G3111122 - Planificación e Deseño Organizativo (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo principal da materia é introducir o alumnado no complexo mundo da dirección da empresa, con especial fincapé na función de planificación, por canto é precede e senta as bases do resto das funcións directivas. Neste sentido, detallaremos o proceso de planificación, especificando as fases e contidos deste.
Posteriormente, sobre a base de que para poder implantar a estratexia é necesario deseñar a estrutura organizativa máis axeitada, abordaremos o concepto e implicacións da función de organización en xeral, e a estrutura organizativa en particular.
Finalmente, detallaremos as ferramentas e modelos máis utilizados para deseñar a estrutura da organización.
ContidosTEMA 1. INTRODUCIÓN.
1.1 O proceso de dirección.
1.2 A planificación no marco das funcións directivas.
TEMA 2. A DIRECCIÓN ESTRATÉXICA DA EMPRESA.
2.1 As decisións empresariais.
2.2 Tipos de decisión: estratexia.
2.3 Os compoñentes da estratexia.
2.4 O proceso de dirección estratéxica.
TEMA 3. O PROCESO DE PLANIFICACIÓN.
3.1 Os obxectivos da empresa: concepto e tipoloxía.
3.2 A planificación: concepto e tipos de plans.
3.3 A función de control.
3.4 Sistemas de planificación e control.
TEMA 4. A ESTRATEXIA E A ESTRUTURA ORGANIZATIVA
4.1 Concepto de estrutura organizativa.
4.2 Relación entre estratexia e estrutura organizativa.
4.3 Estrutura Primaria.
4.4 Estrutura Operativa.
TEMA 5. A ESTRUTURACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS.
5.1 Partes de da organización.
5.2 Dimensións de deseño organizativo.
5.3 Factores determinantes.
TEMA 6. ESQUEMAS E MODELOS ORGANIZATIVOS.
6.1 Ferramentas de estruturación.
6.2 O estudo de postos de traballo.
6.3 Criterios de departamentalización.
6.4 Formas organizativas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica:
DÍEZ DE CASTRO, J.; REDONDO, C.; BARREIRO, B.; LÓPEZ, M.A (2002) “Administración de Empresas: Dirigir en la Sociedad del Conocimiento”. Ediciones Pirámide.
GARCÍA-TENORIO, J.; GARCÍA, M.Y.; PÉREZ, M.J.; SÁNCHEZ, I.: SANTOS, M.V. (2006): Organización y Dirección de Empresas. Thomson.
IBORRA et al. (2007): Fundamentos de Dirección de Empresas. Thomson Editores, España.
ROBBINS, S. Y COULTER, M. (2.005) : Administración. Prentice Hall- Pearson, México (8ª y 6ª Ed.)
ROBBINS, S. Y COULTER, M. (2.005) : La Administración en el mundo de hoy. Prentice Hall- Pearson, México.
Bibliografía Complementaria:
Bueno Campos, E.; Organización de Empresas. Estructuras, procesos y modelos, Pirámide, Madrid, 1996
CHIAVENATTO, I., Introducción a la Teoría General de la Administración, Mc Graw-Hill, México, 1999
DE LA FUENTE SEBATÉ, J. M. y otros, Diseño organizativo de la empresa, Civitas, Madrid, 2002
HODGE, B. J.; ANTHONY, W. P.; GALES, L. M., Teoría de la Organización. Un enfoque estratégico, Pearson Educación, Madrid, 2003
KOONTZ, H.; WEIHRICH, H. (2004) Administración. Una perspectiva global, Mc Graw-Hill, México, (12 ED)
MINTZBERG, H., La estructuración de las organizaciones, Ariel, Barcelona, 1991
ZERILLI, A., Fundamentos de organización y dirección general, Deusto, Bilbao, 1985
Estes textos poderán ser complementados con outros en función do desenrrolo das clases.
Competencias- Comprensión da natureza sistémica da empresa, a interconexión de cada unha das súas partes e as implicacións destas interrelacións.
- Habilidade para entender a necesidade de integrar os subsistemas funcionais e xerárquicos da empresa para o logro dos seus obxectivos.
- Habilidade conceptual
- Competencia técnica no desenvolvemento da estrutura da organización.
- Utilización e dominio da linguaxe.
- Claridade expositiva.
- Capacidade analítica e sintética.
- Capacidade de busca e elaboración de información.
- Respectarase e introducirá en todo momento a perspectiva de xénero, co que se prentede tamén que o alumnado desenvolva competencias e habilidades neste sentido. Iso implica un amplo elenco de actuacións, dende as máis simples (redacción e exposición con linguaxe non sexista) ata as máis complexas (deseño de postos de traballo con perspectiva de xénero).
Metodoloxía da ensinanza As implicacións e desenvolvemento de obrigas contidas no Proceso de Bolonia marcarán, en todo ou parte, a metodoloxía de ensino empregado. Non obstante, o desenvolvemento docente atenderá as seguintes directrices xenéricas:
1. Leccións teóricas. As clases abordarán, basicamente, o marco teórico da materia. Facilitaranse previamente esquemas mínimos de contido para o efecto de que poida ser revisado, co fin de que as devanditas leccións sexan aproveitadas ao máximo.
2. Clases prácticas. Resolución de casos relacionados con cada tema, así como outras destinadas á elaboración de exercicios con ferramentas de deseño organizativo.
3. Dinámica de grupos. Técnicas grupales para a toma de decisións relacionadas co desenvolvemento da estrutura da organización e a súa comunicación.
4. Exposición de traballos desenvolvidos polo alumnado.
Sistema de evaluaciónNesta materia seguirase un sistema de avaliación continua.
O exame representará un 70% da calificación final (7 puntos) e os casos prácticos, traballos e actividades realizados na clase o 30% restante (3 puntos).
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia a clases facilita en boa medida a comprensión da materia. Así mesmo, os casos e exercicios deben ser realizados conforme avance o desenvolvemento desta, para poder cumprir co seu obxectivo de levar á práctica os contidos teóricos conforme se van introducindo.