G3111102 - Psicoloxía do Traballo (Psicoloxía e Técnicas de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Seminario: 27.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 76.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral desta materia é que os alumnos/as adquiran os coñecementos básicos sobre a conduta e as experiencias psicolóxicas dos traballadores/as, en contextos relacionados co traballo, dende unha perspectiva grupal e organizacional. Todo iso co obxectivo dunha intervención na realidade da empresa, pondo especial énfase na adquisición de habilidades e técnicas de intervención nos procesos psicosociais de incorporación en integración á actividade laboral.
Contidos1. INTRODUCIÓN Á PSICOLOXÍA DO TRABALLO.
1.1. Delimitación conceptual da Psicoloxía do Traballo.
1.1.1. Breve desenvolvemento histórico da Psicoloxía do Traballo.
1.1.2. Que é a Psicoloxía do Traballo?
1.1.3. Áreas de contido da disciplina.
1.1.4. Relación da Psicoloxía do Traballo con outras disciplinas.
1.2. Un modelo de comportamento no traballo.
1.2.1. Variables dependentes no modelo de PT.
1.2.2. Variables independentes no modelo de PT.
2. AS OCUPACIÓNS E OS POSTO DE TRABALLO.
2.1. Análise de postos: Definición.
2.2. Usos da análise de postos.
2.3. Unidades de análises na AP.
2.4. Fases da análise de postos.
2.5. Como se realiza unha AP?
2.6. Métodos de Análise de Postos.
2.7. Clasificacións de ocupacións.
3. AS DIFERENZAS INDIVIDUAIS NA COGNICIÓN.
3.1. As diferenzas individuais no traballo.
3.2. Capacidade cognitiva xeral.
3.3. Capacidades cognitivas específicas.
3.4. Medición da capacidade cognitiva.
3.5. Capacidade cognitiva e desempeño laboral.
4. PERSONALIDADE E TRABALLO.
4.1. A personalidade normal: Os trazos.
4.2. O modelo do cinco grandes factores.
4.3. Personalidade e éxito laboral.
4.4. Medición da personalidade.
4.5. Intereses vocacionais.
5. MEDICIÓN E AVALIACIÓN EN PSICOLOXÍA DO TRABALLO.
5.1. Conceptos básicos de medición.
5.1.1. Que é medir?
5.1.2. Escalas de medida.
5.1.3. Medidas observadas e medidas verdadeiras.
5.1.4. Erros de medida: aleatorios e sistemáticos.
5.1.5. Puntuacións directas, típicas e transformadas.
5.2. Avaliación.
5.2.1. Predictores e criterios.
5.2.2. Fiabilidade.
5.2.3. Validez.
6. MÉTODOS E TÉCNICAS DE RECOLLIDA DE DATOS E INFORMACIÓN.
6.1. Enquisas organizacionais.
6.1.1. Métodos de medición.
6.1.2. Tipos de preguntas e Formatos das respostas.
6.1.3. Rumbos.
6.1.4. Aplicación das enquisas.
6.2. Grupos de discusión.
6.2.1. Descrición.
6.2.2. Procedemento.
6.2.3. Vantaxes e inconvenientes.
6.3. A meta-análise.
6.3.1. As revisións nas ciencias sociais.
6.3.2. A meta-análise: Definición e características.
6.3.3. Etapas no desenvolvemento dunha investigación meta-analítica.
6.3.4. Vantaxes e limitacións do meta-análise.
7. ACTITUDES, VALORES E TRABALLO.
7.1. As actitudes.
7.1.1. Definición de actitude.
7.1.2. Compoñentes das actitudes.
7.1.3. Modelo de Fishbein e Ajzen.
7.1.4. Teoría da disonancia cognitiva.
7.2. Valores.
7.2.1. Definición de valores.
7.2.2. Importancia dos valores no ámbito organizacional.
7.2.3. Tipos de valores.
7.3. Diferenciación entre actitudes e valores.
8. SATISFACCIÓN LABORAL.
8.1. Satisfacción laboral.
8.1.1. Definición do concepto.
8.1.2. Facetas da satisfacción laboral.
8.1.3. Avaliación da satisfacción laboral.
8.1.4. Antecedentes da satisfacción laboral.
8.1.5. Efectos da satisfacción laboral.
8.2. Compromiso organizacional.
8.2.1. Definición do concepto.
8.2.2. Compoñentes do compromiso organizacional.
8.2.3. Conceptos relacionados.
8.2.4. Avaliación do compromiso organizacional.
8.2.5. Efectos do compromiso organizacional.
9. EMPREGO E DESEMPREGO.
9.1. O Emprego desde o punto de vista psicolóxico.
9.1.1. Funcións instrumentais.
9.1.2. Funcións latentes.
9.2. Repercusións psicolóxicas do desemprego.
9.3. O modelo de ciclo do desemprego.
10. DISCRIMINACIÓN, EQUIDADE E GRUPOS PROTEXIDOS.
10.1. Igualdade de oportunidades no emprego.
10.2. Discriminación.
10.2.1. Discriminación directa.
10.2.2. Discriminación indirecta.
10.2.3. Trato preferente.
10.2.4. Impacto adverso.
10.3. Acción positiva.
10.4. Diversidade e xestión da diversidade.
Bibliografía básica e complementaria- Alcover, C.M., Martínez, D. y Rodríguez, F. y Domínguez, R. (2004). Introducción a la Psicología del Trabajo. Madrid: McGraw Hill.
- Gibson, Ivancevich, Donnelly y Konopaske (2006). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
- Gómez Mejía, Balkin y Cardy (2008). Gestión de Recursos Humanos. Madrid: Pearson-Prentice Hall.
- Kaplan, R.M. y Saccuzzo (2006). Pruebas psicológicas. Principios, aplicaciones y temas. México: Thomson.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill.
- Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
- Martín Quirós, MA. (2009). Psicología del Trabajo, de las Organizaciones y de los Recursos Humanos: un área abierta a la reflexión. Madrid: Pirámide.
- Moscoso S. y Salgado, J. (2002). Análisis del puesto y ocupaciones: Métodos y Técnicas. En L. Sobrado Fernández Orientación profesional: Diagnóstico e inserción sociolaboral. Barcelona.
- Muchinsky, P.M. (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thomson Learning.
- Newstrom, J. (2007). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill.
- Osca, A. (2006). Selección, evaluación y desarrollo de los Recursos Humanos. Madrid: Diaz de Santos.
- Pereda Martín, S. (2008). Psicología del Trabajo: Teoría y práctica. Madrid: Síntesis.
- Robbins, S.P. (2004). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
- Spector, P. (2002). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno.
Competencias1. Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire:
1.1. Aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión dos recursos humanos e o desenvolvemento organizativo.
2. Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
2.1. Traballar individualmente e en equipo.
2.2. Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
2.3. Aprender autónomamente.
2.4. Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
3. Competencias específicas da materia:
Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
3.1. Identificar e comprender a importancia do factor humano no traballo.
3.2. Saber aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos estratexias e procedementos de avaliación e de intervención sobre a conduta humana laboral.
3.3. Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
3.4. Mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que, dende a Psicoloxía do Traballo pódense realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais.
3.5. Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía do traballo e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto da adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para pór en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso os alumnos poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia así como terán que realizar varias lecturas obrigatorias.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por unha banda, as actividades de avaliación continua, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto do seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónÉ obrigatoria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 70% da cualificación final.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase de modo continuo, en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 30%.
Será necesario aprobar a parte do exame ( 5 sobre 10) para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o alumno necesitará unhas 150 horas de traballo de estudo e persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas xa que se trata dunha materia anual cun temario amplo.