G3111103 - Historia Social e das Relacións Laborais (Historia Social e das Relacións Laborais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAs directrices propias do plan de estudos en que se insire a materia Historia Social e das Relacións Laborais asígnanlle o labor do coñecemento básico da evolución da sociedade e dos movementos sociais desde a Revolución industrial ata a actualidade. O carácter formativo da mesma marca a súa relación coas materias do plan tanto da área de sociais (economía e socioloxía) como de humanidades e ciencias sociais (dereito e psicoloxía). A Historia Social e das Relacións Laborais pretende mostrar a xénese e evolución dos principais cambios sociais dotando ao alumnado de capacidade para explicar a relación mutua entre o contexto político, social e económico e cada un dos procesos estudados. As actuais relacións laborais, ámbito profesional dos futuros graduados, non son senón o resultado dun contexto histórico cambiante. Serán os aspectos sociais da evolución histórica os que predominarán nos contidos da materia para lograr un mellor coñecemento da evolución das Relacións Laborais.
ContidosContidos formativos mínimos da materia:
-Fundamentos sociais, políticos e económicos do mundo contemporáneo.
-Os axentes reguladores das relacións laborais ao longo da historia.
-O sistema liberal-capitalista e as súas alternativas.
-Poder político, cultura, sociedade e economía na configuración das relacións laborais.
-Evolución histórica das formas de traballo, de producción, de conflictividade social e das políticas sociais.
Programa da materia
Tema 1. SOCIEDADES PRE-INDUSTRIAIS. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME
1.1. Absolutismo e reformismo ilustrado
1.2. Sociedade estamental
1.3. Economías precapitalistas
1.4. Inexistencia de regulación xurídica do traballo
Tema 2. CONFIGURACIÓN DA SOCIEDADE INDUSTRIAL. O “LONGO” SÉCULO XIX
2.1.Sistema político liberal e apoxeo do nacionalismo
2.2. Liberalismo económico
2.3. Capitalismo industrial, gran capitalismo, colonialismo e imperialismo
2.4. Sociedade capitalista. mobilidade social: de estamentos a clases
2.5. Movemento obreiro
2.6. Formulacións teóricas fronte á sociedade capitalista
2.7.Inicio do regulamento das relacións laborais. da lexislación laboral ao dereito do traballo
Tema 3. A XESTACIÓN DOS MODELOS CONTEMPORÁNEOS DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL
3.1.Ruptura co liberalismo e a democracia: comunismo e fascismo
3.2. Depresión económica a partir de 1929
3.3. Orixe dos sistemas de relacións laborais.
Tema 4. CONSOLIDACIÓN DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS
4.1. A reconstrucción política europea
4.2. Capitalismo e estado de benestar, economías planificadas e economías do terceiro mundo
4.3. sociedade da opulencia
4.4. novos movementos sociais: a loita polos dereitos civís, feminismo, pacifismo, ecoloxismo
4.5. O paradigma da intervención estatal nas relacións laborais. constitución de procedementos estables de regulación laboral
Tema 5. DIVERSIDADE DE SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS E CRISE DO ESTADO DE BENESTAR
5.1. Neoliberalismo
5.2. Os problemas da construción europea
5.3. Crise do modelo socialista
5.4. Nacionalismo, panarabismo e islamismo no mundo musulmán
5.5. O modelo económico neoclásico
5.6. Novas tecnoloxías, economía do coñecemento e globalización
5.7. Desregulación, mobilidade e flexibilidade nos mercados de traballo
Bibliografía básica e complementaria- ADELANTADO, José. (coord.). Cambios en el estado del bienestar. Madrid, Icaria, 2001.
- ALDCROFT, D.H. Historia económica europea, 1914-1980. Barcelona, Crítica, 1989.
- AIZPURU, Mikel y RIVERA, Antonio. Manual de historia social del trabajo. Madrid, Siglo XXI, 1994.
- ARENAS POSADAS, Carlos. Historia económica del trabajo (ss. XIX y XX). Madrid, Tecnos, 2003.
- AROSTEGUI, Julio, et al. El mundo contemporáneo. Historia y problemas. Barcelona, Crítica, 2002.
- ARTOLA, Miguel y PÉREZ LEDESMA, Manuel. Contemporánea. La historia desde 1776. Madrid, Alianza, 2005.
- BERG, Maxine: La era de las manufacturas, 1700-1820. Una nueva historia de la revolución industrial británica. Barcelona, Crítica, 1987.
- BORDERIAS, Cristina, et al. Las mujeres y el trabajo. Rupturas conceptuales. Barcelona, Icaria, 1994.
- BRIGSS, Asa (dir.). Historia de las civilizaciones. El siglo XIX. Madrid, Alianza/Labor, 1989.
- CORIAT, Benjamín. El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa. Madrid, Siglo XXI, 1991.
- DORE, Ronald Philip. Fábrica británica, fábrica japonesa. Los orígenes de la diversidad nacional de relaciones laborales. Madrid, Ministerio de Trabajo, 1989.
- DUBY, George. Atlas histórico mundial. Barcelona, Debate, 1992.
- DUNLOP, J. y GALESON, W. El trabajo del siglo XX. Madrid, Ministerio de Trabajo, 1985.
- FUJII, G. y SANTOS RUESGA, B. (coords.). El trabajo en un mundo globalizado, Madrid, Pirámide, 2004.
- GALÁN GARCÍA, Agustín et al. Materiales para la Historia de las Relaciones Laborales. Madrid, Tecnos, 2003.
- GORDON, D., EDWARDS, R. y REICH, M. Trabajo segmentado, trabajadores divididos. Madrid, Ministerio de Trabajo, 1986.
- HOBSBAWM, Eric. El mundo del trabajo. Barcelona, Crítica, 1987.
- En torno a los orígenes de la revolución industrial. Madrid, Siglo XXI, 1979.
- KINDER, H. e HILGEMMANN, W. Atlas histórico mundial. Vol. 2. Madrid, Istmo, 2006 (21 ed.).
- MARTÍN, Benjamín. Los problemas de la modernización: movimiento obrero e industrialización en España. Madrid, Ministerio de Trabajo, 1992.
- MARTÍNEZ CARRERAS, J.U. Introducción a la historia contemporánea. 2 vols. Madrid, Istmo, 1983.
- MOULIER-BOUTANG, YANN. De la esclavitud al trabajo asalariado. Madrid, Akal, 2007.
- PÁEZ CAMINO, Feliciano y LLORENTE, Pilar. Los movimientos sociales hasta 1914. Madrid, Akal, 1984.
- PIORE, M. y SABEL, CH. F. La segunda ruptura industrial, Madrid, Alianza, 1990.
- PRATT, A., Los salvadores del niño o la invención de la delincuencia. Madrid, Siglo XXI, 1983.
- RECIO, Albert. Trabajo, personas, mercados. Manual de economía laboral. Barcelona, Icaria-Fuhem, 1997.
- RODRIGUEZ LABANDEIRA, M. El trabajo rural en España: 1876-1936, Barcelona, Anthropos, 1991.
- RULE, John. Clase obrera e industrialización. Historia social de la revolución industrial británica, 1750-1850, Barcelona, Crítica, 1990.
- ZAMAGNI, Vera. Historia Económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2002.
CompetenciasCOMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
-Capacidade para traballar individualmente e en equipo.
-Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
-Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
-Aprender autonomamente.
-Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos
-Adaptarse a novas situacións.
-Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
-Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores socioeconómicos.
-Relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva histórica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
-Asimilar reflexivamente os contidos presentados.
-Capacidade para realizar informes orais e escritos sobre aspectos referidos á evolución das relacións e os mercados laborais.
-Capacidade para analizar e sintetizar os determinantes dos cambios nas relacións laborais e no funcionamento dos mercados de traballo.
-Capacidade para interrelacionar as compoñentes social, política, cultural e económica na evolución das relacións laborais.
-Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
-Evaluar criticamente os discursos e obras de investigación histórica relacionados coa historia social e das relacións laborais.
-Ser proactivos aplicando a análise dos acontecementos pasados para a xestión de novas situaciós e resolución de problemas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-Razoamento crítico.
-Aprendizaxe autónomo.
-Compromiso ético co entorno social.
-Comunicación oral e escrita na lingua nativa.
-Capacidade de análise e síntese.
-Capacidade de xestión da información.
-Motivación pola calidade e o esforzo.
-Traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza A materia estrutúrase en dúas sesións de clases teóricas á semana de cincuenta minutos cada unha para todo o grupo, e hora e media de sesións prácticas (aulas interactivas) en grupos reducidos dun máximo de 20 alumnos (a partir da 4ª semana de clase). Cada alumno/-a disporá durante o cuadrimestre de tres horas de titorías de grupos reducidos dun máximo de 10 alumnos, podendo recorrer tamén ás titorías individualizadas (seis horas á semana) durante todo o curso académico.
Nas sesións teóricas o profesor presentará, coa axuda dos medios adecuados en cada caso, a información básica para cada un dos apartados do programa, a partir dos que proporá actividades prácticas utilizando documentos de todo tipo (gráficas, textos, imaxes, etc.). Trátase de conseguir un coñecemento preliminar do alumnado como base para a súa intervención activa e documentada no desenvolvemento das aulas interactivas.
As sesións prácticas (aulas interactivas), de asistencia obrigatoria, inclúen a exposición e comentario dos traballos previamente realizados por cada subgrupo de alumnos constituído de forma aleatoria por 4/5 persoas. As tarefas preparatorias das clases (baixo a dirección do profesor, á que se lle entregará nos días previos un guión da exposición para a súa supervisión), serán de realización obrigatoria e valorarase especialmente a participación do alumno/-a nas discusións. Como parte práctica contemplase tamén a posibilidade de realizar actividades guiadas como asistencia a charlas ou conferencias, exposicións, etc.
Nas titorías de grupos reducidos atenderanse as consultas proactivas do alumnado sobre calquera cuestión relacionada coa materia e daranse orientacións sobre o desenvolvemento do "traballo de curso" que deberán realizar os alumnos dende o inicio das clases ate o día 21 de decembro incluído (data límite para ser avaliados), consistente na recensión crítica dun libro de lectura obrigatoria relacionado coa materia. Nestas sesións o docente poderá solicitar ao alumnado a presentación periódica das súas fichas de lectura da obra a recensionar, para a súa revisión conxunta. Valorarase moi especialmente a asistencia a estas sesións.
Sistema de evaluaciónA avaliación farase de forma continua de maneira que facilite información ao alumno/-a sobre o seu proceso de aprendizaxe e a conveniencia ou non de modificar o seu sistema de traballo. A cualificación final integrará a parte correspondente ao nivel de coñecementos adquiridos sobre os contidos (teoría) e a práctica. Estruturarase da seguinte forma:
-Nivel de coñecementos sobre os contidos (teoría): 5 puntos
-Exercicios e actividades prácticas (aulas interactivas): 3 puntos
-Traballo de curso: 2 puntos
Para superar a materia o alumno/-a deberá:
-Obter polo menos dous puntos e medio (sobre cinco) no nivel de coñecementos (exame). No caso de non acadar esa puntuación mínima, a cualificación final será "suspenso".
-Ter realizado as prácticas programadas durante o curso (asistencia obrigatoria ás aulas interactivas) e obter polo menos un punto e medio (sobre tres). No caso de non ter un mínimo de 80% de asistencia ou de non acadar a puntuación mínima (1,5 puntos), as prácticas non puntuarán (0 puntos) na cualificación final.
-Presentar o traballo obrigatorio establecido para o curso (que poderá consistir na recensión crítica dun libro relacionado coa materia), e obter polo menos un punto (sobre dous) na cualificación dese traballo. Se algún alumno/-a non entregase a recensión crítica antes do 22 de decembro de 2011 ou non acadase a cualificación mínima (1 punto), o traballo non puntuará (0 puntos) na cualificación final.
Para que estas actividades ou calquera outra que se realicen durante o curso, podan ser avaliadas terán que ser realizadas/entregadas na data que para cada unha delas se indique.
Tempo de estudo e traballo persoalCÁLCULO DE HORAS DE TRABALLO E DISTRIBUCIÓN POR TAREFAS:
-Asistencia ás clases teóricas (máximo de 80 alumnos):
Clases impartidas pola profesora, que poden ter formatos diferentes, con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
2 horas/semana x 15 semanas = 30 horas / curso
-Asistencia ás clases interactivas (máximo de 20 alumnos):
Clases nas que se propoñen e resolven aplicacións dos coñecementos impartidos nas clases teóricas e/ou nas que os alumnos/-as expoñerán traballos elaborados en pequenos grupos baixo a dirección da profesora. Utilizaránse medios audiovisuais e informáticos.
1 hora e media/ semana x 12 semanas = 18 horas / curso
-Asistencia ás titorías (máximo de 10 alumnos):
Destínanse principalmente a resolver dúbidas do alumno/-a sobre o traballo obrigatorio de curso e tamén sobre outras cuestións que puideran xurdir relacionadas ca materia.
= 3 horas/curso
-Preparación e realización do traballo obrigatorio de curso:
Cada alumno/-a deberá realizar un traballo obrigatorio por curso que normalmente consistirá na lectura e recensión crítica dalgunha obra relevante para o coñecemento da evolución da sociedade e das relacións laborais. Trátase dun traballo autónomo pero dirixido a través das titorías. Para o curso 2010/2011 a obra seleccionada é a de María Luísa Muñoz Abeledo (2010) que se cita no apartado de sistema de avaliación da aprendizaxe.
=34 horas/curso
-Preparación de traballos para as aulas interactivas:
As actividades que se realicen nas aulas interactivas con grupos reducidos (máximo 20 alumnos) implicarán unha preparación previa e/ou un traballo posterior de síntese e valoración que será realizado en pequenos grupos de 4/5 alumnos/-as.
= 18 horas/curso
-Estudo e repaso periódico dos contidos:
Para poder seguir o desenvolvemento da materia, cada alumno/-a debe dedicar dúas horas semanais ao estudo dos contidos que se vaian vendo na aula.
= 30 horas/curso
-Preparación de exames:
Se o alumno/-a emprega as 30 horas mencionadas antes no estudio continuado da materia, para a organización de ideas e repaso final tan só necesitará 15 horas.
= 15 horas/curso
Realización de exames:
= 2 horas/curso
SÍNTESE DE TAREFAS E HORAS /CURSO
Asistencia ás clases teóricas: 30
Asistencia ás clases prácticas: 18
Asistencia ás titorías: 3
Preparación e realización do traballo obrigatorio de curso: 34
Preparación de traballos para as aulas interactivas: 18
Estudo e repaso periódico dos contidos: 30
Preparación de exames: 15
Realización de exames: 2
Total volume de traballo: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaPara poder seguir o desenvolvemento da materia, cada alumno/-a debe dedicar dúas horas semanais ao estudo dos contidos que se vaían vendo nas aulas. Tamén debe interesarse pola actualidade política, social e económica mediante a lectura regular dos xornais.
ObservaciónsTodos os alumnos/-as deben darse de alta na Aula Virtual. Para iso deben estar en posesión dunha conta de correo-e da USC (poden informarse na aula de informática coa persoa responsable da mesma).