Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021444 - Avaliación de Riscos Psicosociais e Saúde Ocupacional (Psicoloxía e Técnicas de Investigación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 22.50
  • Clase Interactiva Laboratorio: 3.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.50
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Ao finalizar a materia o alumno deberá:

    - Entender os procesos psicolóxicos e de interacción entre o empregado e o seu ambiente de traballo que inflúen na súa saúde ocupacional.

    - Coñecer os instrumentos de avaliación e prevención dos riscos psicosociais aos que se enfronta o traballador no ambiente laboral.

    Contidos
    A SAÚDE OCUPACIONAL DENDE A PERSPECTIVA PSICOSOCIAL
    • Factores psicosociais dos riscos psicosociais
    • Cara a unha concepción de organización saudable
    • Recursos laborais e demandas retadoras

    BENESTAR LABORAL E PSICOLOXÍA ORGANIZACIONAL POSITIVA
    • Concepto e desenrolo da psicoloxía organizacional positiva
    • Aproximacións teóricas ó benestar dende a psicoloxía organizacional positiva
    • Instrumentos de medida do benestar laboral

    ESTRÉSLABORAL
    • Estrés: concepto e medida
    • Factores de risco
    • Repercusións psicolóxicas, físicas e organizacionais do estrés
    • O tecno-estrés
    • O burnout

    VIOLENCIA LABORAL
    • Concepto e tipos de violencia no traballo
    • Factores de risco da violencia no traballo
    • Consecuencias da violencia no traballo
    • Mobbing ou acoso laboral

    AVALIACIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS
    • ¿Que é a avaliación de riscos psicosociais?
    • Fundamentos científicos dos métodos de ARP
    • Pasos nun proceso de ARP
    • Métodos de avaliación de riscos psicosociais

    PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS
    • Concepto
    • Niveis de intervención
    o Prevención primaria
    o Prevención secundaria
    o Prevención terciaria

    Bibliografía básica e complementaria
    - Del Lïbano, M. y Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Guías de intervención. Madrid: Síntesis
    - Gil. Monte, P. y Moreno, B. (2007). El síndrome de quemarse por el trabajo (burnout) : grupos profesionales de riesgo. Madrid: Pirámide

    - González de Rivera, J.L. (2005). El maltrato psicológico. Madrid: Espasa-Calpe

    - González-Camino, G. y Osca, A. (2004). Estrés y salud laboral. En A.Osca, (Ed.). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres.

    - Institut of Work, Health and Organizations, I-WHO (2004). La organización del trabajo y el estrés. Organización Mundial de la Salud.

    - - LLorens, S, Salanova. M. y Ventura, M. (2011). Tecnoestrés. Guías de intervención. Madrid: Síntesis

    - Martínez Selva, J.M. (2004). Estrés laboral: Guía para empresarios y empleados. Madrid: Pearson Educación.

    - Morán Astorga, C. (2005). Estrés, burnout y mobbing: recursos y estrategias de afrontamiento. Salamanca: Amarú D.L.
    - Moscoso, S. y Alonso, P. (2013). El bienestar laboral.Publicado en Cantera, L., Pallarés, S. y Selva, C. Del Malestar al Bienestar Laboral .VIPAT, Universidad Autónoma de Barcelona.
    - Rodriguez, A.Mª. y Cifre E. (2012). Flow y bienestar subjetivo en el trabajo. Guías de optimización. Madrid: Síntesis.

    - Salanova, M. (2009). Psicología de la Salud Ocupacional. Madrid: Síntesis

    - Salanova,M., Martínez, I y Lloréns (2005). Psicología Organizacional Positiva. En Palací, F. Psicología de la Organización. Pearson Prentice Hall. Madrid.
    - - Seligman, M. (2011). La vida que florece. Barcelona: Edciones B.

    - Tous, J., Carrión, M.A. y López Barón, F. (2008). Promoción de la Salud Ocupacional. Colección Psicosociología de la Salud Ocupacional, 2. AEPA: Mollet del Vallés, Barcelona.

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia

    - Traballar individualmente e en equipo
    - Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
    - Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema
    - Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade
    - Aprender autónomamente
    - Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos

    Competencias específicas da materia
    - Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
    - Coñecer a influencia das esixencias cognitivas, emocionais, sensoriais e sociais da contorna laboral sobre o traballador.
    - Adquirir coñecementos psicolóxicos sobre como poder adaptar esa contorna ao traballador co fin de evitar distintos problemas de saúde.
    - Coñecer, e saber aplicar a un nivel básico, algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico ante a aparición de problemas psicosociais no traballo (tensión, violencia...).
    - Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
    - Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto da adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para pór en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso os alumnos poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia así como terán que realizar varias lecturas obrigatorias. (3) Aplicación de diferentes probas de avaliación de riscos psicosociais
    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por unha banda, as actividades de avaliación continua, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto do seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
    Ademais, o alumno terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial da materia de Psicoloxía do Traballo, na que atopará multitude de ferramentas que lle facilitasen diversos tipos alternativos de actividades relacionadas coa docencia, o traballo en grupo ou as titorías personalizadas (grupos de traballo virtual, titorías on-line, foros de debate, etc.).



    Sistema de evaluación
    Os alumnos deberán asistir polo menos a un 80% das clases expositivas e interactivas para poder superar esta materia.

    Exame: O exame final valerá o 70% da cualificación final do alumno. Nel se avaliarán os coñecementos teóricos e prácticos impartidos na materia.

    Avaliación continua: Valerá o 30% da cualificación final. A avaliación desta parte farase en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades realizadas ó longo da materia (prácticas, traballos, lecturas).

    Independentemente do anterior, sempre será necesario obter unha puntuación mínima de 4.5 puntos (sobre dez) no exame para poder aprobar a materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que o alumno necesitará unhas 80 horas de traballo de estudo e persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas.

    Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno teña superadas as materias de Psicoloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto permitiralles ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos nesta materia.