Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

991301 - Prácticum (3º CURSO) - Curso 2011/2012

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Campus Norte
    • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
    • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
    • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    Besada Agra, Lourdes.SI
    García Álvarez, Purificación.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS XERAIS
    - Posibilitar a integración teórico-práctica.
    - Acadar experiencia na relación e o trato cos usuarios/as para o desenvolvemento dos procesos de intervención e na xestión de recursos sociais.
    - Acadar experiencia no seguimento e avaliación dos procesos de intervención.
    - Intervir, segundo proceda, en todo o referente ó campo de prácticas.
    - Coñecer e acadar experiencia no deseño, desenvolvemento e avaliación nos procesos de intervención social.

    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
    - Acadar a integración positiva do alumno/a nas dinámicas do centro e se é o caso, no seu equipo técnico.
    - Coñecer e desempregar as funcións propias do traballador social.
    - Coñecer a organización e o funcionamento da institución e/ou servizo.
    - Coñecer e analisar a realidade obxecto de intervención.
    - Aplicar a metodoloxía do traballo social na realidade concreta.
    - Utilizar as técnicas e os instrumentos específicos de cada nivel de intervención profesional segundo as posibilidades do servizo.
    - Coñecer e actualizar a lexislación relativa ao ámbito de actuación da institución ou servizo.
    - Coñecer e actualizar os recursos sociais da rede de atención na área de intervención do servizo.
    - Cumprir a deontoloxía profesional.
    Contidos
    A) Previo á incorporación do alumno/a na institución e/ou servizo desenvolveranse na Escola de Traballo Social sesións de análise e reflexión que versarán sobre os seguintes contidos:
    Soportes documentais.
    Pautas para a incorporación ao servizo e do sistema de seguimento e supervisión do alumno/a.
    Pautas para a presentación do Informe do Practicum.
    Protección de datos e segredo profesional.
    Etc.

    B) Actividades a desenvolver na institución e/ou servizo:

    1- De coñecemento e análise da realidade:
    . Análise da bibliografía e fontes documentais relativas ao campo de prácticas.
    . Análise da institución e/ou servizo.
    . Estudio das características da zona de influencia do servizo.
    . Coñecer os recursos do centro e os seus procedementos.
    . Coñecer os recursos sociais existentes nese campo.
    . Coñecer a rede de servizos no ámbito de actuación do centro.
    . Estudio das intervencións levadas a cabo cos usuarios atendidos no servizo.
    . Participación en estudios ou investigacións desenvolvidas desde o servizo.

    2- De programación e planificación:
    . Elaboración do programa do Practicum en función das características da institución ou servizo.
    . Participación ou deseño dos programas e proxectos que se leven a cabo no servizo.
    . Deseño dun programa ou proxecto de intervención social.

    3- De intervención:

    . A nivel individual e familiar:
    - Contacto e atención directa ás persoas nas situacións que plantexen.
    - Ler e analisar toda a documentación e protocolos relacionados coas intervencións.
    - Observación das situacións presentadas e plantexamento do estudio psicosocial.
    - Información, orientación e xestión, se procede, de recursos sociais.
    - Asesoramento e apoio social promocionando recursos persoais e sociais.
    - Estruturación da relación de traballo co cliente (tempos, lugares, obxectivos, tarefas,...).
    - Deseñar, desenvolver e avaliar procesos de intervención social.
    - Crear e potenciar as redes primarias de apoio aos usuarios posibilitando novas oportunidades.
    - Tratamento social continuado.
    - Xestión de recursos sociais.
    - Seguimentos das intervencións que así o precisen.
    - Organización e realización de visitas ao domicilio.
    - Coordinación coa rede profesional e/ou de servizos que interveñan e/ou colaboren no tratamento.
    - Reunións cos profesionais do propio servizo e doutros servizos cos que se manteña contacto.
    - Consulta, derivación e canalización a outros servizos.

    . A nivel grupal:
    - Promoción e formación de grupos de autoaxuda, de caracter socioterapéutico,...
    - Organización e apoio aos grupos existentes.
    - Delegación de responsabilidades aos grupos xa en marcha, como eixe principal da participación activa.
    - Observación da dinámica grupal e participacion activa nos grupos.

    . A nivel comunitario:
    - Promoción e colaboración en proxectos comunitarios.
    - Fomento do movemento asociativo e apoio na súa constitución.
    - Asesoramento e apoio ás asociacións e grupos da comunidade no desenvolvemento dos seus fins.
    - Coordinación entre os axentes comunitarios.
    - Promoción de novos recursos na comunidade.

    4- De documentación:
    . Deseño e cumprimentación do diario de campo e da folla de rexistro de actividades diarias.
    . Cumprimentación de documentos utilizados no servizo, en especial a ficha social, a historia social, o informe social,...
    . Recopilación da documentación empregada no servizo.
    . Cumprimentación dos documentos administrativos precisos para a intervención.
    . Cumprimentación de documentos estandarizados (subvencións públicas e/ou privadas).

    5- Transversais e/ou complementarias:
    . Asistencia e/ou participación en actividades formativo-educativas, que favorezan a adquisición de coñecementos (cursos, mesas redondas, conferencias,...).
    . Actividades de difusión cultural (visitas a museos, lugares de interese, cidades patrimonio histórico e cultural,...).
    . Actividades lúdicas, físico-deportivas e ó aire libre (esparcemento, xogos, deportes, conmemoracións, festas populares,...).
    . Actividades artístico-ocupacionais (cine, teatro, pintura, fotografía, canto, macramé, esmaltes,...).
    Actividades que abren ós centros/servizos á comunidade (xornadas de portas abertas, encontros de familias,...).

    Bibliografía básica e complementaria
    Besada, L., Castro, M.J. (2010). Normativa Básica en Materia de Servizos Sociais. Santiago de Compostela: Andavira.
    VV.AA (2010). Manual de Orientación para o Practicum en Traballo Social. Santiago de Compostela: Andavira.

    Competencias
    CAPACIDADES XENÉRICAS
    . É capaz de analisar a realidade obxecto de intervención: da institución e/ou servizo, do seu ámbito de actuación,...
    . É capaz de xestionar a información e o manexo dos recursos do centro e os seus procedementos.
    . É capaz de organizar e de planificar tarefas no servizo.

    CAPACIDADE PARA DESEMPREGAR COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
    . É capaz de valorar e traballar conxuntamente co cliente: estruturar a relación de traballo, o diagnóstico e planificación das intervencións, o tratamento social continuado, a coordinación e colaboración coa rede social, e a canalización e derivación cando sexa preciso.
    . É capaz de elaborar e manexar documentación específica: ficha social, historia social, informe social,...
    . Adquiriu os conceptos necesarios para realizar tarefas de información, orientación, asesoramento e apoio social as persoas e as suas familias, e valorar e xestionar a aplicación de recursos sociais.
    . É capaz de participar co equipo nas intervencións e nas reunions de traballo.
    . É capaz de valorar e traballar as necesidades e circunstancias dos grupos, organizacións e comunidades.
    . Adquiriu os conceptos necesarios para realizar tarefas de información, orientación, asesoramento e apoio social a grupos, organizacións, comunidades e profesionais da rede, plantexando os recursos sociais para orientar unha estratexia de intervención.
    . É capaz de deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social.
    . É capaz de promocionar, organizar, apoiar e colaborar cos grupos, organizacións, comunidades e profesionais da rede.
    . É capaz de implementar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con grupos, organizacións e comunidades, coordinando aos axentes comunitarios.
    . É capaz de participar en actividades transversais: formativo-educativas, de difusión cultural, artístico-ocupacionais, lúdicas,...
    Metodoloxía da ensinanza
    - Estancia nun centro de servizos sociais baixo a titoría dun traballador social.
    - Establecemento de supervisións personalizadas periódicas:
    . Realizaránse na Escola de Traballo Social un total de 5 supervisións, salvado que circunstancias específicas aconsellen modificar este número.
    . O alumno/a presentará na supervisión a documentación e o material previamente indicado pola profesora- supervisora.
    - Seguimento dos alumnos/as a través da coordinación cos/as profesionais responsables.
    - Contacto directo cos/as profesionais, o que implica o desprazamento da profesora-supervisora da Escola de Traballo Social ao servizo onde o alumno/a realiza as prácticas.
    - Elaboración dun informe do prácticum por parte do alumno/a, que recollerá a experiencia teórico-práctica desenvolvida durante a súa estancia no servizo e/ou centro.
    Sistema de evaluación
    - Cumprimentación do protocolo de avaliación, por parte dos profesionais, traballadores sociais responsables do alumno/a, en base ós seguintes aspectos:
    . Coñecemento do campo de prácticas
    . Coñecemento do centro e/ou servizo.
    . Manexo das fontes documentais.
    . Intervencións desenvolvidas: a nivel individual e/ou familiar, a nivel grupal e a nivel comunitario.
    . Asistencia e/ou participación en: reunións, proxectos e estudios que se leven a cabo desde o servizo.
    . Asistencia e/ou participación en diversas actividades (de difusión cultural, formativo-educativas, artístico-ocupacionais,...)
    . Capacidades e habilidades profesionais.
    . Actitudes: responsabilidade, iniciativa, respecto, interese profesional, madurez emocional.
    . Integración no centro e/ou servizo.
    - Valoración do informe do practicum, realizado polo alumno/a, por parte do equipo de profesoras-supervisoras da Escola de Traballo Social.
    - Responsabilidades do alumno/a a ter en conta na avaliación:
    . Cumprimento do horario respectando a puntualidade no servizo.
    . A asistencia a actividades complementarias de formación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: prácticas 12 e de supervisións 13
    Horas prácticas na institución e/ou servizo: 570
    Horas adicadas a realización do informe: 210
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Aproveitamento contínuo o longo do desenvolvemento das prácticas.
    - Disposición do alumno/a para realizar tarefas encomendadas desde o servizo.
    - Interés do alumno/a para solicitar e ler bibliografía afín ao campo de prácticas.