P3042106 - Análise Contable (Módulo Obligatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO análise contable ou análise fundamental ten como obxecto determinar en que situación económico financeira se atopa a empresa en base á información que esta emite.
Por elo, os obxectivos desta materia para o curso 2013-2014 é que o alumno:
1.- coñeza os estados contables da empresa
2.- interprete os estados contables da empresa e identifique a información máis significativa para a toma de decisións
2.- comprenda a situación económico financeira da empresa a través de seus estados contables
3.- saiba empregar a información contida nos estados contables dunha empresa a efectos de predicir a súa evolución futura.
ContidosTEMA 1: A INFORMACIÓN EMPRESARIAL. OS ESTADOS CONTABLES.
TEMA 2: O ANÁLISE DOS ESTADOS FINANCEIROS.
TEMA 3: ANÁLISE DE LIQUIDEZ.
TEMA 4: ANÁLISE DE SOLVENCIA.
TEMA 5: ANÁLISE DE RENTABILIDADE.
Bibliografía básica e complementaria- ARCHEL, P.; LIZARRAGA, F.; SÁNCHEZ, S. (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide: Madrid.
- RIVERO TORRE, P. (2009): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed Pirámide: Madrid.
- TABOADA MELLA, M.S. (2008): Contabilidad Financiera. Una introducción teórico-práctica. Ed. Tórculo Edicións: Santiago de Compostela.
CompetenciasO alumno, tralo estudio da materia Análise Contable:
1.- coñecerá perfectamente cáles son os estados contables que elabora a empresa, interpretará o seu contido, e saberá elaboralos
2.- identificará a información máis significativa contida neses estados contables a efectos da toma de decisións
2.- comprenderá a situación económico financeira na que se atopa unha empresa a través dos seus estados contables
3.- saberá empregar a información contida nos estados contables de unha empresa a efectos de predicir a súa evolución futura.
Metodoloxía da ensinanza O ensino desta materia levarase a cabo desde dúas vertentes: teórica e práctica, ambas dun modo coordenado e paralelo.
Na vertente teórica explicarase o contido do programa como esquema conceptual da parte práctica.
Na vertente práctica realizarase, a efectos explicatorios, o análise das contas presentadas por algunhas empresas e, sobre esa base, asignarase a cada alumno unha empresa para que aplique os coñecementos acadados sobre a materia.
Asemade, no horario de titorías, facilitaranse as explicacións teóricas e prácticas que sexan necesarias para a comprensión da materia por parte do alumno/a, que lle permitan superala.
Sistema de evaluaciónOs alumnos/as poderán optar por unha valoración final (exame final) -que será cualificado cunha puntuación entre 0 e 10 puntos-, ou poderán acollerse a un sistema de avaliación continua, consistente na realización das seguintes tarefas:
(a) LECTURAS: facilitaranse aos alumnos as referencias bibliográficas dunha serie de textos que deberán analizar, o que significará un 10% da nota final (1 punto sobre 10).
(b) EXERCIZOS DE CONTROL: No desenvolvemento das clases realizaranse exercicios de control, que suporán un 20% da nota final (2 puntos sobre 10).
(c) RESOLUCIÓN DE CASO PRÁCTICO: Realizarase -en data a determinar na clase- un suposto práctico e a súa resolución suporá un 40% da nota (4 puntos sobre 10).
(d) TRABALLO VOLUNTARIO: Invitarase ó alumno que realice un traballo voluntario, a efectos de subir a nota nun 30% adicional (3 puntos sobre 10).
A asistencia a clase é obrigada.
Tempo de estudo e traballo persoalAconsellase ó alumno que empregue, a lo menos, o mesmo número de horas de clase ao estudio individualizado da materia impartida en cada clase.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase ó alumno a asistencia a clase, a atención á materia analizada nela e a comprensión e estudo da mesma ao mesmo ritmo que esta se vaia desenvolvendo.