G3021446 - Política de Persoal na Empresa Internacionalizada (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.50
- Clase Interactiva Seminario: 13.50
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA internacionalización da empresa é unha realidade incontestable que pode e debe xogar un papel protagonista na economía en xeral, e a española en particular. Así, algunhas vantaxes do devandito fenómeno, tanto para a empresa coma para a economía son:
- a taxa de emprego aumenta en catro puntos por cada dez de incremento do grao de apertura ao exterior da economía;
- As empresas con implantación no exterior son máis produtivas e competitivas que as centradas unicamente no mercado interior;
- A produtividade por empregado das empresas que exportan ou invisten fóra é, como media, un 77% superior á das que non o fan;
- Os equipos das empresas exportadoras son ata cinco veces maiores;
- O 30% do total de facturación das empresas que exportan destínase ao exterior.
- A temporalidade das empresas internacionalizadas é inferior
- Presentan maior cualificación da man de obra.
Así as cousas, se ben ata a data as empresas optaban por saír ao exterior en prol dun maior crecemento, na actualidade esta opción revélase como unha vía de sostemento ou subsistencia. Non obstante, co fin de acometer o devandito obxectivo, deben coidar distintos aspectos. O primeiro e fundamental, a cualificación dos seus recursos humanos. Hoxe en día resulta imprescindible para os que traballan nunha empresa ter unha visión cosmopolita e internacional da actividade económica, e considerar tanto os conceptos coma as estratexias dentro dun modelo de economía aberta.
Para iso, faise imprescindible reconsiderar que tipo de persoas queremos que traballen nas nosas empresas, e como desexamos que sexan. Neste programa pretendemos revisar aqueles procesos que, se ben non garanten o éxito dos nosos traballadores no estranxeiro, polo menos si contribúen a este.
Enmarcada dentro do esquema pedagóxico da área de coñecemento de Organización de Empresas, a materia persegue achegar ao alumno unha visión comparativa das Políticas e Técnicas de Xestión de Recursos Humanos no ámbito internacional, dedicando especial atención á xestión da expatriación do persoal da empresa internacionalizada.
ContidosEsta materia pretende proporcionar ao alumnado unhas ferramentas para a análise do ámbito competitivo internacional e a vantaxe competitiva da empresa nun contexto de competencia global. A materia consta de dúas partes:
1) unha parte introductiva á estratexia de empresa internacional,
2) o estudo da xestión dunha empresa multinacional na súa función de RRHH.
TEMA 1: O CONTEXTO DA GESTION INTERNACIONAL DOS RECURSOS HUMANOS
1. Diferenzas entre xestión de RRHH nacional e internacional.
2. Variables moderadoras da diferenza entre a Xestión dos Recursos Humanos nacional e internacionais.
3. Enfoques na xestión internacional dos RRHH
4. A figura dos expatriados.
TEMA 2. RECRUTAMENTO E SELECCIÓN
1. Introdución
2. O proceso de Selección
3. Factores para o desempeño
4. Criterio de selección
5. Parellas con dobre carreira profesional
TEMA 3. FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO
1. Introdución
2. A formación do expatriado
3. Os compoñentes dun sistema efectivo de formación
4. A efectividade da formación pre-saída
5. Desenvolvemento directivo a través das asignacións internacionais
TEMA 4.GESTIÓN DA COMPENSACIÓN
1. Introdución
2. Obxectivos da compensación internacional
3. Os compoñentes claves dun programa de compensación internacional
4. Os enfoques da compensación internacional
5. Conclusións: patróns de complexidade
TEMA 5. XESTIÓN DE CARREIRAS
1. Introdución
2. O proceso de repatriación
3. Reaccións á repatriación
4. Resposta da multinacional
5. Deseño de programas de repatriación
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA XERAL:
DOWLING, P.J. y WELCH, D.E. (2004). “International Human Resource Management: Managing people in a multinational context”. Thomson, 4th edition. ISBN: 1-84480-013-X
DOLAN, S; SCHULER, R.S y VALLE, R. (1999). “La gestión de los Recursos Humanos”. McGraw- Hill.
HARRIS, H., BREWSTER, C. & SPARROW, P. (2003). “International Human Resource Management”.
COMPLEMENTARIA:
BREWSTER, C., MAYRHOFER, W., & MORLEY, M. (2004). “Human Resource Management in Europe: Evidence of Convergence”. Elsevier, Oxford.
BREWSTER, C. & HARRIS, H. (1999). “International HRM: Contemporary issues in Europe”. Routledge, London and New York.
DOWLING, P.; WELCH, D.E. Y SCHULER, R.S (1998). “International Human Resource Management: Managing People in a Multinational Context”. South-Western Pub.
EVANS, P.; PUCIK, V. & BARSOUX, J.L (2002) “The Global Challenge: International Human Resource Management”. McGraw Hill Text.
MENDENHALL, M.E., ODDOU, G.R., & STAHL, G.K. (2007). “Readings and Cases in International Human Resource Management”. Routledge; 4th edition. New York, NY: 10016.
STAHL, G.K., & BJÖRKMAN, I. (2006). “Handbook of Research in International Human Resource Management”. Edward Elgar Publishing, Inc. USA
CompetenciasCOMPETENCIAS TRANSVERSAIS/XENÉRICAS:
Capacidade de aplicar a teoría á práctica
Traballar en equipo
Obter información de fontes diversas, analizala e aplicala a situacións concretas
Comunicación oral e escrita
Capacidade de planificación e organización
Habilidade para resolución de problemas mediante pensamento creativo e innovador
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
. Cognitivas (Saber):
Preténdese que o alumnado chegue a coñecer:
A achega da xestión internacional de RRHH á vantaxe competitiva da empresa.
Os problemas e conflitos específicos dun departamento internacional de RRHH.
As funcións específicas da xestión internacional de RRHH nas organizacións.
As técnicas necesarias para desenvolver cada un dos procesos de RRHH e a súa especificidade de carácter internacional.
Os retos e tendencias na xestión internacional de RRHH.
. Procedementais/Instrumentais:
Preténdese que o alumnado sexan capaces de:
Recoñecer as necesidades de selección en destinos internacionais.
Seleccionar ao persoal expatriado e ao local do país de implantación.
Valorar as necesidades de formación dun destino no estranxeiro.
Aplicar técnicas de compensación internacional. Aplicar os sistemas de Retribución internacionais máis efectivos ao Persoal expatriado.
Calcular os custos de repatriación.
. Actitudinales:
Preténdese o alumnado alumnos chegue a desenvolver:
Sensibilidade aos problemas transculturais das persoas nas organizacións.
Actitudes positivas para o entendemento e a negociación.
Motivación polo traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza As competencias de coñecemento e actitudes serán adquiridas polos alumnos a través de leccións maxistrais, pola resolución de casos, e pola realización de clases prácticas de resolución de exercicios.
Sistema de evaluaciónCon este obxectivo, a asistencia (mínimo ao 80% da sesións completas) e a participación (intervención do alumno nos debates e exposicións en clase) terá unha valoración de 1 punto da nota final. Ninguén poderá obter puntuación por este concepto se non cumpre os dous requisitos de asistencia e participación simultáneamente. Así mesmo, avaliaranse independentemente as clases interactivas, ata un máximo do 30% da nota final coa seguinte repartición:
- Ata un 10% pola resolución de casos prácticos e exercicios.
- Ata un 20% pola elaboración dun traballo final e global da materia.
Para aqueles alumnos e alumnas que, por calquera circunstancia, non poidan asistir, valoraráselle exclusivamente a nota do exame final.
Unha vez obtida a nota, para aqueles alumnos que alcanzaron puntuación en asistencia e participación, así como por traballos e casos prácticos, sumaráselle á súa nota de exame. Para os demais alumnos a nota final será a do seu exame (máxima nota de exame: 7).
Tempo de estudo e traballo persoalNesta materia seguirase un sistema de avaliación continua, no intento de motivar a asistencia do alumnado na medida das súas posibilidades. En consecuencia, establécense os seguintes parámetros de avaliación:
1. Asistencia e participación. Ata un 10%.
2. Resolución de casos e exercicios. Ata un 20%.
3. Desenvolvemento e exposición de traballos. Ata un 20%.
4. Exame de contidos. Ata un 50%.
Para poder superar a materia, é imprescindible puntuar en, polo menos, dúas das categorías anteriores.
Recomendacións para o estudo da materiaEstimase unha hora de revisión de conceptos fundamentais, complementaria á asistencia a clase.