Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Centros
  4. »
  5. Escola Universitaria de Relacións Laborais (Santiago)
  6. »
  7. Presentación

Escola Universitaria de Relacións Laborais

Escola Universitaria de Relacións Laborais

Enderezo

Campus Sur.
15782 Santiago

Web: http://www.usc.es/rlaborais_stgo
Correo electrónico: zreldeca@usc.es
Fax: 981524338
Teléfono con extensión: 981563100-15126
Teléfono con extensión: 981563100-15125

Ir á Web propia

Benvida

Esta guía é o resultado do esforzo realizado por diferentes persoas pertencentes á USC. Quixera, en primeiro lugar, deixar constancia do meu recoñecemento á labor realizada e solicitar a comprensión dos seus usuarios ante os posibles erros ou omisións que puidesen detectar. Trátase dun documento no que se tenta transmitir, dun xeito actualizado, aquela información que consideramos de interese tanto para os alumnos como para calquera outra persoa que pretenda coñecer o noso centro e a titulación nel impartida. Nese senso, consideramos que este é un instrumento imprescindible e por iso poremos o noso máximo interese na mellora dos seus contidos e na súa permanente actualización. Nembargantes, para cumprir axeitadamente a súa función, sería extraordinariamente importante que as posibles suxestións dos seus usuarios chegasen ata nós, xa que estamos convencidos que ninguén mellor co destinatario da información pode descubrir as carencias e aportar as posibles solucións para resolvelas.

Quixera aproveitar esta oportunidade para, en nome de todo o persoal, dar a benvida ós nosos estudiantes e moi especialmente a aqueles que por primeira vez se incorporan ó centro e manifestar a nosa dispoñibilidade para traballar na mellora non só desta guía senón de todos aqueles procesos que redunden en beneficio da Escola.


Agardando que vos sexa de utilidade, recibide un cordial saúdo.

Santiago de Compostela, novembro 2007
Juan J. Ares Fernández

O Director





BREVE HISTORIA DA E.U. DE RELACIÓNS LABORAIS

As Escolas Sociais, denominación utilizada para referirse ás actuais Escolas Universitarias de Graduados Sociais/Relacións Laborais ata a súa incorporación á Universidade, creáronse por R.D. de 17 de agosto de 1925 do Ministerio de Traballo, Comercio e Industria co obxecto de formar ós seus funcionarios, técnicos e directivos nas técnicas laborais e sociais.

A Escola de Santiago de Compostela creouse no ano 1942 como "Seminario de Estudios Sociales" e por O.M. de 28 de xuño de 1946 converteuse , dende o 1 de xaneiro de dito ano, en Escola Social.

O R.D. 921/1980 de 3 de maio (B.O.E. de 17 de maio) que regula a ordenación das ensinanzas de Graduado Social e os Centros que as imparten establece na disposición adicional segunda a equivalencia do Título de Graduado Social co de Diplomado Universitario.

O R.D. 1524/1986 de 13 de xuño (B.O.E. de 28 de xullo) supón a incorporación á Universidade das Ensinanzas de Graduado Social. Dende ese momento o título de Graduado Social Diplomado adquire pleno valor universitario e comenza un longo proceso de incorporación das Escolas Sociais existentes nas correspondentes Universidades.

O Decreto 285/1989 de 16 de Decembro (B.O.E. de 5 de xaneiro de 1990) supuxo a asunción pola Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Administración do Estado en materia de ensinanza de Graduado Social en Santiago de Compostela. Deste xeito, rachábase a tradicional dependencia do Ministerio de Traballo que, como as restantes Escolas españolas, mantivera, dende o seu nacemento, a de Santiago.

O Decreto 241/1991 de 4 de xuño (D.O.G. de 18 de xullo) polo que se integra a Escola de Graduado Social de Santiago na Universidade de Santiago de Compostela, supón a conversión do centro en Escola Universitaria de Graduados Sociais e a súa definitiva incorporación a dita Universidade.

O R.D. 1429/1990 de 26 de Outubro, polo que se establece o título universitario oficial de Diplomado en Relacións Laborais e as directrices xerais propias dos plans de estudios conducentes á obtención daquel, é o inicio do proceso que continuaría, na Escola de Santiago, no ano 1993, coa publicación do Plan de Estudios para a obtención do título de Diplomado en Relacións Laborais. o que suporía á incorporación gradual da diplomatura en Relacións Laborais e á desaparición, do mesmo xeito, da diplomatura de Graduado Social.

Dende xullo de 1999, de ácordo co Decreto 216/1999 do 15 de xullo (DOG do 26 de xullo), a denominación oficial do Centro é a de Escola Universitaria de Relacións Laborais da USC.


Benvida

da Lei Orgánica do Poder Xudicial, na súa redacción de 8 de novembro de 1994, establece que

"En los procedimientos laborales y de Seguridad Social la representación podrá ser ostentada por Graduado Social (enténdase tamén Diplomado en Relacións Laborais) colegiado, al que serán de aplicación las obligaciones inherentes a su función, de acuerdo con lo dispuesto en su ordenamiento jurídico profesional y en el presente Título, y especialmente lo dispuesto en los artículos 187, 437.2 y 442 de esta Ley"

Deste xeito, a actuación dos Graduados Sociais/Relacións Laborais ante os órganos xurisdiccionais da orde social queda plenamente consolidada polo disposto nesta lei.

O exercicio libre da profesión precisa da colexiación previa nalgún dos Colexios profesionais para isto será preciso estar en posesión, como título académico habilitante, ben da diplomatura en Relacións Laborais, ben da diplomatura en Graduado Social.

Unha importante cuestión, que abre multitude de dubidas, é a relación entre a Diplomatura en Relacións Laborais e a anterior Diplomatura en Graduado Social, sobre todo no que respecta ó perfil profesional de amba-las dúas titulacións.

Dende o punto de vista do valor da titulación a equiparación é completa. Segundo a Disposición Adicional do Real Decreto 1429/1990, "los efectos propios del título de Diplomado en Relaciones Laborales establecido por este Real Decreto se predicarán asimismo del actual título universitario de Graduado Social Diplomado". Esta equiparación foi reiterada polo Real Decreto 1954/1994, de 30 de setembro (BOE de 17 de novembro), cuxo Anexo, que conten o catálogo de Títulos Universitarios Oficiais, establece a homologación do título de Graduado Social Diplomado co de Diplomado en Relacións Laborais. Xa que logo, a Diplomatura en Relacións Laborais sería a "herdeira" da antiga de Graduado Social. Esta sucesión foi aceptada, e dende este punto de vista fálase de que a partir de 1990 existirá una dobre denominación para unha mesma realidade "Graduado Social" para o profesional exercente, e "Diplomatura en Relacións Laborais" para a titulación que permite acceder a tal exercicio. Sería unha relación equivalente á existente entre a profesión de avogado e a licenciatura en Dereito. Unha especie de relación de especie a xénero, na que o colectivo de Diplomados en Relacións Laborais poderá acceder a profesión de Graduado Social, e será esta titulación a que habilite para o exercicio desta profesión.

Para calquera información relativa á Colexiación pódese acudir a calquera dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais. En Galicia existen, na actualidade, tres Colexios que a seguir se relacionan


COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE A CORUÑA
Presidente Juan Emilio Fariza Pérez
Dirección José Luis Bugallal y Marchesi, A - 5 -1º (C.P. 15008) A Coruña
Teléfono (981) 15.18.76 Fax nº (981) 23.44.04
Correo electrónico plain: colegio@graduadoscorun.org

COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE LUGO
Presidente D. José Luis Valcárcel Yañez
Dirección plain: Praza de Alicante, 13 - entrechán - (C.P. 27004) LUGO
Teléfono Fax nº plain (982) 21.15.03 en horario de tarde

COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE VIGO
Presidente D. José María Corujo Seguido
Dirección Alfonso X El Sabio, 3 -1º - (C.P. 36211) VIGO - PONTEVEDRA
Teléfono (986) 20.09.18 Fax nª (986) 29.86.00
Correo electrónico co-graduados-po@ctv.es


EXERCICIO PROFESIONAL NA EMPRESA

No ámbito da empresa, pública e privada, o destino do diplomado en Relacións Laborais é a prestación de servicios nos departamentos de Persoal e Recursos Humanos, ben desempeñando labores de dirección en aqueles, ben cumprindo funcións e tarefas propias da súa profesión.

Esta saída profesional, non só se deduce do perfil recoñecido polo R.D. 1429/1990, senón que, tradicionalmente, ven sendo desempeñada polos graduados sociais. Así, e como dato significativo, enténdese que, na actualidade, o 60% dos membros da Asociación Española de Directores de Persoal (AEDIPE) sexan diplomados en Graduado Social ou en Relacións Laborais.

Algunhas das funcións a desenvolver, dada a súa especialización, polos diplomados nun departamento de persoal serían:

Confección de nóminas e Seguros Sociais.
Trámites relativos a accidentes de traballo e enfermidades profesionais, maternidade e situacións de I.L.T.
Desenvolvemento de políticas formativas.
Determinación de escalas salariais.
Valoración dos postos de traballo.
Valoración de persoal.
Estudio de postos de traballo.
Deseño de programas de acollida.
Organización dos servicios e da política de Acción Social.
Estudio, preparación e negociación de convenios colectivos.
Representación da empresa ante organismos públicos Dirección Provincial de Traballo, Inspección de Traballo, UMAC, xulgados do Social ....
Relacións cos sindicatos.
Colaborador ou membro do Comité de Seguridade e Hixiene .
Estudio e elaboración de contratos de traballo.
Análises de métodos de traballo.

A capacitación do diplomado para o desempeño das funcións citadas apóiase nos coñecementos adquiridos nas distintas materias do plano de estudios e , en particular, nas seguintes

Dirección e Xestión de Persoal.
Organización e Métodos de Traballo.
Prácticas de Empresa.
Socioloxía da Organización e da Empresa.
Dereito do Traballo.
Dereito da Seguridade Social.
Prácticas de Dereito do Traballo e Seguridade Social.
Seguridade e Hixiene no Traballo e Acción Social na Empresa.


EXERCICIO PROFESIONAL NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

O diplomado en Relacións Laborais pode acceder, previa superación das correspondentes probas (oposición, concurso, ou concurso-oposición) a calquera das Administracións Públicas, para realizar as funcións propias da súa especialidade. Aínda que na Administración española non existe un corpo específico de Graduados Sociais/Relacións Laborais, os nosos titulados poden optar por calquera das probas que dan acceso ós diferentes corpos ou escalas nas que se esixa un título universitario de primeiro ciclo. En particular, dada a súa especialización, citaremos aquelas oposicións mais adecuadas ó perfil do diplomado en Relacións Laborais.

Controladores Laborais.
Xestión de Emprego do INEM.
Xestión da Administración da Seguridade Social.

As convocatorias desta oposicións son de ámbito nacional e a súa periodicidade pode ser anual.

É posible tamén, dentro da Administración Pública, acceder a diversos corpos no ámbito da Ensino. Nos últimos tempos, os diplomados en Relacións Laborais atopan abertas novas portas neste campo . Na actualidade, teñen acceso os seguintes corpos:

Profesores de Escola Universitaria, en materias propias da súa área de coñecemento.
Profesores Técnicos de Formación Profesional.
Profesores de Ensino Secundaria, na especialidade Administrativa e Comercial en particular, para impartir "Formación e Orientación Laboral".
    
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto