G3111343 - Dereito de Contratos e Responsabilidade Civil (Elementos Xurídicos para as Relacións Laborais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Acadar un primeiro nivel na preparación de profesionais en relacións laborais cun coñecemento especializado no ámbito do Dereito dos contratos e a responsabilidade civil.
- Proporcionarlle ao estudante unha información e unha formación que,no seu momento. lle permita como profesional, afrontar correctamente problemas reais nos diferentes ámbitos xurídicos.
- Acadar un certo nivel no manexo da linguaxe xurídica propia da meteria.
- Procurar que o alumno se familiarice co manexo de textos legais e xusrisprudenciais relativos a materia
ContidosPrimeira parte: Teoría xeral do contrato
- Concepto, formación,elementos, contido, efectos e ineficacia dos contratos
- Protección dos consumidores
Segunda parte: Estudo dos contratos en especial
- Análise exhaustiva do contrato de compravenda, pola súa importancia económica e xurídica
- Contrato de doazón como paradigma dos actos gratuítos inter vivos
- Outras figuras contratuais: O contrato de arrendamento. Especial referencia aos contratos da LAU. O contrato de prestamo, mandato, sociedade....
Terceira parte: Responsabilidade civil extracontractual
- A responsabilidade civil extracontratualno CC. Responsabilidade subxetiva e obxetiva. Responsabilidade por feito propio e por feito alleo.
a responsabilidade civil extracontractual nas leis especiais. Referencia á responsabilidade por danos causados polos produtos defectuosos.
Bibliografía básica e complementariaDiez Picazo L/ Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil, II, Madrid, Civitas (ultima edición).
Lasarte Álvarez, C., Principios de Derecho civil, t. III, Pons, Madrid (a última edición)
Competencias
CompetenciasO alumno debe alcanzar un nivel de competencia que lle permita:
.- coñecer e familiarizarse cos principios que informan o ordenamiento xurídico na materia contractual ao nivel esixido a un graduado en relacións laborais.
.- illar unha norma ou un conxunto de normas aplicables a un determinado suposto de feito,
- valorar os feitos sociais conforme á norma e contrastar esa valoración coa que deles adoita facer a xurisprudencia ou a doutrina.
- expoñer os problemas e resultados coa debida claridade e sinxeleza.
Metodoloxía da ensinanza .- Co manexo nas clases dos textos legais e xurisprudenciais, analizaranse os contidos mínimos da disciplina, cunha visión práctica dela orientada á preparación dun Graduado en Relaciones Laborais.
.- Fomentarase a participación polarizando a intervención do alunado como representantes das partes nun conflito.
.- Ensinarase a redactar os contratos característicos.
.- Resaltarase a ausencia de respostas unívocas e argumentacións que poderían manterse nos tribunais.
Sistema de evaluación.- Asistencia a aula e participación activa (10 %)
.- Traballos e resolución de casos (30%)
.- Exame final (60%)
Tempo de estudo e traballo persoal.-Estímase necesario un traballo presencial na aula por parte do alumno de 48 horas: aulas teóricas, prácticas e exames
.-Estímase necesario un traballo persoal do alumno de 102 horas: estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas
Recomendacións para o estudo da materia.- Asistencia regular a aula
.- Participación activa dos alumnos na aula
.- Dispor e asistie ás aulas con os materiais recomendados (manuais, lexislación e xurisprudencia)para a correspondente lección
.-Utilizar o horario de titorías para solucionar dúbidas teórico-prácticas