Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171101 - Socioloxía Xeral (Procesos e Problemas sobre os que actúa o Traballo Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Bascuas Jardón, Xoán Carlos.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    .- Coñecer e comprender os conceptos básicos e teorías da Socioloxía.

    .- Coñecer e comprender os principais feitos e os problemas sociais, e saber relacionalos coa práctica do Traballo Social.

    .- Coñecer e ser capaz de aplicar mecanismos de identificación, análise e medida dos problemas sociais e das necesidades derivadas das situacións de exclusión, discriminación e opresión nas que intervén o Traballo Social e as formas de intervención para combatelas.

    Contidos
    Tema 1. A Socioloxía como ciencia social. Problemas e perspectivas da Socioloxía: os principais paradigmas da Socioloxía.

    Tema 2. A orixe da Socioloxía como ciencia. As interpretacións sociolóxicas de August Comte. As interpretacións sociolóxicas de Karl Marx. As interpretacións sociolóxicas de Emile Durkheim. As interpretacións sociolóxicas de Max Weber.

    Tema 3. Cultura. Definición. Compoñentes e características do sistema cultural. Normas, valores, crenzas e símbolos. Funciones sociais da cultura.

    Tema 4. Rol e Status. Definición de rol social. Tipoloxía do rol. Conflito de rol e a resolución de conflitos de rol.

    Tema 5. O proceso de socialización. As etapas do proceso de socialización. Os principais axentes e medios ambientais de socialización: a familia, a escola, os grupos de iguais e o traballo, e medios de comunicación de masas.

    Tema 6. Xénero e sociedade. A socialización do xénero. Patriarcado e sexismo. Feminismo e sociedade. A sexualidade. A homosexualidade. Sexualidade e cambio social.

    Tema 7. Conformidade e desviación social. Comportamiento desviado en socioloxía. Desviación e formas de adaptación social.

    Tema 8. O control social. Concepto e funcións do control social. Mecanismos, sistemas ou niveis de control social.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bauman, Z. e May, T. (2007): Pensando sociológicamente, Buenos Aires: Nueva Visión.
    Beriain, J. e Iturrate, J. L. (eds.) (2008): Para comprender la teoría sociológica, Estella: Verbo Divino.
    Flecha, R., Gómez, J. e Puigvert, L. (2001): Teoría sociológica contemporánea, Barcelona: Paidós.
    García Ferrando, M. (Coord.) (2005): Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología, Valencia: Tirant lo Blanch.
    Guiddens, A. (2010): Sociología (6ª ed.), Madrid: Alianza Editorial.
    Macionys, J. e Plummer, K. (2004): Sociología, Madrid: Prentice-Hall.
    Morin, E. (1995): Sociología, Madrid: Tecnos.
    Phillips, B. (1990) Sociología. Del concepto a la práctica, México: MacGraw-Hill.
    Ritzer, G. (2005): Teoría sociológica, Madrid: McGraw-Hill.
    Spretcher, R. (Coord.) (2005): Teorías sociológicas: Introducción a los clásicos (3ª ed.), Córdoba (Argentina): Ed. Brujas.
    Tezanos, J. F. (2006) (3ª ed.): La explicación sociológica. Una introducción a la Sociología, Madrid: UNED.

    Competencias
    XENÉRICAS:

    .- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.

    ESPECÍFICAS:

    .- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.


    TRANSVERSAIS:

    .- Capacidade de análise e síntese.

    .- Capacidade de comunicación oral e escrita.

    .- Capacidade de razoamento crítico.

    .- Capacidade de aprendizaxe autónomo.

    .- Capacidade de motivación pola calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula nas aulas expositivas teñen como finalidade a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado o aprendizaxe autónomo.

    A docencia interactiva, de 18 horas distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.

    A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.

    Sistema de evaluación
    Haberá un exame final tipo test, correspondente á convocatoria oficial, que é necesario superar para aprobar a materia. Contará con corenta preguntas, con tres opcións de resposta cada unha delas. Para cada pregunta, só unha única opción será válida e verdadeira. Cada pregunta respondida correctamente terá un valor de 0,25 puntos. Será obrigatorio responder como mínimo vinte e cinco preguntas. Admítese un máximo de cinco fallos sen penalización algunha. A partir do sexto erro, cada fallo será sancionado cun desconto de 0,25 puntos.

    O exame final liberará o 75% da nota final.

    O 25% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.

    No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e a ausencia estea xustificada, poden compensarse as tarefas coa elaboración de traballos ou exercicios que lle sexan encomendados polo profesor.

    O alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo substitutivo dos exercicios interactivos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente sinalada.

    Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre o profesor e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal estimado que debe dedicar un estudante para a superación da Socioloxía Xeral é dun total de 99 horas distribuídas do seguinte xeito:

    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
    Exercicios: 15 horas.
    Lectura de textos: 10 horas.
    Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
    Preparación para exposicións: 04 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non hai recomendacións específicas, para alén do contacto periódico co profesor e a participación nas aulas interactivas.