G3171102 - Fundamentos de Dereito (Ferramentas Legais e Organizativas para o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer e comprender o marco xurídico para as relacións persoais e familiares, especialmente entre os cónxuxes (matrimonio, separación e divorcio, parellas de feito) e en relación aos menores(obrigas de e para cos nenos, a adopción e o acollemento, e a protección de menores).
- Coñecer e comprender os principios dos dereitos humanos e as normas internacionais que os garanten, así como os dereitos constitucionais.
- Coñecer e ser capaz de integrar no traballo social as esixencias que impoñen os marcos legais e as normas de prestación de servizos, incluíndo a natureza da autoridade, a aplicación práctica da lei, a responsabilidade legal, e as tensións entre normas xurídicas, políticas e prácticas.
- Coñecer o marco xurídico da protección dos datos de carácter persoal.
ContidosINTRODUCIÓN Ó DEREITO
1.O dereito como ordenación da vida social.
a)Concepto de Dereito.
b)Caracteres do Dereito.
c)Clases do Dereito: Dereito obxectivo e subxectivo. Dereito natural, Dereito histórico e Dereito positivo. Dereito público e Dereito privado.
2.As fontes do ordenamento xurídico.
a)Concepto de fontes: Enumeración e xerarquía.
b)A Lei: Concepto. Caracteres. Clases e a súa xerarquía.
c)O Costume: Concepto. Requisitos. Tipos.
d)Principios xerais do Dereito. A equidade.
3.As normas xurídicas.
a)Aplicación e interpretación das normas xurídicas.
b)Eficacia das normas: Eficacia obrigatoria. Eficacia sancionadora. Eficacia das normas no tempo. Eficacia das normas no espacio.
4.A Constitución.
a)O concepto de Constitución.
b)Principios fundamentais: A Soberanía Nacional. A división de poderes. A representación política. A participación política.
c)Organización institucional e territorial. A Coroa. As Cortes Xerais. O goberno e a administración. O Poder Xudicial. As Comunidades Autónomas.
d)Dereitos e liberdades: O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo. A dignidade da persoa. Dereitos e liberdades recoñecidos na Constitución.
5.O Dereito comunitario.
a)As Comunidades Europeas. Órganos políticos e administrativos.
b)Fontes do Dereito Comunitario.
DEREITO CIVIL APLICADO AO TRABALLO SOCIAL
6.O Dereito civil.
a)Concepto e contido.
b)A formación histórica do Dereito civil. A codificación.
c)O Dereito foral.
7.A persoa, suxeito do dereito.
a)Dereito da persoa e dereitos da personalidade.
b)A persoa física. O seu comezo e extinción. A proba do nacemento e da morte.
c)A capacidade da persoa. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Capacidade limitada, lexitimación e prohibicións.
d)As persoas xurídicas. Concepto, clases e réxime xurídico.
8.O estado civil e a idade das persoas.
a)O estado civil das persoas. Concepto e caracteres. Os diferentes estados civís. Títulos e accións do estado civil.
b)A idade da persoa. A menor idade. A maioría de idade. A emancipación. A vellez.
9.A incapacidade e a incapacitación das persoas.
a)A incapacidade natural.
b)A incapacitación xudicial. Concepto, finalidade e natureza. Causas. Efectos sobre a capacidade de obrar. A incapacitación de menores. O internamento. A declaración de prodigalidade.
c)As institucións de garda. A tutela, a curatela, o defensor xudicial e a garda de feito.
10.O domicilio, a veciñanza civil e a nacionalidade.
a)O domicilio e a ausencia.
b)A nacionalidade.
c)A veciñanza civil.
11.O Rexistro civil.
a)Concepto, antecedentes e organización.
b)Proba dos feitos inscritos e rectificación do contido do Rexistro.
12.A familia e o parentesco.
a)O Dereito de familia. Concepto, caracteres e contido.
b)O parentesco. Concepto, clases e cómputo.
c)A obriga de alimentos. Concepto. Clases e caracteres. Suxeitos obrigados ó pago de alimentos. Nacemento, forma de cumprimento e extinción da obriga de alimentos.
13.O matrimonio.
a)Concepto e caracteres.
b)Requisitos previos, simultáneos e posteriores.
c)Efectos no ámbito persoal e patrimonial. Os réximes económicos regulados no Código civil.
d)As parellas de feito.
e)A separación. Concepto, clases e efectos específicos da sentencia de separación.
f)O divorcio. Concepto, causas e efectos específicos da sentencia de divorcio.
g)A nulidade. Concepto, causas, validación do matrimonio nulo e efectos específicos da declaración de nulidade.
h)Efectos comúns á nulidade, separación e divorcio.
i)O convenio regulador.
j)A nulidade canónica e os seus efectos civís.
14.Tutela de menores.
a)A filiación. Concepto, clases, determinación, proba e efectos.
b)A filiación matrimonial. Concepto, presunción de paternidade e determinación legal.
c)A filiación non matrimonial. Concepto e determinación.
d)As accións de filiación.
e)A filiación na lei de técnicas de reproducción asistida.
f)A patria potestade. Concepto. Titularidade e Exercicio. Contido. Suspensión, privación e extinción. Patria potestade prorrogada e rehabilitada.
g)A adopción.
h)A garda e acollementos de menores. A garda asistencial. A tutela automática o “ex lege”. O acollemento. Os órganos competentes para o acollemento.
15.O Dereito de sucesións.
a)A sucesión mortis-causa.
b)Clases de sucesión. Sucesión testada, lexítima ou forzosa e intestada.
REGULACIÓN XURÍDICA DAS INSTITUCIÓNS DO TRABALLO SOCIAL
16.O réxime xurídico dos servicios sociais.
17.A protección de datos de carácter persoal.
18.Asociacións, fundacións e ONGs. A súa regulación e as relacións ca administración.
19.A formalización xurídica do voluntariado.
20.A cooperación internacional.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Moreno, Bernardo; Bustos, Inmaculada y Trujillo, Mª Isabel (2006). Derecho civil de la persona y de la familia. Granada: Editorial Comares.
Bibliografía complementaria
Ales, Javier; Navarro, Rocío y Toscano, Francisco (2007). Derecho y Trabajo Social. Sevilla: Editorial Aconagua.
Valpuesta, Eduardo (2001). Derecho para universitarios. Pamplona: Eunate.
CompetenciasCompetencia Xeral:
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para facer valoracións e diagnósticos sociais no campo da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencia específica:
Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural
Competencias transversais:
Capacidade de análise e síntese
Capacidadr de comunicación oral e escrita
Capacidade de razoamento crítico
Capacidade de aprendizaxe autónomo
Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais con utilización de exemplos relacionados co traballo social. Realización de casos prácticos relacionados coa tutela xurídica dos colectivos. Comentarios de noticias de prensa. Realización de estudios sobre temas legais para o seu posterior debate na aula.
Sistema de evaluaciónNo que respecta á realización de exames, estes terán un peso do 75% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua será do 25%. Na avaliación continua terase en conta a participación do alumnado en clase, os controis escritos, os traballos entregados e ou expostos na clase.
A proba de examen será de carácter teórico práctico a modo de parcial liberatorio, consistente en vinte preguntas test, un tema a elexir entre dous e un caso práctico, igual procedemento para o final. Á proba test daráselle un valor de 20 p. ao tema de 10 p. e ao caso práctico de 10 p. (total, 40 p.)
Ao alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo. De igual modo, o alumnado que teña xustificada a súa ausencia a unha aula interactiva deberá falar co profesor para poder desenvolver unha tarefa substitutiva á realizada durante a mesma.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudio autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 15 horas
Elaboración de traballos: 15 horas
Visionado e comentario de películas ou documentais: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaManexo dun diccionario de terminoloxía xurídica, polo específico da mesma.