
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Directrices Xerais:R.D. 1429/1990 do 26 de outubro (BOE 20 de novembro de 1990)
Plan de estudios:Resolución 9 de xuño de 1999 (BOE 28 de xuño de 1999)
Corrección de erros:Resolución 9 de xuño de 1999 (rectificada) (BOE 14 de xullo de 1999)
Complementos de formación:
Extinción: 2009/10: 1º curso sen docencia, con dereito a exame. 2010/11: 1º curso sen docencia, último con dereito a exame. 2º curso sen docencia, con dereito a exame. 2011/12: 2º curso sen docencia, último con dereito a exame. 3º curso sen docencia, con dereito a exame. 2012/13: 3º curso sen docencia, último con dereito a exame.
Proporcionar unha formación adecuada nas bases teóricas e nas técnicas da organización do traballo e da xestión de persoal; así como da ordenación xurídica do traballo e da Seguridade Social.
Coñecementos • Técnicas da organización do traballo • Normativa laboral e de Seguridade Social • Técnicas de xestión de persoal • Historia do Traballo • Socioloxía e Técnicas de Investigación Social • Seguridade e saúde laboral Competencias • Capacidade de Análise e Síntese • Capacidade crítica e razoamento lóxico • Capacidade memorística • Capacidade para relacionar conceptos
Características xerais Título homologado de 1.º ciclo. Duración 3 anos. Características específicas Para a obtención do título o alumno deberá superar 193 créditos dos que 123 son troncais, 31,5 son obrigatorios, 19 optativos e 19,5 de libre configuración. A oferta lectiva no plano de estudos para a realización dos créditos troncais, obligatorios e optativos é de 213 créditos dos que 58,5 son optativos. Os créditos de libre configuración poderán ser cubertos ben cursando optativos da titulación, ben cursando materias doutros planos de estudo da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, pódense cubrir tales créditos a través de cursos, seminarios, prácticas, etc. Recoñecidas pola USC.
O diplomado en Relacións Laborais é un técnico ou especialista, ó igual que o Graduado Social a quen aquel se equipara, no campo do traballo e nas súas relacións. É por iso que en todo o panorama universitario español non existe ningunha titulación que trate en maior profundidade o mundo do traballo e das súas relacións, estudiándoas dende múltiples perspectivas : a da economía, a do dereito, a da socioloxía, a da psicoloxía, etc. O campo de actuación profesional dos diplomados en Relacións Laborais pódese resumir en tres grandes áreas de actividade : Exercicio libre da profesión. Exercicio profesional, por conta allea, na empresa. Exercicio profesional na Administración Pública. EXERCICIO LIBRE DA PROFESIÓN En canto ó exercicio libre da profesión, a Diplomatura de Relacións Laborais abre un amplo abano de posibilidades que a sitúan á vangarda dentro do mundo das titulacións universitarias. A súa especial vocación práctica, xunto á natureza interdisciplinar do seu currículo fan dos nosos titulados persoas preparadas e aptas para o exercicio libre da súa profesión nos máis diversos eidos. Son moitas, polo tanto, as "profesións" conexas ó Diplomado en Relacións Laborais. Entre todas poderíamos destacar, polo seu especial vencello ás diversas materias obxecto de estudo nesta carreira, as seguintes : Habilitado de Clases pasivas (Dereito e Práctica da Seguridade Social). Axente da Propiedade Inmobiliaria (Dereito Civil e Mercantil). Administrador de Fincas (Dereito Civil). Corredor de Seguros (Dereito Mercantil). Asesoría fiscal (Dereito tributario , Réxime Fiscal da Empresa, Fiscalidade Autonómica e Local) . Sen embargo, tal e como dixemos, é no mundo do traballo, nun senso amplo, onde as perspectivas laborais dos nosos Diplomados son maiores. A profesión de "asesor laboral", entendido como o profesional que colabora, informa, apoia e, en definitiva, asesora ós distintos axentes sociais (empresarios e traballadores), é a que máis se axusta ó perfil do Diplomado en Relacións Laborais. A elaboración de nóminas e contratos, tramitación de todo tipo de procedementos (xubilacións, altas, baixas, incapacidade ...) ante a Seguridade Social e, singularmente, a intermediación na resolución de conflictos laborais, son campos nos que os coñecementos adquiridos en diversas materias cursadas ó longo dos tres anos de Diplomatura ( Dereito do Traballo I, e Dereito do Traballo II, Prácticas de Dereito do Traballo, Seguridade Social, Prácticas de Seguridade Social, Dereito Sindical, Dereito Social Comunitario, Dereito Procesual Laboral, Dereito Tributario, Réxime Fiscal da Empresa , Economía Laboral ...) permiten ós nosos titulados desenvolverse con total solvencia. Non debe esquecerse, ademais, que os Diplomados en Relacións Laborais están habilitados para personarse en representación das empresas e os traballadores ante os Tribunais de Xustiza. O artigo 440.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, na súa redacción de 8 de novembro de 1994, establece que : "En los procedimientos laborales y de Seguridad Social la representación podrá ser ostentada por Graduado Social (enténdase tamén Diplomado en Relacións Laborais) colegiado, al que serán de aplicación las obligaciones inherentes a su función, de acuerdo con lo dispuesto en su ordenamiento jurídico profesional y en el presente Título, y especialmente lo dispuesto en los artículos 187, 437.2 y 442 de esta Ley" Deste xeito, a actuación dos Graduados Sociais/Relacións Laborais ante os órganos xurisdiccionais da orde social queda plenamente consolidada polo disposto nesta lei. O exercicio libre da profesión precisa da colexiación previa nalgún dos Colexios profesionais ; para isto será preciso estar en posesión, como título académico habilitante, ben da diplomatura en Relacións Laborais, ben da diplomatura en Graduado Social. Unha importante cuestión, que abre multitude de dubidas, é a relación entre a Diplomatura en Relacións Laborais e a anterior Diplomatura en Graduado Social, sobre todo no que respecta ó perfil profesional de ámbalas dúas titulacións. Dende o punto de vista do valor da titulación a equiparación é completa. Segundo a Disposición Adicional do Real Decreto 1429/1990, "los efectos propios del título de Diplomado en Relaciones Laborales establecido por este Real Decreto se predicarán asimismo del actual título universitario de Graduado Social Diplomado". Esta equiparación foi reiterada polo Real Decreto 1954/1994, de 30 de setembro (BOE de 17 de novembro), cuxo Anexo, que conten o catálogo de Títulos Universitarios Oficiais, establece a homologación do título de Graduado Social Diplomado co de Diplomado en Relacións Laborais. Xa que logo, a Diplomatura en Relacións Laborais sería a "herdeira" da antiga de Graduado Social. Esta sucesión foi aceptada, e dende este punto de vista fálase de que a partir de 1990 existirá una dobre denominación para unha mesma realidade : "Graduado Social" para o profesional exercente, e "Diplomatura en Relacións Laborais" para a titulación que permite acceder a tal exercicio. Sería unha relación equivalente á existente entre a profesión de avogado e a licenciatura en Dereito. Unha especie de relación de especie a xénero, na que o colectivo de Diplomados en Relacións Laborais poderá acceder a profesión de Graduado Social, e será esta titulación a que habilite para o exercicio desta profesión. Para calquera información relativa á Colexiación pódese acudir a calquera dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais. En Galicia existen, na actualidade, tres Colexios que a seguir se relacionan : COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE A CORUÑA Presidente : Germán Prieto-Puga Somoza Dirección : José Luis Bugallal y Marchesi, A - 5 -1º (C.P. 15008) A Coruña Teléfono : (981) 15.18.76 Fax nº : (981) 23.44.04 Correo electrónico : colegio@graduadoscorun.org COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE LUGO Presidente : D. José Luis Valcárcel Yañez Dirección : Praza de Alicante, 13 - entrechán - (C.P. 27004) LUGO Teléfono e Fax nº (982) 21.15.03 en horario de tarde COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE VIGO Presidente : D. José María Corujo Seguido Dirección : Alfonso X El Sabio, 3 -1º - (C.P. 36211) VIGO - PONTEVEDRA Teléfono : (986) 20.09.18 Fax nª : (986) 29.86.00 Correo electrónico : co-graduados-po@ctv.es EXERCICIO PROFESIONAL NA EMPRESA No ámbito da empresa, pública e privada, o destino do diplomado en Relacións Laborais é a prestación de servicios nos departamentos de Persoal e Recursos Humanos, ben desempeñando labores de dirección en aqueles, ben cumprindo funcións e tarefas propias da súa profesión. Esta saída profesional, non só se deduce do perfil recoñecido polo R.D. 1429/1990, senón que, tradicionalmente, ven sendo desempeñada polos graduados sociais. Así, e como dato significativo, enténdese que, na actualidade, o 60% dos membros da Asociación Española de Directores de Persoal (AEDIPE) sexan diplomados en Graduado Social ou en Relacións Labo
SICUE – SENECA Intercambio con universidades do estado español: Valencia, Córdoba, Málaga, Badaxoz, Almería, País Vasco e Zaragoza. SÓCRATES – ERASMUS Intercambio con Universidades Europeas: Holanda, Polonia, Estonia, Portugal e Francia.
O Plano de Estudos da titulación recoñece a posibilidade de obter créditos, optativos ou de libre configuración, pola realización de prácticas en empresa. Para ofrecer esta opción ós seus alumnos, o centro ten un programa propio, de prácticas en empresa. No mes de novembro de cada ano publícase unha convocatoria coa oferta de prazas para a realización de prácticas nese curso académico. Os períodos de realización serán marzo – maio ou xullo – setembro. As prácticas realízanse en Asesorías, Sindicatos, Concellos e outras Institucións relacionadas co ámbito de actuación do diplomado. Para poder realizar as prácticas esíxense certos requisitos de tipo académico. Ademais, das prazas ofertadas polo centro, existe a posibilidade de que o alumno localice e presente unha empresa ou institución para a realización das súas prácticas que lle serán aceptadas se cumpre certos requisitos
Titulación en proceso de extinción. Desde Bacharelato Loxse • Científico-tecnolóxica (matemáticas e física) • Ciencias da saúde (bioloxía e química) • Humanidades (latín e historia da filosofía) • Ciencias sociais (matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais e xeografía) • Artes (debuxo artístico e historia da arte) Desde COU • Científico-tecnolóxica • Biosanitaria • Ciencias sociais • Humanidades Ciclos formativos de grao superior de FPE das familias • Actividades físicas e deportivas • Administración • Comercio e marketing • Informática Ramas de FP2 • Administrativa e comercial (agás as especialidades de: azafatas de congresos e exposicións, servizos a bordo de aviación, servicios de terra de aviación).
Con este título accédese, cursando previamente uns complementos de formación a: • Licenciado en Ciencias do Traballo Complementos de formación: 9 créditos de economía e empresa • Licenciado en Criminoloxía Complementos de formación: 9 créditos de dereito público (constitucional ou administrativo), 9 créditos de introducción á socioloxía e 9 créditos de introducción a psicoloxía. • Pódese acceder ó 2.º ciclo dos seguintes títulos: Licenciado en Comunicación Audiovisual Licenciado en Humanidades Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas Licenciado en Traducción e Interpretación Licenciado en Xornalismo • Pódese acceder ós títulos de só 2.º ciclo: Licenciado en Comunicación Licenciado en Estudos de Asia Oriental Licenciado en Historia e Ciencias da Música Licenciado en Lingüística Licenciado en Teoría da Literatura e Licenciado en Literatura Comparada Con complementos de formación, dende calquera título de 1.º ciclo ou dende o 1.º ciclo de calquera título.
Titulación en proceso de extinción. Desde Bacharelato Loxse • Científico-tecnolóxica (matemáticas e física) • Ciencias da saúde (bioloxía e química) • Humanidades (latín e historia da filosofía) • Ciencias sociais (matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais e xeografía) • Artes (debuxo artístico e historia da arte) Desde COU • Científico-tecnolóxica • Biosanitaria • Ciencias sociais • Humanidades Ciclos formativos de grao superior de FPE das familias • Actividades físicas e deportivas • Administración • Comercio e marketing • Informática Ramas de FP2 • Administrativa e comercial (agás as especialidades de: azafatas de congresos e exposicións, servizos a bordo de aviación, servicios de terra de aviación).
Con este título accédese, cursando previamente uns complementos de formación a: • Licenciado en Ciencias do Traballo Complementos de formación: 9 créditos de economía e empresa • Licenciado en Criminoloxía Complementos de formación: 9 créditos de dereito público (constitucional ou administrativo), 9 créditos de introducción á socioloxía e 9 créditos de introducción a psicoloxía. • Pódese acceder ó 2.º ciclo dos seguintes títulos: Licenciado en Comunicación Audiovisual Licenciado en Humanidades Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas Licenciado en Traducción e Interpretación Licenciado en Xornalismo • Pódese acceder ós títulos de só 2.º ciclo: Licenciado en Comunicación Licenciado en Estudos de Asia Oriental Licenciado en Historia e Ciencias da Música Licenciado en Lingüística Licenciado en Teoría da Literatura e Licenciado en Literatura Comparada Con complementos de formación, dende calquera título de 1.º ciclo ou dende o 1.º ciclo de calquera título.
Proporcionar unha formación adecuada nas bases teóricas e nas técnicas da organización do traballo e da xestión de persoal; así como da ordenación xurídica do traballo e da Seguridade Social.
| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| Diplomatura en Relacións Laborais | 123.0 | 31.5 | 19.0 | 19.5 | 193.0 |
| PRIMEIRO CICLO | 123.0 | 31.5 | 19.0 | 19.5 | 193.0 |
| 1º CURSO | 45.0 | 15.0 | 0.0 | 0.0 | 60.0 |
| 2º CURSO | 42.0 | 10.5 | 6.0 | 6.0 | 64.5 |
| 3º CURSO | 36.0 | 6.0 | 13.0 | 13.5 | 68.5 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 221101 | Dereito do Traballo I | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221102 | Historia Social e Política Contemporánea | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221103 | Introdución ao Dereito | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221104 | Organización e Métodos de Traballo I | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221105 | Psicoloxía do Traballo | Troncal | 9.00 | XT/NM | |
| 221106 | Socioloxía Xeral | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221107 | Técnicas de Investigación Social | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221111 | Dereito Societario e Cambiario | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM | |
| 221112 | Economía | Obrigatorio | 9.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 221201 | Conflitos Colectivos de Traballo | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221202 | Dereito Administrativo | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221203 | Dereito da Seguridade Social | Troncal | 7.50 | XT/NM | |
| 221204 | Dereito do Traballo II | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221205 | Dereito Sindical | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221206 | Organización e Métodos de Traballo II | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221207 | Prácticas de Seguridade Social | Troncal | 4.50 | XT/NM | |
| 221211 | Dereito Tributario | Obrigatorio | 4.50 | XT/NM | |
| 221212 | Réxime Fiscal da Empresa | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 221301 | Dirección e Xestión de Persoal | Troncal | 12.00 | XT/NM | |
| 221302 | Prácticas de Dereito do Traballo | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221303 | Prácticas de Organización e Xestión de Persoal | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 221304 | Seguridade e Hixiene no Traballo e Acción Social na Empresa | Troncal | 12.00 | XT/NM | |
| 221311 | Dereito Procesual Laboral | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 221221 | Contabilidade Xeral | Optativo | 9.00 | XT/NM | |
| 221222 | Economía Laboral | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221223 | Fiscalidade Autonómica e Local | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221321 | Dereito de Contratos | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221322 | Informática Aplicada | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 221323 | Institucións da UE e Dereito Social Comunitario | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221324 | Procedementos Tributarios | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221325 | Psicoloxía dos Grupos de Traballo nas Organizacións | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221326 | Réxime Xurídico do Emprego Público | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 221327 | Socioloxía da Organización e da Empresa | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 221328 | Xestión do Traballo Administrativo | Optativo | 6.00 | NI/NM |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable