G3111203 - Informática Aplicada (Materias non adscritas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Laboratorio: 48.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal da materia é conseguir por parte do alumnado un dominio suficiente das aplicacións informáticas no programa Glasof e Microsoft Project de moi frecuente uso no ámbito de xestión das relacións laborais e os recursos humanos.
Contidos1. A Informática no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos (Teoría).
2. Xestión de nóminas: Glasof (Práctica)
- Configuración global da aplicación: interface gráfica. Creación, selección e eliminación de empresas.
- Creación de táboas de: convenios, contratos e traballadores; seguridade social, retencións IRPF.
- Incorporación da información: Incidencias, nóminas, pagos, acumulados de retencións.
- Xestión informática de impresos oficiais: partes, seguros sociais...
- Xestión e presentación de Informes: estatística de informes, gráficos, textos, atributos.
- Outras utilidades: calendario, copias de seguridade, perfís de usuario.
3. Xestión e planificación de proxectos: Microsoft Project (Práctica).
- Características principais: interface da aplicación.
- Xestión de proxectos, tarefas e recursos: asignación de recursos a tarefas e relacións entre as mesmas.
- Ferramentas de diagramación.
- Xestión de táboas, filtros, ordenación e vistas na presentación de proxectos.
- Seguimento do proxecto.
- Comunicación con outras aplicacións informáticas.
Bibliografía básica e complementariaSp NominaPlus 2007 (Guía Práctica). S. de Prado. Anaya Multimedia. 2007.
NominaPlus Elite. Sage. Ideas Propias. 2008.
Gestión de proyectos con Microsoft Project. A. Colmenar. Ra-ma. 2005.
Gestión de proyectos con Microsoft Project 2007. VV.AA. Ra-ma. 2007
Project 2003 – Versión Standard. VV.AA. Eni. 2005.
Project 2003 (Guía Práctica). M. Andrés y E. Yebes. Anaya Multimedia. 2004.
Manual de uso do programa Glasof e curso nóminas con Glasof.
Excel 2010 Anaya Multimedia. Francisco Charte.
CompetenciasXerais:
- Aprendizaxe autónoma.
- Traballo individual e en equipo.
- Localización, análise, síntese e xestión de diferentes tipos e fontes de información,
Específicas:
- Capacidade para realizar por medios informáticos a xestión de nóminas dunha empresa.
- Capacidade para realizar por medios informáticos a planificación e xestión dun proxecto.
Metodoloxía da ensinanza A materia contempla 6 horas de docencia expositiva e 42 horas de docencia práctica interactiva impartida no aula de informática.
Nas sesións de teoría abordaranse os aspectos esenciais da Informática que se achan presentes na xestión das relacións laborais e dos recursos humanos mediante a docencia expositiva por parte do profesor.
As sesións prácticas no aula de informática requirirán unha participación máis activa por parte do alumnado. En cada sesión, o profesor presentará algún aspecto das aplicacións informáticas de traballo e, a continuación, o alumno desenvolverá o seu traballo no aula mediante a realización de distintos exercicios baixo a supervisión do profesor.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación terá unha compoñente de avaliación continua e outra de exame final. O peso de cada avaliación na cualificación do alumno será dun 90% para o exame final e dun 10% para a avaliación continua.
O exame final valorará os resultados da aprendizaxe do alumno. Este exame constará de 2 probas: unha relativa ao uso do programa en Glasof e a realización da nómina en Excel e outra relativa ao uso de Microsoft Project. O peso de cada parte do exame será dun 50%, sendo necesario obter polo menos un 4 (sobre 10) en cada proba para proceder a obter a cualificación do exame final como a media aritmética de ambas as dúas probas.
A avaliación continua valorará o esforzo e o progreso do alumno na aprendizaxe. Para ter dereito á toma en consideración da avaliación continua, o alumno deberá obter polo menos un 5 no exame final e asistir, polo menos, a un 80% das sesións prácticas no aula de informática. A cualificación desta avaliación continua estará baseada na participación activa do alumno no aula, a correcta realización dos exercicios propostos e a titorización individual do alumno.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia contempla ao redor de 100 horas de traballo persoal por parte do alumno. Deben distribuírse principalmente en: elaboración de esquemas e sínteses de contidos; asimilación de contidos conceptuais e procedimentales (como facer); comprensión, análise e realización de exercicios propostos e estudo individual por parte do alumno.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.
ObservaciónsRecoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.