Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

P3042204 - Réxime fiscal das relacións laborais (Especialidade en Xestión Sociolaboral (USC)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Nieto Montero, Juan José.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Coñecemento dos diversos tributos que forman o sistema tributario español.
    2.- Estudo da problemática específica da cualificación dos feitos da realidade sometidos a imposición no eido das relacións laborais.
    3.- Coñecemento das fontes para:
    - Argumentar loxicamente.
    - Afondar no coñecemento.
    - Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
    4.- Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, fundamentalmente debido á utilización de categorías xurídicas na definición das realidades sometidas a imposición.
    5.- Formación de valores universais.

    Contidos
    -Tributación dos traballadores por conta allea. O salario. Retribucións asimiladas a rendas do traballo. Rendas en especie. Exencións. Reducións e gastos deducibles. Retencións. (IRPF).
    -Tributación do traballador autónomo. Réxime especial do traballador autónomo dependente. Os réximes obxectivos de tributación. (IRPF e IVE)
    -Relacións laborais especiais. Especialidades. (IRPF)
    -As rendas laborais obtidas por non residentes (IRNR)
    Bibliografía básica e complementaria
    - FERREIRO LAPATZA, CLAVIJO HERNÁNDEZ, MARTÍN QUERALT, PÉREZ ROYO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Tributario, Marcial Pons, Madrid, última edición.
    - CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
    - CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Aranzadi, Pamplona, última edición.
    - GARCÍA AÑOVEROS y otros, Manual del sistema tributario español, Civitas, Madrid, 2005.
    - MARTÍN QUERALT/LOZANO SERRANO/POVEDA BLANCO, Derecho Tributario, Thomson-Aranzadi, Pamplona, última edición.
    COLECCIONES LEGISLATIVAS:
    - Código Tributario, Aranzadi, Pamplona, 2011.
    - Derecho Financiero y Tributario español. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid, 2011.
    - Legislación básica del sistema tributario español, Civitas, Madrid, 2011.
    - Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Barcelona, 2011.

    Competencias
    Competencias xerais do máster ás que contribúe a materia:
    - Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
    - Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
    - Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e da Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
    - Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo.
    Competencias específicas da materia:
    - Asesorar ás PEMES no campo sociolaboral.
    - Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
    - Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus réximes xurídicos.
    - Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
    Competencias básicas ás que contribúe a materia:
    - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación;
    - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
    - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
    - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia impártese nun formato nucleado en torno ás clases expositivas e clases interactivas; xunto a estas, prevese levar a cabo actividades en seminario e de elaboración de traballos, para o que se contará, como apoio para os alumnos, con varias sesións de titorías de carácter obrigatorio.
    O obxectivo das clases expositivas é facilitar aos alumnos o contido teórico propio da materia, de tal maneira que sexan capaces de manexar suficientemente os principais conceptos que a configuran. Esta formación permitirá ao alumno poder afrontar o exame da documentación complementaria que se sinale, e realizar unha análise crítica de tales documentos.
    Nas clases interactivas tratarase de conseguir que o alumno aplique os coñecementos previamente adquiridos -na súa aprendizaxe nas clases expositivas e a súa aprendizaxe autónoma derivada- a supostos prácticos, que responderán a situacións que se producen na realidade xurídico-tributaria, o que obrigará os alumnos a unha análise de aspectos interdisciplinares sempre presentes na asesoría fiscal.
    No seminario e nos traballos orientados nas titorías de estudarán temas que merezan unha especial atención por algunha razón concreta que será valorada polo profesor responsable. Os motivos da elección do tema poden ser unha recente modificación lexislativa ou xurisprudencial significativa ou a relevancia social dese concreto aspecto da materia. O obxectivo fundamental destas actividades é o reforzo da capacidade crítica e argumentativa do alumno.
    Para o desenvolvemento da docencia, en calquera das súas modalidades, os alumnos dispoñerán de toda a información básica no Campus Virtual da USC: apuntamentos, casos prácticos, bibliografía recomendada, enlaces web, etc. Así mesmo, a USC pon á súa disposición o acceso a importantes bases de datos lexislativas, xurisprudenciais e bibliográficas e a elaboración dos traballos, individuais ou colectivos, que se suxiran aos alumnos, que permitirán a resolución dos distintos supostos prácticos propostos.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizan ao longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe esta materia, así como outros aspectos como o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
    Como figura na memoria da titulación, os criterios que se terán en consideración para a avaliación do dominio das competencias xenéricas e específicas da materia, así como os instrumentos zvaliativos e o peso que cada un terá na cualificación final serán os seguintes:
    1º) 50% da nota obterase a través dun sistema de avaliación continua na que se atenderá, a través da observación e notas do profesor sobre o desenvolvemento das clases, aos seguintes criterios:
    - Interese demostrado ao longo da materia
    - Participación activa na clase
    - Participación nos debates
    - Participación nos supostos prácticos
    - Avaliación de traballos: estrutura, documentación, orixinalidade e presentación
    2º) O outro 50% da nota obterase a través dun exame final no que se valorará de forma especial a adquisición das seguintes competencias:
    - Aplicación de coñecementos teóricos da materia a cuestións prácticas desta
    - Control terminolóxico especializado
    - Razoamento argumentado dos temas
    - Capacidade de análise crítica, e de síntese da información
    - Coherencia na exposición da argumentación.

    Os mesmos criterios de avaliación serán aplicables na segunda oportunidade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo, repartidas como segue:
    Tal e como figura na memoria da titulación, o traballo presencial na aula suporá un total de 30 horas, estruturadas en: docencia expositiva (9), docencia interactiva (12), seminarios (6), titorías (2), actividades de avaliación (1).
    O traballo persoal do alumno suporá 75 horas: estudo individual (30), lecturas recomendadas (20), escritura de exercicios e traballos (13), preparación e escritura de traballos en grupo (6), preparación de presentación oral (4), asistencia a seminarios e actividades (2)
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o estudo diario da materia –vinculando a asimilación de conceptos á súa explicación nas clases– e, tamen, a resolución dos diversos casos prácticos, que permitan ao alumno contrastar –case coma un sistema de autoavaliación– o nivel de comprensión acadado. De igual xeito, é altamente recomendable o recurso ás titorías para aclarar conceptos e resolver problemas.