Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

P3042103 - Xestión da prevención de riscos laborais (Módulo Obligatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo
  • Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
VIDAL PORTABALES, JOSE JOAQUIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os instrumentos básicos da xestión da prevención de riscos laborais en todos os sectores de actividade pública e privada.
    Comprender o marco legal que regula a xestión de prevención de riscos laborais.
    Coñecer e valorar a importancia dos procedementos de prevención e protección da seguridade e saúde dos traballadores.
    Coñecer e afondar nas diferentes modalidades de organización preventiva empresarial.
    Coñecer e utilizar a documentación do sistema de prevención da empresa.
    Contidos
    Introdución. Referencia normativa.

    1. -Política preventiva na empresa. Integración da prevención. Xestión da prevención de riscos laborais. Plan de prevención de riscos laborais. Avaliación de riscos laborais. Metodoloxías de avaliación. Planificación da actividade preventiva.

    2. -Modalidades de organización preventiva empresarial. As funcións técnico-preventivas. Asunción persoal polo empresario da actividade preventiva. Designación de traballadores. Servizo de prevención propio. Servizos de prevención mancomunados. Servizos de prevención alleos. Acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención alleos. Concerto da actividade preventiva. Referencia aos recursos preventivos.

    3. -Auditorias do sistema de prevención. Auditorias obrigatorias. Auditorias voluntarias. Empresas auditoras. Requisitos. Proceso de auditoria.

    4. -Participación dos traballadores na xestión da prevención. Consulta. Delegados de Prevención. Comité de Seguridade e saúde.

    5.- Documentación do sistema de prevención. Protocolos, instrucións e procedementos. Rexistros. Información. Formación. Participación. Vixilancia da saúde. Equipos de protección individual. Coordinación de actividades. Equipos de traballo. Enfoque de xénero. Traballadores especialmente sensibles. Maternidade e embarazo. Relacións de traballo temporais e ETT. Xestión e documentación da prevención en sectores perigosos e fronte a riscos específicos.

    6.- Responsabilidades. Infraccións e sancións.
    Bibliografía básica e complementaria
    É necesaria a utilización de calquera compilación de normas sobre prevención de riscos laborais.
    AA.VV. Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, última edición.
    AA.VV. Higiene industrial, INSHT, última edición.
    AA.VV. Normas Laborales y de Seguridad Social, Netbiblo, última edición
    Legislación sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, última edición.
    AA.VV. Manual de Prevención de Riesgos Laborales, (director García Ninet, J.I.) Atelier, Barcelona, (última edición).
    Auditoria de los sistemas de prevención de riesgos laborales. Audelgo. Fundación Confemetal. (Madrid 2011)
    Bernal Herrer, J.: Formación general de Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (Madrid, 1996).
    Bestraten B. M.: Seguridad en el Trabajo, MTSS, Barcelona, última edición.
    Calatayud Sarthou, Cortés Vizcaíno: Curso de Salud Laboral, Tirant lo Blanch.(última edición).
    Código sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Colex, (última edición).
    Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, Barcelona, 1988.
    Cortés Díaz, J.: Técnicas de Prevención de Riesgos Laborales, Tébar Flores, (Madrid, 2006).
    Díaz Moliner, R.: Guía práctica para la prevención de riesgos laborales. Valladolid. Lex Nova.
    Fernández Marcos, L.: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales y su Régimen Jurídico Sancionador, Dykinson, 2006.
    García Murcia, J.: Responsabilidades y sanciones en materia de seguridad y salud en el trabajo, Aranzadi (Pamplona 2003).
    Gómez Etxebarria. G.: Manual para la formación en prevención de riesgos laborales. Editorial Ciss. Madrid.
    González Biedma, E.: Prevención de Riesgos Laborales, Técnos, 2004
    Iglesias Cabero, M. (Coordinador): Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Civitas, 1997.
    Introducción a las condiciones y medio ambiente de trabajo. OIT. Ginebra.
    Legislación sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (última edición).
    Mateo Floria, P.: Gestión de la Higiene Industrial en la Empresa, F. Confemetal, (Madrid, 2004).
    Mateos Beato, A.: Diccionario temático de seguridad y salud laboral: conceptos de la ley de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, (Valladolid.2006).
    McCormick, E. J.: Ergonomía, G. Gili, 1980.
    Muñoz Ruiz, A. B.: El sistema normativo de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2009.
    OIT, Enciclopedia de Seguridad y Salud en el Trabajo, Organización Internacional del Trabajo, última edición.
    Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias. Técnos, última edición.
    Rodríguez Sanz de Galdeano, B.: Responsabilidades de los fabricantes en materia de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2005.
    Sala Franco y Arnau Navarro: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Tirant lo Blanch, 1996.
    Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
    Seguridad en el Trabajo, Lex Nova, 2005.
    Sempere Navarro, A.V., García Blasco, J. González Labrada, M. y Cardenal Carro, M.: Derecho de la Seguridad y salud en el trabajo, Cívitas,( Madrid, 2001).
    Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias, Técnos, última edición.
    Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.

    Recursos on-line:
    Páxinas e bases de datos de organismos nacionais e internacionais e entidades privadas relacionadas coa materia.
    Competencias
    Xenerais:
    Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito sociolaboral.
    Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral, e de modo particular en materia de prevención de riscos laborais.
    Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
    Planificar e organizar a prevención de riscos laborais nas empresas.
    Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
    Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
    Capacidade para traballar en equipo.
    Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica.
    Específicas:
    Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
    Aplicar as distintas modalidades de organización da prevención.
    Coñecer e aplicar o plan de prevención de riscos, os seus distintos elementos, así como as metodoloxías de avaliación de riscos, nos distintos sectores produtivos de bens e servizos.
    Coñecer as obrigas empresariais en relación coas auditorias ou avaliacións externas do sistema de prevención.
    Coñecer e xestionar as actividades relacionadas coa planificación das actividades preventivas.
    Coñecer e coordinar as tarefas de prevención de riscos relacionadas cos locais, instalacións e equipos; coa exposición a riscos ambientais, así como dos riscos derivados da carga e organización do traballo.
    Coñecer, aplicar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores na xestión da prevención.
    Coñecer, manexar e elaborar a documentación relacionada coa xestión da prevención en calquera tipo de empresa e organización, así como as peculiaridades esixibles pola normativa en sectores de especiais características e en relación a riscos específicos.
    Coñecer o marco xeral de responsabilidade en materia de xestión da prevención.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía do ensino da materia céntrase, por un lado, nunha parte teórica destinada a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindible para o coñecemento da problemática da xestión da prevención de riscos, para a súa correcta aplicación no ámbito empresarial, e, doutro, nun contido práctico, a través da realización de supostos, actividades prácticas e análise de situacións. Realizaranse diversas actividades e traballos individuais e en grupo, co obxectivo de asentar e aplicar os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas. Precísase, polo tanto, a colaboración de cada alumno na preparación, discusión ou, no seu caso, exposición pública, de modo individual ou en grupo, dos citados traballos teórico/prácticos. As titorías realizaranse ou ben de modo individual ou en grupo para resolver dúbidas, axudar e canalizar o traballo dos alumnos.
    A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC virtual a través da que se ofrecerán materiais diversos referidos aos contidos e aos supostos prácticos, así como enlaces a fontes básicas de información e coñecemento.
    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase mediante unha valoración conxunta e ponderada dun exame escrito e da asistencia e participación nas clases e a realización e entrega de traballos. Para iso terase en conta o interese demostrado, a participación activa e a resolución e entrega dos traballos e/ou supostos formulados. O exame será tipo test-cuestionario; con posibilidade de resposta múltiple e valor negativo nas preguntas erradas. Poderá incluír cuestións/supostos de tipo práctico. A ponderación deste será dun 70 por cento. A ponderación da asistencia ás clases, participación nestas e entrega de traballos será dun 30 por cento. Para superar a materia esixirase que os alumnos consigan un 5 de media no exame escrito, así como un 5 na asistencia, participación e entrega de traballos. A cualificación da parte interactiva só se terá en conta unha vez superada a proba final teórica.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que o tempo de estudo e traballo persoal adecuado para superar a materia é de 54 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase, á parte da asistencia a clase, que se xulga imprescindible, a consulta e utilización dalgún compendio lexislativo ou textos legais relacionados coa prevención de riscos laborais, a utilizar tanto nas clases, coma na preparación da materia. Utilizarase o Campus Virtual.
    Observacións
    Os alumnos terán á súa disposición, na fotocopiadora do centro, a normativa máis utilizada, así como algunhas lecturas e temas do programa. Utilizarase o Campus Virtual.