G3111347 - Psicoloxía dos Grupos e Equipos de Traballo (Psicoloxía e Técnicas de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo desta materia é que os alumnos adquiran diversos coñecementos que dende a Psicoloxía dos Grupos e do traballo explican e describen os comportamentos dos individuos cando participan ou interveñen en grupos ou en equipos de traballo. Así mesmo, outro obxectivo é que os alumnos coñezan o manexo dalgunhas ferramentas ou técnicas necesarias para a comprensión do papel e do comportamento do individuo neste ámbito (a través da valoración dos resultados en simulacións, dinámicas de grupo, etc.). Ademais, as propias prácticas que se realizarán ao longo do curso servirán para que o propio alumno sexa consciente das vicisitudes da pertenza e da participación real no grupo e no equipo de traballo
ContidosTema 1. Grupos e Equipos de Traballo.
- Definición
- Características dos grupos e equipos
- Vantaxes e inconvenientes dos equipos de traballo
Tema 2. Tipos de Grupos Laborais.
- Formais-informais
- Comités
- Grupos de discusión
- Círculos de calidade
- Grupos autoxestionados
- Equipos virtuais
- Equipos interfuncionais
- Outros equipos
Tema 3. Estrutura e dinámica dos Grupos Laborais.
- Formación, desenvolvemento e ambiente grupal.
- Estrutura grupal.
Tema 4. Rendemento Grupal
- Rendemento real e potencial dun grupo.
- Facilitación, produtividade e grupos laborais
- Incremento da eficacia nos equipos de traballo
- Disfuncións de Grupos e Equipos de traballo.
Tema 5. Técnicas grupais en contextos organizacionais.
- Técnicas de formación e desenvolvemento do clima grupal.
- Técnicas creativas.
- Técnicas de toma de decisións.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica
Zarco, V. y Rodríguez, A (Directores). 2008. Psicología de los Grupos y de las Organizaciones. Pirámide.
Alcover, C. M. y otros. (2004). Introducción a la Psicología del Trabajo. McGraw-Hill
Gil, F. y Alcover, C. M. (Coordinadores). 2003. Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Alianza Editorial.
Luthans, F. (2008). Comportamiento Organizacional. McGraw-Hill.
Robbins, S. P. (2009). Comportamiento Organizacional. Pearson – Prentice Hall.
Bibliografía Complementaria:
Gil, F. (2007). Prácticas de Psicología de los Grupos: Experiencias. Pirámide
Gil, F. y Alcover, C.M., coordinadores (2003). Técnicas Grupales en Contextos Organizacionales. Pirámide.
Parker, G. M. y Kropp, R. P. (1994). 50 actividades para desarrollar equipos de trabajo autónomos. Editorial Universitaria Ramón Areces.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Traballar individualmente e en equipo.
- Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
- Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
- Expoñer e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
- Aprender autonomamente.
- Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Competencias específicas da materia:
Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
- Identificar e comprender o proceso de formación, desenvolvemento e funcionamento da conduta dos individuos no contexto dos grupos e equipos de traballo e as súas implicacións na consecución dos obxectivos da organización.
- Coñecer os procesos de funcionamento inter e intragrupal.
- Analizar e manexar a dinámica grupal que se produce nos grupos e equipos organizacionais.
- Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
- Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia, así como das técnicas e métodos de aplicación. Para iso o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC.
As clases prácticas serán de varios tipos:
(1) Análise de casos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia.
(2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento contínuo e o afondamento nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por un lado, as actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de traballo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto aos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónValorarase a asistencia ás clases expositivas e interactivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 70% da cualificación final.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase de modo continuo, en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 30%.
Compre ter aprobado a parte do exame ( 5 sobre 10) para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o alumno necesitará unhas cen horas de traballo e estudo persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno teña superada as materia de Psicoloxía do Traballo e de Comportamento Organizacional xa que isto lles permitirá ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextuar os temas impartidos nesta materia.