decisións; orientación a resultados; automotivación; negociación; iniciativa; traballo en equipo; flexibilidade; conciencia de valores éticos.
    2. Traballo en equipo: Integración da información; responsabilidade; habilidades comunicativas; comprensión; planificación; negociación; autoconfianza; flexibilidade.
    3. Discusión da información de actualidade: Análise crítica; integración de información; automotivación; comprensión; comprensión interpersoal; iniciativa.
    4. Investigación documental: Iniciativa; capacidade de busca; automotivación; autoconfianza; planificación; integración da información; orientación a resultados; capacidade de síntese.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases terán un contido teórico, pero gran parte delas desenvolveranse sobre a base da discusión e debate de casos, lecturas e temas de actualidade. En todo momento se busca a participación e implicación do alumnado tratando de facer o ensino o máis dinámico posible.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación da materia será axeitado ó tipo de docencia empregado na misma: as clases maxistrais en grupos expositivos e as clases interactivas nas que se farán exposicións, resolución de exercicios e análisis de casos.
    Valoraranse, por unha banda, os coñecementos, e por outra, a capacidade do alumno para desenrolar o conxunto de competencias enumeradas con anterioridade; precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa do alumnado o que permitirá avaliar de xeito continuo as actitudes e capacidades demostradas nas clases interactivas.
    Farase un único examen final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro.
    Na calificación final da materia, o resultado do examen suporá un 80%, e a participación (non é suficiente a simple asistencia), avaliación na aula, así como os traballos realizados, un 20%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A complexidade da materia é mínima, polo que non esixe un traballo ímprobo. De forma aproximada, establécense os seguintes tempos:
    - Estudo. Entre dous e tres horas por clase teórica.
    - Traballo persoal:
    1. Un mínimo de media hora antes de cada clase (para revisar os contidos a desenvolver nestas).
    2. Entre dous e tres horas para o desenvolvemento de casos prácticos.
    3. Entre dous e tres horas para a resolución de exercicios.
    4. Un mínimo dunha hora e máximo de catro para a elaboración de traballos/casos en grupo.
    5. Así mesmo, o alumnado debería dedicar polo menos unha hora semanal a revisar os contidos e informacións da aula virtual.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia a clases facilita en boa medida a comprensión da materia. Así mesmo, os casos e exercicios deben ser realizados conforme avance o desenvolvemento desta, para poder cumprir co seu obxectivo de levar á práctica os contidos teóricos conforme se van introducindo.