G3171121 - Fundamentos de Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Comprender criticamente a natureza do Traballo Social como profesión e como disciplina, e as súas relacións coas diversas Ciencias Sociais
• Identificar os principais grupos de persoas atendidas, tipos de problemas e de respostas, e espazos nos que se desenvolve o Traballo Social nunha sociedade diversa.
• Recoñecer os puntos de contacto e as diferenzas con outras profesións de axuda, da educación e a animación, e coa actividade voluntaria.
• Coñecer e ser capaz de analizar a relación entre as políticas institucionais, as esixencias legais e os límites profesionais no desenvolvemento do Traballo Social
Contidos• O Traballo Social no contexto das Ciencias Sociais. Epistemoloxía, coñecemento, teoría e práctica.
• Natureza, obxecto, fins e obxectivos.
• Elementos constitutivos do Traballo Social: clientes, traballadores/as sociais e os marcos de acción.
• Principios filosóficos e éticos.
• Ámbitos de intervención, competencias e funcións dos traballadores/as sociais.
• A interdisciplinariedade.
• O método en Traballo Social e principais modelos metodolóxicos. Técnicas
Bibliografía básica e complementariaBásica:
DE ROBERTIS, Cristina (2003); Fundamentos del trabajo social. Ética y metodología ; Valencia; Nau Llibres
FERNÁNDEZ GARCÍA, T (Coord), Fundamentos del Trabajo Social, (Col Política Social Servicios Sociales); Madrid; Alianza
MORÁN CARRILLO; José María (2006); Fundamentos del Trabajo Social. Trabajo social y epistemología; Valencia; Tirant lo Blanch
RICHMOND, Mary Ellen (1996) (e.o.1922) El caso social individual; Madrid; Talasa
Complementaria:
ACERO SÁEZ, Cándida (2002) “Teorías aplicadas en la práctica del TS” en Rev. Trabajo Social Hoy nº35 y 36
ALAYÓN, Norberto (1981) Definiendo al Trabajo Social; Buenos Aires; Hvmanitas
ÁNDER-EGG, Ezequiel (1992) Introducción al Trabajo Social; (Col Acción Social ); Madrid; Siglo XXI de España Editores S.A.
ARAMBARRI ESCOBEDO, Pedro (2002) “Viaje al país de la metodología”; Rev Servicios Sociales y Política Social nº57
ASAMBLEA GENERAL DE COLEGIOS OFICIALES DE DTS Y AASS (1999) Código Deontológico de la Profesión de Diplomado en Trabajo Social; Madrid; Consejo Gral de Colegios Oficiales de DTS.
BIESTEK, Felix (1066) Las relaciones de casework; Madrid; Aguilar
COLOMER, Montserrat (1973) “Esquema del método de trabajo social” en RTS Nº75
DE LA RED, Natividad (1993) Aproximaciones al Trabajo Social; Madrid; Siglo XXI
ESCARTÍN CAPARRÓS, M.J (1992) Manual de trabajo social: modelos de práctica profesional; Alicante; Aguaclara
ESCARTÍN CAPARRÓS, M.J. e SUÁREZ SOTO, Esperanza (1994) Introducción al Trabajo Social: Historia y Fundamentos teórico-prácticos; (Col Amalgama); Alicante; Aguaclara
FERNÁNDEZ GARCÍA, T; ALEMÁN BRACHO, C. (Coords)(2003) Introducción al Trabajo Social; (Manuales Ciencias Sociales); Madrid; Alianza
GARCÍA ALBA, J; MEILÁN MEILÁN, J.R. (1993) Hacia un nuevo enfoque del Trabajo Social; Madrid; Narcea
HEALY, Karen (2001) Trabajo Social: Perspectivas Contemporáneas; (Colección Educación Crítica); Madrid; Morata S.L.
HILL, Ricardo (1992) Nuevos paradigmas en Trabajo Social: lo social natural; (Col. Trabajo Social); Siglo XXI de España; Madrid
HOWE, David (1999) Dando Sentido a la Práctica: Una introducción a la Teoría del Trabajo Social; Granada; Maristán
KISNERMAN, N. (1985) Introducción al Trabajo Social; (Col. Teoría y Práctica); Buenos Aires; Hvmanitas
LASCORZ FUMANAL, Aurelio (1998) “Modelos de intervención en TS” en Revista Área Social nº1
MAROTO SÁEZ, Angel Luis (2000) “Endocalidad en Trabajo Social. Gestionar la propia vida” en Trabajo Social Hoy nº28
MARTÍNEZ, Mª José (Coord) (2000) Para el Trabajo Social: Aportaciones teóricas y prácticas; Granada; Maristán
MOIX MARTÍNEZ, M. (1991) Introducción al Trabajo Social; Madrid; Trivium
OLZA ZUBIRI, Miguel e HERNÁNDEZ ARISTU, Jesús (Comps) (2002) Trabajo Social: Cuestiones sobre el qué y el cómo. Zaragoza; Certeza
PAYNE, MALCOLM (1995) Teorías contemporáneas del trabajo social; Barcelona; Paidós
RANQUET MATHILDE (1996) Los modelos en trabajo social: Intervención con personas y familias; Madrid; Siglo XXI
RUBÍ, Carmen (1989) Introducción al trabajo social; Barcelona; Llar del Libre
SALCEDO MEGALES, Damian (2000) “La evolución de los principios del Trabajo Social” en Acciones e Investigaciones Sociales; nº11;
VISCARRET, JUAN JESÚS (2007) Modelos y métodos de intervención en Trabajo Social; Madrid; Alianza
VVAA (2003) “Un intento de reflexión sobre la ciencia y praxis del Trabajo Social” Rev.Servicios Sociales y política Social, nº62
ZAMANILLO, Teresa; GAITÁN, Lourdes (1991) Para comprender el TS
CompetenciasXenéricas:
. Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
. Ter desenvolvidas as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Específicas:
. Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión
. Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Transversais:
. Capacidade de análise e síntese
. Capacidade de comunicación oral e escrita
. Capacidade de razoamento crítico
. Capacidade de aprendizaxe autónoma
. Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada combina a docencia expositiva e interactiva e o traballo persoal do/a alumno/a fóra da aula, o que permite a súa aprendizaxe autónoma.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; traballo con soportes audiovisuais; exposición/presentación de información; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesórase ao alumnado para a realización das actividades conducentes a desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua e a realización dun exame escrito no que se valoran os coñecementos adquiridos.
A avaliación continua tén un peso do 40% (4 puntos) sobre a cualificación global (10 puntos), correspondendo ó exame escrito o 60% (6 puntos).
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E A SUA CORRESPONDENTE PUNTUACIÓN MÁXIMA
- Exercicios sobre textos, soportes audiovisuais, etc: 2,5 ptos.
- Elaboración dunha unidade didáctica: 1 pto.
- Exposición da unidade didáctica: 0,5 ptos
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e esta ausencia estea xustificada, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos ou exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Neste caso poden presentarse posteriormente á convocatoria ordinaria, para ser computados na convocatoria extraordinaria. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na “Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior” (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida a dispensa, poderá compensar a realización de tarefas na aula coa elaboración dun traballo de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada.
Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado, e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
Total: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para situar o alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódica coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese.