Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021445 - Economía do Terceiro Sector (Economía e Mercado de Traballo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 22.50
  • Clase Interactiva Seminario: 13.50
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
JORDAN RODRIGUEZ, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O programa desta materia organízase coa intención de que os alumnos dispoñan duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais do comportamento económico do 3º Sector no que ten de diferenciado respecto doutras fórmulas máis usuais. Tamén se intenta que avancen na comprensión das condicións de desenvolvemento das potencialidades destas fórmulas cara a promoción do desenvolvemento económico e social.
    En particular téntase que o estudante profundice no coñecemento das sociedades cooperativas e outras fórmulas da economía social, en tanto que opcións máis significativas do 3º sector

    Contidos
    O 3º sector: delimitación e tipoloxía.
    As visións do 3º Sector no pensamento economico-social: revisión e síntese da historia das doctrinas.
    A análise económica das empresas de economía social
    O papel da Economía social nos procesos de desenvolvemento
    A Economía social na economía e sociedade de Galicia: realidade e perspectivas

    Bibliografía básica e complementaria
    Para cada tema os alumnos dispoñerán, como lectura básica, dun ou dous textos breves seleccionados polo Departamento.
    Como complemento poderán consultar algunha obra de referencia. Entre outras:

    - Elster, j. y Moene, k.o. (eds.) Alternativas al Capitalismo. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid, 1993.
    - Morales, A; Monzón , J.L.; Chaves, R (eds). Análisis económico de la empresa autogestionada.Ciriec,2003.
    - Rafael Chaves, José Luis Monzón, Yohanan Stryjan, Roger Spear y Simeon Karafolas (eds), El futuro de las cooperativas en una Europa en crecimiento, ACI, 2004.
    - Babio Arcay, M.R. y Jordán Rodríguez, M.
    Cooperativas de Galicia: Informe de Síntese-2007, Santiago de Compostela 2010.
    .
    - Jordán Rodríguez, M. La Naturaleza de la empresa y los procesos de innovación: Hipótesis sobre las organizaciones democráticas, ACI, 2004

    - Jordán Rodríguez, M. ( coord.) y otros, Libro Blanco do Cooperativismo Galego ,Xunta de Galicia, Santiago, 2004

    - Lexislación de economía social actualizada


    Competencias
    Coñecer os distintos enfoques sobre da inserción no contexto do mercado das actividades do terceiro sector e os problemas e desafíos que plantexa esa inserción.
    En consecuencia aprender a utilizar os instrumentos básicos de avaliación das posibilidades de actuación dos proxectos do terceiro sector. Identificando a variedade de aspectos relevantes para a diagnose.
    Coñecer a realidade da Economía Social en Galicia, aprendendo a discernir as súas fortalezas e debilidades, ameazas e oportunidades.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta de 4,5 créditos, distribuídos aproximadamente entre as titorías e 39 horas de clases presenciais, das que 22,5 horas son expositivas e as restantes interactivas .
    O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesor. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. Os alumnos poderán dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que os alumnos deben ter realizado previa e persoalmente.
    Con independencia da lectura dos textos básicos suministrados, o tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....
    Ademais, coincidindo co período non lectivo de Xunio, os alumnos deberán realizar un traballo de síntese, relacionado cos contidos tratados , consistentes na busca e organización de datos referentes a diversos aspectos da realidade económica mundial, análise e comentario dos mesmos e elaboración e defensa de conclusións. Os resultados destes traballos serán debatidos en sesións colectivas e monográficas.

    Para a realización deste conxunto de actividades os alumnos poden utilizar as Titorías persoais e de aula.

    Sistema de evaluación
    Nesta materia con avaliación continua é posible aprobar sen facer o exame final. Por tanto, no caso dos alumnos que superen a avaliación continua, a calificación da mesma representa até o 100% da calificación final. Os estudantes que non superen a avaliación continua deberán presentarse ao exame final da materia.Neste caso a calificación obtida na avaliación continua pode acadar até o 30% da calificación final sempre que se supere a calificación de 4 pontos sobre 10 no exame.
    Na avaliación continua valorarase o esforzo continuado do alumno ao longo do curso, basicamente, e a título indicativo:
    - A participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas do profesor, etc.
    - Grado de cumplimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
    - Se procedera, e se fora necesario en función dos probes resultados das actividades anteriores, pode utilizarse como elemento de valoración algunha proba, de curta duración, sobre un ou varios temas do programa

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Para a realización destas actividades estímase que o alumno debe adicar en torno a 3,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada un
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ademais da asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso. cada alumno deberá adicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
    Observacións
    relación de asignaturas afíns:
    G3021105: Empresa e organizacións.G3021101 Socioloxia do traballo.G3021121: Dereito societario.G3021222 comportamiento organizacional.G3021342: contabilidad financiera.G3021422;Economia laboral