G3111202 - Técnicas de Investigación Social (Socioloxía do Traballo e Técnicas de Investigación Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 42.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 76.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAdquiri-lo manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten un correcto e rigoroso plantexamento, recollida, análise e interpretación dos datos, nunha investigación da realidade social e especialmente nunha investigación social vinculada coas Relacións Laborais e os recursos humans.
Contidos1.Introdución ás técnicas de investigación social: elementos e operacións básicas da investigación social.
O método científico e a investigación social. Tipos de investigacións sociais. Exemplos de investigacións sociais. Elementos básicos e fases dunha investigación social. Estatística e Investigación social
2.Técnicas de obtención de datos.
A observación. Os cuestionarios. A entrevista. As fontes documentais.
3.Estatística descritiva.
Variable estatística. Variables cualitativas e cuantitativas. Variables discretas e continuas.Táboas de frecuencias. Representacións gráficas.Medidas de tendencia central. Medidas de dispersión e forma.
4.Indicadores sociais e estatísticas sociolaborais.
Índices simples. Índices complexos. Deflación. Outros indicadores sociais.
5. Análise descritivo da dependencia.
Táboas de continxencia. Medidas de asociación. Regresión lineal. Coeficiente de determinación.
6.Probabilidade e modelos matemáticos para a investigación social.
Resultados dun experimento aleatorio e a súa probabilidade. Variables asociadas a experimentos aleatorios. Distribucións notables.
7. A mostraxe como técnica de investigación social.
Diferentes métodos de mostraxe. Erros na mostraxe. Tamaño da mostra necesaria para estimar unha media ou unha proporción.
8. Probas de decisión na investigación social.
Estimación puntual para medias e proporcións. Obtención de intervalos de confianza. Os tests de hipótese. O nivel de significación.
Prácticas:
Análise de datos.
Regresión e dependencia de variables
Intervalos de confianza.Contraste de hipóteses.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Alcalá, A. (1999). Estadística para Relaciones Laborales. Hespérides.
Martín Guzmán, M.P. y Martín Pliego, F.J. (1989): Curso Básico de Estadística Economica. AC.
Martín Pliego, J. y Ruiz-Maya, L. (1999): Fundamenteos de Inferencia Estadística. AC.
Peña, D. y Romo, J. (1997). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. McGrawHill.
Pulido San Román, A. (1992). Estadística y Técnicas de Investigación Social. Pirámide.
Quesada, V. Isidoro, A. y López, L. A. (1994): Curso y Ejercicios de Estadística. Alhambra.
Sierra Bravo, R. (1995). C. Técnicas de Investigación Social Teoría y Ejercicios. Paraninfo.
Visauta Vinacua, B. (1997). Técnicas de Investigación Social. P.P.U.
Bibliografía complementaria:
Duverger, M. (1996). Métodos de las Ciencias Sociales. Ariel.
García Ferrando, M., Ibañes, J. Y Alvira, F. (1996). El Análisis de la Realidad Social. Métodos y Técnicas de Investigación. Alianza.
Piergiorgio Corbetta (2003). Metodología y técnicas de investigación social. McGrawHill.
Visauta Vinacua, B. (2002). Análisis Estadístico con SPSS para WINDOWS. Volumen I.Estadística Básica. 2ª Edición. McGrawHill.
CompetenciasCapacidade para desenrolar proxectos de investigación no ámbito laboral.
Capacidade para localizar e discriminar as fontes estatísticas que recollen os datos sociolaborais.
Coñecer os problemas que poden resolverse empregando técnicas estatísticas.
Capacidade para aplicar técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación social ao ámbito laboral.
Capacidade para interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
Calcular e interpretar coeficientes que midan o grao de dependencia entre dúas variables e construír a regresión para dúas variables.
Coñecer os conceptos básicos da inferencia estatística.
Capacidade para analizar datos co apoio de software estatístico.
Capacidade para extraer conclusions dos datos analizados, así como para plantexar hipótesis.
Metodoloxía da ensinanza A materia consta de nove créditos anuais, distribuídos en 45 horas de docencia expositiva e 30 horas de grupos reducidos asi como 7,5 horas de prácticas.
As clases teñen unha duración de 90 minutos e desenvólvense na aula asignada facendo uso fundamentalmente da pizarra e de presentacións. Fomentarase a participación dos alumnos nas clases, sobre todo nos aspectos mais prácticos. Así mesmo discutiranse e resolveranse diversos exercicios enunciados en boletíns que serán entregados ao alumno para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para avaliar o aproveitamento do alumnado.
Sistema de evaluaciónHaberá un exame final teórico-práctico consistente na interpretación dunha serie de cuestións ou o desenvolvemento de preguntas de teoría e a resolución de problemas. A este exame daráselle un peso do 75% na nota final da materia.
A evaluación continua levarase a cabo por medio de controles escritos, traballos entregados, asistencia, participación e aproveitamento de clases, titorías e practicas. Esta evaluación suporá o 25% da nota final.
A calificación non será inferior a do examen final nin a obtida ponderándoa con a evaluación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudio individual ou en grupo: 90 horas
Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 25 horas
Lecturas recomendadas:15 horas
Preparación de presentacions orales, debates e similares : 5 horas
O tempo de traballo necesario para superar a materia depende moito dos coñecementos previos e da destreza do alumno. Normalmente, unha hora diaria de estudo e traballo persoal que complemente a asistencia a clases debería resultar suficiente.
Recomendacións para o estudo da materiaPara superar con éxito a materia é necesaria a asistencia ás clases teóricas e prácticas, e a resolución e revisión dos boletíns prácticos entregados na aula ao longo do curso.
Ademais, no programa aparece unha lista de textos recomendados para a materia cos que é posible completar ou ampliar calquera tema.