P3042105 - Xestión Tributaria (Módulo Obligatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público Especial
- Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.- Afondamento no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
2.- Estudo da problemática específica da aplicación do Tributo: procedementos de aplicación dos tributos
3.- Coñecemento das fontes para:
- Argumentar loxicamente.
- Afondar no coñecemento.
- Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
4.- Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, sinaladamente neste eido co Dereito Público.
5.- Formación de valores universais.
Contidos- Concreción da relación procedemento administrativo-procedementos tributarios. O procedemento de aplicación dos tributos e a normativa do procedemento administrativo
- Aspectos xerais dos procedementos de aplicación dos tributos. Información e asistencia aos obrigados tributarios. Colaboración social na xestión tributaria. Tecnoloxías informáticas e telemáticas
- Normas comúns dos procedementos tributarios. Fases: iniciación, desenvolvemento e terminación. Obrigación de resolver: prazos e efectos. A proba. As notificacións. Entrada no domicilio. Denuncia pública. Potestades de comprobación e investigación
- A liquidación do tributo
- Procedementos de xestión: declaracións, autoliquidacións, comunicacións de datos. Procedemento de devolución, procedemento iniciado por declaración, procedemento de verificación de datos, procedemento de comprobación de valores, procedemento de comprobación limitada
- A inspección dos tributos: funcións, facultades. Documentación das actuacións inspectoras. O procedemento inspector: fases
- O procedemento de recadación: a recadación en período voluntario. A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento. O embargo. Procedemento fronte a responsables e sucesores
- O procedemento sancionador en materia tributaria
- Revisión de actos tributarios: a revisión de oficio: actos nulos de pleno dereito e anulables, a revogación, a rectificación de erros e a devolución de ingresos indebidos
- Revisión de actos tributarios a través de recurso. O recurso de reposición. A reclamación económico-administrativa. Especial referencia á suspensión do acto impugnado. O procedemento abreviado ante órganos unipersoais
Bibliografía básica e complementariaMANUAIS RECOMENDADOS:
- MARTÍN QUERALT, LOZANO SERRANO, CASADO OLLERO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, ultima edicion
- MENÉNDEZ MORENO, A., Derecho Financiero y Tributario. Lecciones de Cátedra, Lex Nova, ultima edición.
- FERREIRO LAPATZA, J. J., Curso de Derecho Financiero Español, Marcial Pons, ultima edición
- CALVO ORTEGA, R., Curso de Derecho Financiero. I. Derecho Tributario (parte general).
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS: actualizadas a setembro de 2010:
- Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova,
- Código Tributario, Aranzadi,
- Derecho Financiero y Tributario. Legislación básica, McGraw-Hill,
Competencias- Comprender a importancia da regulación procedimental da aplicación dos tributos, os intereses e os dereitos fundamentais en presenza.
- Coñecer os elementos básicos do procedemento tributario, as súas peculiaridades con relación ao procedemento administrativo común e a estrutura básica do seu funcionamento.
- Acadar un manexo dos textos xurídicos que permita resolver con facilidade supostos prácticos de aplicación dos tributos.
Metodoloxía da ensinanza Lección maxistral con inclusión de supostos practicos
Sistema de evaluación1.- Asistencia a clase, resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor: representará, como máximo, o 20% da cualificación final.
2.-Examen tipo test, o 80% da cualificación final.
A segunda oportunidade valorarase do mesmo xeito.
Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia".
Tempo de estudo e traballo persoalAo menos o dobre de tempo que as horas presenciais correspondentes á materia