
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | ||
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [L] (ADSCRITA)
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Complexo docente do campus de Lugo.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 20/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións …), adquira as competencias necesarias para:
Exercer de xeito axeitado a profesión de Graduado Social.
Intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións.
Asesorar, prestar apoio e emitir dictames no ámbito sociolaboral.
Capacidade para:
Aprender autonomamente. (Categoría 1 MECES).
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información. (Categoría 2 MECES).
Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos. (Categoría 2 MECES).
Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema. (Categoría 3 MECES).
Expor e defender axeitadamente, de forma oral e / ou escrita, asuntos ou temas de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade. (Categoría 4 MECES).
Traballar individualmente e en equipo. (Categoría 4 MECES).
Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos. (Categoría 4 MECES).
Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais. (Categoría 1 MECES).
Coñecer, discriminar e ser capaz de aplicar as normas laborais e de Seguridade social vixente como base para poder asesorar e xestionar en materia de emprego, seguridade social e protección social complementaria. (Categoría 2 MECES).
Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais e socioeconómicos. (Categoría 2 MECES).
Coñecer, comprender e aplicar as normas xurídicas básicas, públicas e privadas, necesarias para o axeitado desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais laborais. (Categoría 2 MECES).
Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos. (Categoría 2 MECES).
Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións. (Categoría 2 MECES).
Analizar e aplicar as normas laborais e da Seguridade social necesarias para actuar como mediador ou árbitro nos conflitos laborais, tanto individuais coma colectivos, ou para ditar laudos en procesos electorais. (Categoría 3 MECES).
Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesaria para apoiar, asesorar e realizar o seguimento de posta en práctícaa de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral. (Categoría 3 MECES).
Identificar, analizar e recoñecer as normas xurídicas laborais e da Seguridade social que permitan a colaboración cos órganos da Seguridade Social e da Administración laboral no desenvolvemento das políticas sociolaborais, así como a súa participación nos procedementos de negociación colectiva. (Categoría 3 MECES).
O acceso ao exercicio da profesión de Graduado Social obtense mediante a acreditación da posesión do título oficial de diplomado en Relacións Laborais, establecido no RD 1429/1990 de 26 de outubro, ou títulos anteriores homologados de Graduado Social. Xunto a iso, a regulación normativa das súas competencias profesionais e a colexiación obrigatoria definen este perfil profesional, plenamente consolidado e cunha longa traxectoria no mercado de traballo. Segundo datos ofrecidos polo Consello Xeral de Colexios Profesionais de Graduados Sociais de España, existen na actualidade máis de 25.000 Graduados Sociais Colexiados, cuxa actuación profesional abranxe o asesoramento do 85% da pequena e mediana empresa
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencia
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Número de prazas de novo ingreso: 65
Demanda do ano anterior: 5.204 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: A nova titulación está aberta a estudantes procedentes das distintas ramas de bacharelato, aínda que, a formación do alumnado máis axeitada é a do perfil de Ciencias Sociais (RD1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e fíxanse as súas ensinanzas mínimas).
As calidades desexábeis do futuro estudante do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos son:
- Interese por aspectos relacionados co mundo laboral.
- Comprensión e análise de textos.
- Boa expresión oral e escrita.
- Capacidade de síntese e argumentación.
- Habilidade para a resolución de problemas e toma de decisións.
- Disposición para o traballo en equipo.
- Constancia e responsabilidade no traballo
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
A formación do alumnado máis adecuada será a do perfil de Ciencias Sociais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: O curso ponte do Grao en Relacións Laborais e Recursos humanos terá unha duración dun curso académico e ofertarase de modo semipresencial, coa posibilidade de cursarlo a tempo completo ou a tempo parcial.
Poderán acceder os diplomados en Relacións Laborais, en Graduado Social ou os graduados sociais diplomados. Os titulados estranxeiros deberán ter o seu título convalidado en España.
Na modalidade para diplomados en Relacións Laborais haberá que cursar as seguintes materias:
- Dereito Administrativo II: procedemento e recursos administrativos. OB (6 créd.)
- Comportamento organizacional. OB (6 créd.)
- Dereito da Seguridade Social II. OB (6 créd.)
- Selección, avaliación e desenvolvemento de persoal. OB (6 créd.)
- Planificación e valoración de cadros de persoal. OB (6 créd.)
- Traballo fin de grao. OB (10 créd.)
Na modalidade para diplomados en Graduado Social e graduados sociais diplomados haberá que cursar as seguintes materias:
- Dereito Administrativo II: procedemento e recursos administrativos. OB (6 créd.)
- Comportamento organizacional. OB (6 créd.)
- Selección, avaliación e desenvolvemento de persoal. OB (6 créd.)
- Planificación e valoración de cadros de persoal. OB (6 créd.)
- Dereito Societario. OB (6 créd.)
- Dereito Tributario. OB (6 créd.)
- Facenda pública: réxime fiscal da empresa. OB (6 créd.)
- Dirección e xestión de recursos humanos. OB (6 créd.)
- Prácticas de Dereito do Traballo. OB (9 créd.)
- Traballo fin de grao. OB (6 créd.)
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Para poder inscribirse no Traballo de Fin de Grao o estudante deberá de superar 150 créditos de carácter obrigatorios. De acordo cos obxectivos establecidos nesta materia, de carácter obrigatoria, os estudantes deberán realizar e presentar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo dos catro anos de estudos. O Centro fará cada curso unha oferta de traballos/titores.
Prácticas en empresas: Consonte o art. 12.8 do RD 1393/2007 poderán ser recoñecidos até un máximo de 6 ECTS.
Plan de Acción Titorial:
Cada ano o Centro organiza xornadas específicas respecto ás saídas profesionais. O estudante en prácticas dispón dun titor académico e outro na institución de acollida. A través das páxinas web dos Centros, da pantalla dixital e dos taboleiros de anuncios o estudante dispón de información completa de todo aquilo que poida afectar a súa vida académica e futuro profesional.
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: O Centro conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é autorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida. Nestes profesores recaen a responsabilidade de localizar e analizar titulaciones e plans de estudo doutras Universidades, co obxecto de descubrir similitudes que permitan realizar os intercambios só con aquelas titulacións cuxos contidos se axustan a esta.
A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo director, a responsable da UAGCD (Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos) e os/as coordinadores académicos, de acordo cos criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable