G3021443 - Contabilidade: Interpretación e Análise da Información Contable (Economía e Mercado de Traballo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.50
- Clase Interactiva Laboratorio: 3.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.50
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDespois deste curso, o alumno debería ser capaz de:
·Coñecer as características básicas e obxectivos dos estados financeiros individuais que elaboran as empresas.
. Interpretar os principais estados financeiros para obter datos de interese para a toma de decisións.
ContidosA comunicación da información contable
O Balance de Situación
A Conta de Perdas e Ganancias
O estado de fluxos de tesouraría
A análise dos estados financeiros
Análise da situación financeira a curto e longo prazo
Análise do resultado e a rendibilidade
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2009):” Análisis de estados financieros”, Ediciones Académicas.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ARCHEL DOMENCH, P., LIZARRAGA DALLO, F., SÁNCHEZ ALEGRÍA, S. (2008): Estados Contables. Elaboración, análisis e interpretación. Pirámide. Madrid.
LEXISLACIÓN:
Real Decreto 1514/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade (BOE de 20 de novembro).
Real Decreto 1515/2007, de 16 de noviembre, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de PEMES e os criterios contables específicos para microempresas (BOE de 21 de novembro).
CompetenciasXENERAIS
. Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas.
. Saber comunicar información relevante tanto a un público especializado como non especializado.
. Posuír coñecementos xerais de contabilidade e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando.
. Abordar a súa actividade profesional dende unha perspectiva ética.
ESPECIFICAS:
* Capacidade de busca e identificación de información relativa ás empresas
* Capacidade de interpretación da información contable
* Coñecer técnicas e ferramentas de análise da información contable
Metodoloxía da ensinanza As sesións en aula dedicada a clases expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa. O alumno terá con tempo previo, o material audiovisual que se use na exposición.
Proporcionarase a información necesaria para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.
Unha parte importante da actividade presencial dedicarase á resolución na aula de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver na casa e ó debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
Previamente os alumnos terán os enunciados dos problemas a resolver e a información necesaria para a preparacion das cuestións a discutir.
O material para a preparación da asignatura ou as referencias ao mesmo estarán dispoñibles para os estudantes na páxina web do curso, que tamén será usada como un medio adicional de comunicación cos alumnos.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá:
-Na realización de 2-3 probas na aula, individuais ou en grupo, cuxo contido e data de realización comunicarase con antelación aos alumnos. Cada unha destas probas terá un peso comprendido entre un mínimo de 0,5 e máximo de 0.75 puntos na nota final.
-Na participación activa en clase, que na nota final do alumno será valorada como máximo en 1,5 puntos. (A asistencia a clase non será valorada por si mesma)
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,8 para que a calificación obtida se engada á correspondente á avaliación continua. Para aprobar a materia a suma deber ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo..............................................22,5
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos...........................40
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similiares .............. 5
Total horas traballo persoal do alumno................................................67,5
Recomendacións para o estudo da materiaConsidérase necesario:
-A revisión dos coñecementos adquiridos na materia Contabilidade Financeira
-A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
-A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.