G3021442 - Réxime Xurídico do Emprego Público (Elementos Xurídicos para as Relacións Laborais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.50
- Clase Interactiva Seminario: 13.50
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPrioritariamente, perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e o vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de:
- Determina-lo dereito aplicable ós diferentes empregados públicos.
- Identificar os diferentes tipos de empregados públicos e describir as peculiaridades dos seus réximes xurídicos.
- Sinalar as condicións de acceso á función pública e as causas da perda da condición de funcionario.
- Describir os procesos de acceso ó emprego público.
- Describir a carreira profesional dos empregados públicos
- Sinalar os principais dereitos e deberes dos funcionarios e describir o seu contido esencial.
- Sinalar as principais situacións laborais dos funcionarios e describir o seu contido esencial.
Contidos- O sistema español de emprego público: bases constitucionais e clases de persoal.
- A planificación e ordeación do persoal do sector público.
- O acceso ao emprego público e a perda da condición de empregado público.
- A carreira e as situacións administrativas.
- Dereitos, deberes e réxime de responsabilidade e incompatibilidades dos empregados públicos.
Bibliografía básica e complementariaSÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho de la función pública. Ed. Tecnos. Última edición.
CompetenciasCompetencias específicas. Neste ámbito perséguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc..) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- poida resolver problemas cuxa solución non deriva da aplicación de procesos estandarizados.
- estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a grande velocidade.
Competencias transversais. Neste ámbito perséguese que o alumno:
- sexa capar de razoar, cientificamente, de forma sistemática e rigorosa.
- desenvolva unha actitude crítica que lle permita emitir xuízos, argumentalos e defendelos con rigor e tolerancia.
- se exprese de forma oral e escrita con claridade, coherencia, precisión e de xeito convincente.
Metodoloxía da ensinanza No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
-a memoria de prácticas, que terá un valor que non superará o 20% da puntuación total.
-a realización dun exame, cuxo valor complementará a puntuación obtida cos demáis instrumentos ata o 100% da puntuación total.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 45 (sumando as clases teóricas e as clases interactivas)
Horas de traballo do alumno: 67,5
Recomendacións para o estudo da materiaTer cursados Dereito Administrativo I e II e Dereito do Traballo.