Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171103 - Fundamentos de Psicoloxía (Procesos e Problemas sobre os que actúa o Traballo Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Cimadevila Álvarez, Carlos.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer as achegas das distintas teorías psicolóxicas acerca do comportamento humano.
    - Coñecer os procesos psicolóxicos básicos e elementos fundamentais que configuran o comportamento humano.
    - Comprender a dimensión social dos procesos subxectivos e de formación de identidades persoais.
    - Coñecer e ser capaz de analizar os procesos de interacción interpersoal.
    - Identificar os procesos de formación, desenvolvemento e interacción dos grupos e comunidades.

    Contidos
    1. Perspectivas teóricas sobre o comportamento humano.
    2. Fundamentos biolóxicos da conducta.
    3. Percepción, atención e emoción.
    4. Aprendizaxe e memoria.
    5. Personalidade e conducta social.
    6. Cogniçión, linguaxe e pensamento.
    7. procesos de socialización e interacción social.
    8. Procesos grupais e intergrupais

    Bibliografía básica e complementaria
    Bachs, J. (1980). Psicología diferencial. Barcelona: CEAC.
    Baron, R. A. (1996) (3ª ed.). Psicología. México: Prentice Hall Hispanoamericana.
    Buss, A.H. (1978). Psicología General. México: Limusa.
    Davidoff, L.L. (1985). Introducción a la psicología. México: McGraw-Hill.
    Lahey, B. (1999) (6ªed.). Introducción a la Psicología. Madrid: McGraw-Hill.
    Flavell, J.H. (1982). La psicología evolutiva de Jean Piaget. Barcelona: Paidós.
    Goldstein, E. B. (2006). Sensación y percepción. Madrid : Thompson-Paninfo.
    Herbert, M. (1992). Psicología en el Trabajo Social. Madrid: Ediciones Pirámide.
    Morales, J. F., Moya, M., Gaviria, E. e Cuadrado I. (Coords.) (2007) (3ª ed.). Psicologia Social. Madrid: McGraw-Hill.
    Myers, D.G. (1988). Psicología. Buenos Aires: Panamericana.
    Papalia, D.E. (1982). Psicología del desarrollo "de la infancia a la adolescencia". Bogotá: McGraw-Hill.
    Papalia, D.E. (1987). Psicología. México: McGraw-Hill.
    Puente, A (1993). Psicología básica. Introducción al estudio de la conducta. Madrid: EUDEMA.
    Vega, J.L. (1984). Psicología Evolutiva. Madrid: UNED.
    Whittaker, J.O. (1984) (4ªed.). Psicología. México: Interamericana.
    Competencias
    Xenéricas

    Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais no campo da intervención social, que incúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.

    Específicas

    Coñecer a realidade social, as teorías sociais, así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.

    Transversais

    Capacidade de análise e síntese
    Capacidade de comunicación oral e escrita
    Capacidade de razoamento crítico
    Capacidade de aprendizaxe autónomo
    Capacidade da motivación pola calidade

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades formativas, que se establecen como docencia presencial e de contacto profesor/a- alumnado, serán do seguinte tipo:

    -Docencia expositiva: Clases presenciais que non aspiran a unha participación activa destacada dos/as estudantes e que polo tanto póden impartir en grupos grandes, tales como a clase maxistral , prácticas de encerado, etc

    -Docencia Interactiva: Clases presenciais que aspiran a unha participación activa do alumnado, tales como seminarios, prácticas de ordenador, practicas de campo, discusións de casos, aprendizaxe baseada en problemas, aprendizaxe por proxectos, traballo con texto ou datos, etc

    Relación actividades/competencias polo tipo de materia

    Docencia: 27 horas expositivas e 18 interactivas

    Dada a natureza da titulación prestase especial atención ás actividades presenciais. O seu obxectivo é explicar os conceptos básicos de cada tema previsto no programa, introducindo información necesaria para permitir que o alumnado aprenda de forma autónoma.

    A docencia Interactiva, de 18 horas distribuídas ao longo do cuadrimestre, pretende que o alumnado, individualmente ou en grupos, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballar con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos
    Nas titorias asesorase o alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a que supón un proceso de auto aprendizaxe

    Sistema de evaluación
    Criterios xerais de avaliación para a materia

    A avaliación da materia efectuásese mediante unha avaliación continua e a realización dun exame final. A realización do exame terá un peso 70% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua nesta materia será 30%. Na avaliación continua terase en conta a participación do estudante en clase, os controis escritos, os traballos entregados e/ou expostos na aula, e outros medios. Para aprobar a materia a nota mínima no exame non debe ser inferior a 5 (sobre 10), e non faltar máis de dúas sesións interactivas sen xustificar.

    Ao alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo. De igual modo, o alumnado que teña xustificada a súa ausencia a unha aula interactiva deberá falar co profesor para poder desenvolver unha tarefa substitutiva á realizada durante a mesma.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
    Sondaxe bibliográfica: 4 horas
    TOTAL: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Non absorber pasivamente a información nova, senón que avalíe e reflexione de forma crítica o que se está estudando, o cal lle axudará para unha mellor retención

    - Asistencia ás clases tanto teóricas como prácticas e a realización do traballo ó longo do cuadrimestre

    Observacións
    Realización de esquemas xerais para crear unha organización cognitiva na que se sitúen feitos e conceptos novos