G3111444 - Avaliación de Riscos Psicosociais e Saúde Ocupacional (Psicoloxía e Técnicas de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 21.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Lugo
- Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Centro: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAo finalizar a materia o alumno deberá:
- Entender os procesos psicolóxicos e de interacción entre o empregado e o seu ambiente de traballo que inflúen na súa saúde ocupacional.
- Coñecer os instrumentos de avaliación e prevención dos riscos psicosociais aos que se enfronta o traballador no ambiente laboral.
Contidos1. A SAÚDE OCUPACIONAL DENDE A PERSPECTIVA PSICOSOCIAL
1.1. Factores psicosociais dos riscos psicosociais.
1.2. Recursos laborais e demandas retadoras.
1.3. Cara a unha concepción de organización saudable.
2. ESTRÉS E BENESTAR PSICOLÓXICO NO TRABALLO.
2.1. Estrés: concepto e medida.
2.2. Factores de risco.
2.3. Repercusións psicolóxicas, físicas e organizacionais do estrés.
2.4. O burnout.
3. VIOLENCIA LABORAL.
3.1. Mobbing, Bullying e supervisión abusiva.
3.2. Causas e factores de violencia ocupacional.
3.3. Incidencia da violencia ocupacional nos distintos postos de traballo.
4. CARGA MENTAL DE TRABALLO.
4.1. Medidas de Mental Workload.
4.2. Vixilancia e atención.
5. A PSICOLOXÍA DA SAÚDE OCUPACIONAL POSITIVA.
5.1. Concepto de psicoloxía positiva.
5.2. As organizacións saudables.
6. INSTRUMENTOS AVALIATIVOS DOS RISCOS PSICOSOCIAIS.
7. PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS.
7.1. Prevención primaria.
7.2. Prevención secundaria.
7.3. Prevención terciaria.
Bibliografía básica e complementaria- Gil-Monte,P. y Peiró, J.M. (1997). Desgaste psíquico en el trabajo: El síndrome de quemarse en el trabajo. Madrid: Síntesis.
- Gil. Monte, P. y Moreno, B. (2007). El síndrome de quemarse por el trabajo (burnout) : grupos profesionales de riesgo. Madrid: Pirámide.
- González de Rivera, J.L. (2005). El maltrato psicológico. Madrid: Espasa-Calpe.
- González-Camino, G. y Osca, A. (2004). Estrés y salud laboral. En A.Osca, (Ed.). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres.
- Institut of Work, Health and Organizations, I-WHO (2004). La organización del trabajo y el estrés. Organización Mundial de la Salud.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill. Capítulo 15. Estrés y salud en el trabajo.
- Martínez Selva, J.M. (2004). Estrés laboral: Guía para empresarios y empleados. Madrid: Pearson Educación.
- Morán Astorga, C. (2005). Estrés, burnout y mobbing: recursos y estrategias de afrontamiento. Salamanca: Amarú D.L.
- Salanova, M. (2009). Psicología de la Salud Ocupacional. Madrid: Síntesis.
- Salanova, M., Cifre, E, Martinez, I. M. y LLorens, S. (2007). Caso a caso en la prevención de los riesgos Psicosociales. Metodología Wont para una organización saludable. Lettera. Bilbao.
- Salanova,M., Martínez, I y Lloréns (2005). Psicología Organizacional Positiva. En Palací, F. Psicología de la Organización. Pearson Prentice Hall. Madrid.
- Tous, J., Carrión, M.A. y López Barón, F. (2008). Promoción de la Salud Ocupacional. Colección Psicosociología de la Salud Ocupacional, 2. AEPA: Mollet del Vallés, Barcelona.
Competencias1. Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
1.1. Traballar individualmente e en equipo.
1.2. Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
1.3. Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
1.4. Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
1.5. Aprender autónomamente.
1.6. Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
2. Competencias específicas da materia:
Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
2.1. Coñecer a influencia das esixencias cognitivas, emocionais, sensoriais e sociais da contorna laboral sobre o traballador.
2.2. Adquirir coñecementos psicolóxicos sobre como poder adaptar esa contorna ao traballador co fin de evitar distintos problemas de saúde.
2.3. Coñecer, e saber aplicar a un nivel básico, algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico ante a aparición de problemas psicosociais no traballo (tensión, violencia...).
2.4. Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc.).
2.5. Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto da adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para pór en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso os alumnos poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia así como terán que realizar varias lecturas obrigatorias. (3) Aplicación de diferentes probas de avaliación de riscos psicosociais.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por unha banda, as actividades de avaliación continua, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto do seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónÉ obrigatoria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 70% da cualificación final.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase de modo continuo, en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 30%.
Será necesario aprobar a parte do exame (5 sobre 10) para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o alumno necesitará unhas 80 horas de traballo de estudo e persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno teña superadas as materias de Psicoloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto permitiralles ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos nesta materia.