
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Relacións Laborais
Campus Sur.
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG 8/02/2007)
Data de publicación no BOE: 28/05/2012
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Preparar profesionais de alto nivel para a xestión dos recursos humanos da empresa, a mediación e auditoría sociolaboral, e todo o relacionado coa seguridade social. Trátase pois de mellorar a profesionalidade dos egresados/as en titulacións ou graos relacionados coas relacións laborais.
O título de Máster en Xestión e Dirección laboral incrementará a bagaxe económica das persoas procedentes do grao cun programa multidisciplinar no que se terán que afrontar as materias correspondentes ao ámbito das relacións laborais.
COMPETENCIAS XERAIS:
- Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
- Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
- Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
- Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
- Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
- Planificar e organizar a prevención dos riscos laborais nas empresas.
- Seleccionar e confeccionar os contratos de traballo adecuados a cada situación laboral.
- Coñecer os dereitos e obrigacións dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Ante a orientación profesional, o Máster intentará dotar, en cada unha das especialidades, das seguintes competencias específicas:
Especialidade de Xestión Sociolaboral:
- Asesorar ás PEMES no campo sociolaboral.
- Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
- Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus réximes xurídicos.
- Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
- Coñecer as obrigacións das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras.
- Identificar as competencias das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social na xestión de prestacións en España e na Unión Europea.
- Analizar a Seguridade Social dos traballadores que circulan no ámbito da Unión Europea.
Especialidade de Recursos Humanos:
- Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal.
- Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación sociolaboral da empresa.
- Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas ao contorno multidisciplinar da empresa.
- Elaborar plans de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a alcanzar.
Especialidade en Dirección Laboral de Empresas:
- Asesorar ás PEMES no campo sociolaboral.
- Adquirir as habilidades propias para xestionar os procesos de negociación entre as partes da relación laboral co fin de alcanzar consensos e acordos.
- Coñecer as medidas de solución de conflitos ao alcance de traballadores e empresarios e resolver cales resultan adecuadas en diferentes situacións.
- Adquirir as habilidades necesarias para pór en funcionamento un servizo de prevención propio ou alleo e xestionalo.
- Coñecer as respostas da Administración fronte aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador.
- Adquirir as habilidades necesarias para xestionar as relacións laborais transfronteirizas e transnacionais, tan frecuentes no sur de Galicia.
SAÍDAS PROFESIONAIS:
Convén termos en conta que as potencialidades do mercado de traballo de absorber profesionais dos recursos humanos, das relacións laborais, do asesoramento legal nestas materias e da seguridade social é grande. De feito, vén de longo a demanda dos titulados de grao medio e Graduados Sociais e diplomados en Relacións Laborais de contar coa posibilidade de ampliar os seus estudos nunha dimensión de mellora da súa empregabilidade e da súa situación no mercado de traballo. Ademáis dáse a posibilidade desa ampliación aos estudantes que teñan cursado o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 27
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións preferentes:
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Diplomatura en Relacións Laborais
Diplomatura en Graduado Social
Titulado en Ciencias do Traballo
Titulacións non preferentes:
Titulacións da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3042101 | Seguridade Social Complementaria | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3042102 | Dereito do Traballo e crise da empresa | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3042103 | Xestión da prevención de riscos laborais | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3042104 | Aspectos macroeconómicos e territoriais do mercado de traballo | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3042105 | Xestión Tributaria | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3042106 | Análise Contable | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3042107 | Aspectos xurídicos-laborais en materia de igualdade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3042201 | Auditoría sociolaboral | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042202 | Xestión Laboral e da Seguridade Social | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042203 | Seguridade Social Comunitaria | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042204 | Réxime fiscal das relacións laborais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042205 | Empresas, traballadores e Dereito tributario transnacional | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042206 | Políticas sociolaborais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3042207 | Dirección Estratéxica de RRHH | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042208 | A Simulación como ferramenta de deseño de políticas de RRHH | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042209 | Xestión do coñecemento | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042210 | Liderazgo e Habilidades Directivas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042211 | As dúas visións do Conflito Laboral | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042212 | Xestión da Seguridade Social | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042213 | Iniciativa Emprendedora | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3042214 | Relacións transfronterizas no marco de la UE. Introdución ao Dereito social portugués | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042215 | Organización da prevención na empresa | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042216 | Técnicas de Negociación colectiva | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042217 | Medidas de solución de conflitos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3042218 | Administración Laboral e Dereito Sancionador do traballo | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3042108 | Prácticas externas | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 | P3042109 | Traballo fin de Máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable