G3111225 - Direción e Xestión de Recursos Humanos (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDiferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos.
Analizar a función do Departamento de Recursos Humanos. Desenvolver e practicar unha metodoloxía para propiciar a implicación do persoal no proxecto empresarial.
Analizar as novas tendencias predominantes na xestión de recursos humanos. Coñecer e reflexionar sobre os principios e conceptos implicados na xestión do capital intelectual.
Coñecer e dominar os conceptos e ferramentas necesarias para favorecer a aceptación e
implicación dos recursos humanos nos cambios estratéxicos.
Identificar e coñecer os comportamentos e relacións que se producen no proceso de captación e as súas implicacións na xestión de recursos humanos
Afondar no coñecemento, deseño, valoración e aplicación dos métodos, técnicas, e ferramentas eficaces para a selección de persoal.
Dominar os conceptos e a terminoloxía propia da análise de postos.
Elaborar identificacións e descricións de postos.
Valorar a aplicabilidade das distintas técnicas de análise ás necesidades informativas da empresa.
Afondar nos distintos sistemas de valoración de postos, analizando as súas vantaxes e inconvenientes e o seu nivel de axuste ás diferentes
.
Valorar a importancia estratéxica da formación empresarial.
Valorar a importancia e aplicabilidade dos sistemas de coaching e mentoring.
Dominar o proceso de identificación do potencial.
Afondar nos conceptos implicados no desenvolvemento dos recursos humanos e nas posibilidades de actuación dende a xestión de recursos humanos
Elaborar programas de formación axeitados ás necesidades empresariais, tendo en conta os principios de aprendizaxe e seleccionando a metodoloxía máis axeitada.
Dominar os procesos de avaliación de rendemento.
Coñecer e avaliar a aplicabilidade e grao de axuste das opcións estratéxicas da política retributiva ao ámbito específico da empresa.
Realizar correctas aplicacións prácticas nas determinacións das estruturas salariais.
Determinar o nivel salarial individual correspondente a diferentes colectivos e individuos
ContidosA disciplina centra a atención na Dirección e Xestión de Recursos Humanos e especialmente na problemática específica de Xestión de Persoal, ofrecendo unha visión global da función e un estudo
pormenorizado de cada unha das actividades que leva consigo:
-A dirección e xestión de persoas: concepto, evolución e influenciadores.
-Análise de postos de traballo
-O plan de empresa. Recrutamento e selección. Contratación. Avaliación do rendemento. Formación e desenvolvemento. Plan de carreira. Valoración de postos de traballo e retribución. Relacións laborais. Xestión da diversidade
TEMA 1: DIRECCIÓN DE PERSOAS.
TEMA 2: TENDENCIAS ACTUAIS NA XESTIÓN DE RECURSOS
HUMANOS.
TEMA 3: O PROCESO DE DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS.
TEMA 4: POSTOS DE TRABALLO
TEMA 5: AVALIACIÓN DO RENDEMENTO E RETRIBUCIÓN.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía recomendada:
DÍEZ DE CASTRO, J; REDONDO LÓPEZ, C. Y OTROS(2002):"Administración de empresas"Dirigir en la sociedad del conocimiento; Ed. Pirámide.
PUCHOL, L.(1997): Dirección y gestión de Recursos Humanos. Ed. Díaz de Santos
ALBIZU GALLASTEGUI, E. y LANDETA RODRÍGUEZ, J. (2001): “Dirección Estratégica de los Recursos Humanos”, Pirámide, Madrid.
ALCAIDE CASTRO, M.; GONZÁLEZ RENDÓN, M. y FLÓREZ
ANDRÉS, M.P. (2001) “Gestión de la Formación en la Empresa”, Pirámide.
ARBONÍES, A.L.; AZÚA, S.; BUENO, E.; CARRILLI, F.J. y VÁZQUEZ, A. (2001) “Cómo Evitar la Miopía en la Gestión del Conocimiento”, Díaz de Santos, Madrid, 2001.
BARRANCO, F.J. (1993) “La Planificación Estratégica de Recursos Humanos del Marketing Interno a la Planificación”, Pirámide.
BASSEYRE DES HORTS, C.H.(1989) “Gestión Estratégica de los Recursos Humanos Ed. Deusto.
BAZTÁN, M. (1990) “Dirección de Personal”, 6ª ed., Ed. Hispano Europea.
BECKER, B.E.; HUSELID, M.A. y ULRICH, D. (2001) “El Cuadro de Mando de RRHH, Vinculando las Personas, la Estrategia y el Rendimiento de la Empresa”, Gestión 2000.
BONACHE, J. y CABRERA, A. (2002) “Dirección Estratégica de Personas”, Prentice Hall.
BUCLEY, R. y CAPLE, J. (1991) “La formación. Teoría y Práctica”. Diéz de Santos.
CUBEIRO, J.C. y FERNÁNDEZ, G. (Coord.)(1996) “Las Competencias: Clave para una Gestión Integrada de los Recursos Humanos”, Deusto, Bilbao, 1996.
DAVENPORT, T.O. (200) “Capital Humano. Creando Ventajas Competitivas a través de las Personas”, Gestión 2000, Barcelona, 2000.
DE LA CALLE DURÁN, M.C. y ORTIZ DE URBINA CRIADO, M. (2004), “Fundamentos de Recursos Humanos”, Prentice Hall.
DOLAN, S.L.; VALLE CABRERA, R.; JACKSON, S.E. y SCHULER, R.S. (2003) “La Gestión de los Recursos Humanos”, McGraw hill.
FERNÁNDEZ RIOS, M. y SÁNCHEZ, JC. (1997) “Valoración de Puestos de Trabajo”, Diez de Santos.
KIRKPATRICK, D.L. (1999) “Evaluación de acciones formativas. Los cuatro niveles”, EPISE.
LEAL, A.; ALFARO, A.; RODRÍGUEZ, L. y ROMÁN, M. (1999) “El Factor Humano en las Relaciones Laborales”, Pirámide.
OLLEROS IZARD, M. (1997) “El Proceso de Captación y Selección de Personal”, Gestión 2000.
PEREDA MARIN, S. Y BERROCAL BERROCAL, F.(2004): “Gestión de Recursos Humanos por competencias”, Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.
PRIETO PASTOR, I.M. (2005) “Gestión del conocimiento para el desarrollo de la capacidad de aprendizaje en las organizaciones”, Universidad de Valladolid.
RECIO, E.M. (1996) “La Planificación de los Recursos Humanos en la Empresa , Hispano Europea.
RIMSKY, T.M. (2005) “Administración de la remuneración total”, McGraw Hill.
ROIG IBAÑEZ, J. (1996) “El Estudio de los Puestos de Trabajo. La Valoración de Tareas y la Valoración del Personal”, Ed. Díaz de Santos.
SAAVEDRA, I. (1998) “Planificación y Selección de Recursos Humanos”, Pirámide.
SABORIDO, I (1996). “Mercado de Trabajo, Reclutamiento y Formación en España”, Pirámide
SÁNCHEZ GARCÍA, J.C. (1997), “Selección de Personal”, 2ª ed., Amarú Ediciones.
SOLÉ, F. y MIRABET, M. (1997) “Guía para la formación en la empresa”, Cívitas.
SULLIVAN, P.H. (2005) “Rentabilizar el capital intelectual. Técnicas para optimizar el valor de la innovación”, Paidos.
ÚBEDA GARCÍA, M. y SABATER SEMPERE, V. (1999) La Gestión del Conocimiento en la Empresa: Implicaciones en la Estrategia de Formación de los Recursos Humanos, pp.
VALLE, R. (1999) “La Gestión de los Recursos Humanos”, McGraw Hill.
CompetenciasContribución a competencias específicas titulación:
- Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos.
- Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos.
Competencias específicas da materia:
-Recoñecemento globalización mercados e influencia en dirección organizacións
-Identificación fontes liderado -recoñecemento importancia motivación. Factores motivación e Proceso
-valoración relevancia función de dirección de recursos humanos
-Identificación actividades de xestión de recursos humanos
-Desenvolvo habilidades relacionadas co desempeño das actividades propias da xestión de recursos humanos
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais, casos prácticos e traballos individuais e en grupo.
O profesorado impartirá os temas do programa en clases presenciais, nas cales se potenciará a participación activa do alumnado. Ademais para favorecer o proceso de aprendizaxe realizaranse actividades académicas dirixidas, desenvolvidas en sesións de traballo en equipo e individual, con metodoloxía como o posicionamento en valores, realización de exercicios, debates e coloquios.
Sesións de traballo en equipo, consistentes na realización de casos prácticos.
Ao finalizar o desenvolvemento de cada tema realízase un Caso Práctico en grupo, que pretende dar unha aplicación inmediata aos coñecementos adquiridos
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación:
Asistencia e participación activa (clases prácticas,casos, exposicións), exame.
Realizarase unha avaliación continua baseada na asimilación axeitada dos contidos do curso e nas exposicións do alumnado. Ademais ao final de cada unidade ou grupo de unidades formularase unha serie de probas de avaliación final de coñecementos e habilidades.
Tempo de estudo e traballo persoalClases teóricas 30
Estudo individual ou en grupo 65
Clases prácticas (clases lousa grupo reducido) e Seminarios prácticos 5
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 20
Lecturas recomendadas 7
Titorías grupo reducido 4
Exames 4
Total horas de traballo presencial na aula 48
Total horas traballo persoal do alumno 102
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendaciones previas: Ter superada a materia “Empresa e
Organizacións”