P3042201 - Auditoría sociolaboral (Especialidade en Xestión Sociolaboral (USC)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO Obxectivo da materia e introducir os alumnos nos fundamentos da auditoría sociolaboral para que coñezan cómo se poden realizar as auditorías da xestión de recursos humanos nas organización e cómo esas auditorías poden axudar a tomar decisión directivas. Os alumnos teñen que distinguir e coñecer os diferentes procesos e sistemas integrados de xestión dos recursos humanos nas organizacións e cómo se poden auditar para obter un diagnóstico e una proposta de actuación. Outro obxectivo importante e que os alumnos familiarícense con algunhas ferramentas e técnicas necesarias para entender o funcionamento da auditoría sociolaboral (mostra, cuestionarios, conceptos estatísticos, etc.)
Entre os obxectivos máis específicos atópanse os seguintes, que os alumnos teñen que ser capaces de realizar ó remate do curso:
- Describir qué é una auditoría sociolaboral e o seu interese para a eficacia da función de emprego nas organización.
- Diferencialos distintos tipos de auditorías sociolaborais.
- Desenrolar unha auditoría sociolaboral, en particular, as referidas á prevención de riscos laborais, de calidade e de custes da xestión dos recursos humanos.
- Coñecer os métodos e técnicas para realizar auditorías sociolaborais, en especial as enquisas, identificando as súas características, vantaxes e limitacións.
- Elaborar un informe de auditoría sociolaboral.
Contidos1. Estudo do Traballo e o Concepto de Auditoría.
1.1. Análise do Traballo.
1.2. Antecedentes no estudo do traballo.
1.3. A Auditoría.
1.4. A Auditoría Sociolaboral.
1.5. Ámbito da Auditoría Sociolaboral.
1.6. Beneficios da Auditoría Sociolaboral
2. Tipos de Auditoría e Firmas Auditoras.
2.1. Tipos de auditoría.
2.2. Relación entre os diferentes tipos de auditorías.
2.3. A auditoría en España.
2.4. Principais empresas de auditoría.
2.5. O funcionamento das grandes firmas de auditoría.
3. Organización do Traballo de Auditoría:
3.1. Etapas do Traballo.
3.2. Elección e nomeamento dos auditores.
3.3. Planificación e programas de traballo.
3.4. Orzamentos.
4. Técnicas e probas de Auditorías:
4.1. Técnicas de auditoría.
4.2. Ratios.
4.3. Características requiridas e uso das probas.
4.4. Uso de ferramentas estatísticas.
4.5. Papeis de traballo.
4.6. As habilidades analíticas na práctica.
5. Informes de Auditoría
5.1. Elementos que compoñen o informe.
5.2. Estilo e redacción dos informes.
5.3. Tipos de informes.
5.4. Difusión dos informes de auditoría.
5.5. Informes de recomendacións.
6. Auditoría da estratexia de RR. HH.
6.1. Obxectivos da auditoría da estratexia de recursos humanos.
6.2. Influenza e análise do entorno: xenérico e específico.
6.3. Análises interno.
6.4. Opcións estratéxicas: niveis e tipoloxía.
7. Auditoría do recrutamento, inserción e formación en RR.HH.:
7.1. Obxectivos.
7.2. Recrutamento.
7.3. Selección.
7.4. Inserción.
7.5. Formación.
8. A Auditoría de Selección de Persoal (ASP).
8.1. Obxectivos da Sp e da ASP.
8.2. Os indicadores fundamentais en ASP: Fiabilidade e Validez dos instrumentos de SP.
8.3. Introdución ó análise estatístico dos datos de Auditoría Sociolaboral.
9. A Auditoría de Formación:
9.1. A avaliación da formación.
9.2. Instrumentos de AF.
9.3. Estudo de caso: Unha aplicación de AF.
10. O Análise da utilidade económica da Intervención Organizacional como Auditoría Sociolaboral:
10.1. ¿Qué é o AUE?
10.2. Elementos e Indicadores para o UAE.
10.3. Os modelos do AUE.
10.4. Aplicacións del AUE.
11. A Auditoría de Comunicación Interna (ACI).
11.1. A comunicación Interna como proceso a auditar.
11.2. Instrumentos da auditoría de comunicación interna.
11.3. Estudo de caso: Unha aplicación de ACI na administración pública.
12. A Auditoría de Xestión do Desempeño:
12.1. A xestión do desempeño como proceso a auditar.
12.2. Modalidades da avaliación do desempeño.
12.3. Instrumentos de AGD.
12.4. Estudo de caso: Aplicación dunha AGD.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica
- Fuentes, F.J. (Director y Coordinador), 2005. Introducción a la Auditoria Sociolaboral. Murcia: Diego Marín.
Bibliografía Complementaria
- Barranco, F.J. (1993). Planificación estratégica de Recursos Humanos. Del Marketing interno a la planificación. Pirámide.
- Bonache, J. y Cabrera, A. (Directores). 2005. Dirección Estratégica de Personas. Prentice-Hall.
- Chiavenato, I. (2008). Administración de los Recursos Humanos. McGraw-Hill.
- De la Poza, J.M. (1993). Principios de auditoria sociolaboral. Deusto.
- Gómez-Mejía y otros (2008): Gestión de Recursos Humanos. Prentice-Hall.
- Quijano, S.D. (2006). Dirección de recursos humanos y consultoría en las organizaciones. Icaria.
- Salgado, J. y Moscoso, S. (2001). Entrevista Conductual Estructurada de Selección de Personal. Teoría, práctica y rentabilidad. Pirámide.
CompetenciasCompetencias/Destrezas/Habilidades:
- Adquisición e desenrolo de coñecemento de diferentes técnicas de análise e diagnostico de procesos de xestión de recursos humanos.
- Adquisición y desenrolo de coñecemento de conceptos estatísticos básicos e dos conceptos psicométricos de fiabilidade e validez das medidas
- Adquisición e desenrolo de coñecemento de distintos indicadores de custes da xestión de recursos humanos.
- Adquisición y desenrolo de coñecemento do rol do auditor sociolaboral.
- Adquisición de coñecemento de cómo se poden xestionar os procesos de elaboración dunha auditoría sociolaboral.
- Adquisición de coñecemento de diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e solucionar situacións e procesos de xestión de recursos humanos laborais (accidentes, riscos, liderado, calidade, etc.).
- Desenrolo de habilidades de traballo en equipo.
- Desenrolo de destrezas de relación interpersonal.
- Desenrolo de habilidades de liderado.
- Desenrolo de destrezas de comunicación e presentación formal
Metodoloxía da ensinanza - PARTE TEÓRICA
A parte teórica se desenvolverá maioritariamente a través de clases presenciais, utilizando proxector de transparencias e canón. O material necesario para seguir as explicacións teóricas aportarase ós alumnos antes do comezo de cada un dos temas. Unha pequena parte da materia poderase desenrolar mediante lecturas o a elaboración de traballos que serán clases no presenciais (o número de horas e os días concretos nos que non haberá clase na aula iranse indicando coa suficiente antelación en función do desenvolvemento do programa).
- PARTE PRÁCTICA
A parte práctica desenrolarase na aula. O tipo de prácticas variará en función dos temas. Nalgúns casos realizaranse estudos de casos, realización de cuestionario, elaboración de informes, presentación de traballos e discusión grupal.
- PARTE APLICADA: PROXECTO GRUPAL
O proxecto grupal, a parte aplicada da materia, desenrolarase en pequenos grupos de 4-6 persoas y se desenvolverá de xeito continuo e paralelamente ás prácticas.
Teoría (Exame): 60% da puntuación total. (Hasta 6 puntos).
Prácticas (Realización): 60% da puntuación total. (Hasta 4 puntos)
Sistema de evaluaciónTeoría (Examen): 70% da puntuación total. (Ata 7 puntos).
Prácticas (Realización): 30% da puntuación total. (Ata 3 puntos)
Sistema de avaliación da aprendizaxe teórica:
Unha vez rematados os temas incluídos no programa, os alumnos que o desexen, poderán facer un exame final o día 24 de abril de 2014.
Sistema de avaliación das prácticas:
A participación activa na totalidade das prácticas suporá automaticamente a máxima cualificación en esta parte. A perda dunha práctica o a escasa participación nas mesmas, suporá unha perda de puntos proporcional ás perdas (p.e. a participación no 80% das prácticas suporá o 80% da puntuación total de este apartado). A participación recoñecerase mediante a asistencia a clase.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e de traballo persoal para superar a materia: (tempo aproximado)
Horas presenciais: 30 horas teóricas e 12 horas prácticas. ECTS= 18
Elaboración de materiais para clases, lecturas e casos: 30 horas
Preparación de proxecto: 30 horas
Preparación de exames: 25 horas.