Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171104 - Fundamentos de Política Social (O Contexto Institucional do Traballo Social ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Bascuas Jardón, Xoán Carlos.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    .- Coñecer os fundamentos e compoñentes da Política Social como disciplina académica e a súa relación histórica co Traballo Social.

    .- Coñecer e comprender o proceso histórico de reforma social, e as orixes, desenvolvemento e crise do Estado do Benestar.

    .- Coñecer e ser capaz de analizar as diferenzas entre os tipos. E modelos de política social, os seus valores de base e os seus resultados.

    Contidos
    Tema 1. O Estado como instrumento da acción política. A orixe do Estado. O Estado moderno. O Estado liberal. O Estado social. O Estado do Benestar.

    Tema 2. As ideoloxías e as políticas sociais. Conservadurismo. Liberalismo. Socialismo. Anarquismo. Fascismo. Feminismo. Ecoloxismo. Nacionalismo. Os modelos de política social.

    Tema 3. A formación e consolidación do Estado de Benestar. Antecedentes do Estado de Benestar no século XIX. Os comezos do Estado de Benestar no século XX. A consolidación e extensión do Estado de Benestar.

    Tema 4. A crise do Estado de Benestar e a súa xestión. A reformulación do Estado interventor. A crise do Estado de Benestar a partir dos anos setenta. A xestión da crise nos anos oitenta: primeira reestruturación do Estado de Benestar. A xestión da crise nos anos noventa: segunda reestruturación do Estado de Benestar. O Estado de Benestar na actualidade: Perfil do Estado de Benestar hoxe en día; Estado de Benestar competitivo?; Estado de Benestar sustentábel?.

    Tema 5. A formación, consolidación e reformulación do Estado social español. A experiencia española anterior á Constitución de 1978. A construción do “Estado social democrático y de derecho” proclamado pola Constitución de 1978. O desenvolvemento do Estado do Benestar: os gobernos socialistas (1982-1996) e os gobernos conservadores (1996-2004). Políticas sociais e o proceso de descentralización territorial.

    Tema 6. A Política Social no marco da Unión Europea. ¿Que é a Unión Europea (UE)?. A Política Social europea: perspectiva histórica. A Política Social europea no Tratado Constitucional europeo. Os instrumentos financeiros comunitarios e os programas para a Política Social común.

    Bibliografía básica e complementaria
    .- Alemán, C. e Fernández García, T. (coord.) (2006). Política social y estado de bienestar, Valencia: Tirant Lo Blanch.
    .- Alemán, C. e Garcés, J. (coord.) (1998). Política Social. Madrid: McGraw-Hill.
    .- Alemán, C. e Garcés, J. (1999). Fundamentos de bienestar social. Valencia: Ed.Tirant lo Blanch.
    .- Díez, J. R. (1994). El bienestar social: concepto y medida. Madrid: Ed. Edita Popular S.A.
    .- Fernández, T. e Garcés, J. (coord.) (1999). Crítica y futuro del Estado de Bienestar. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
    .- Fernández, T. e De la fuente, Y. Mª. (coords.). (2009). Política social y Trabajo Social. Madrid: Alianza Editorial.
    .- GARCÉS, J. (coord.). (1996). Sistema político y administrativo de los servicios sociales. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
    .- Giner, S. e Sarasa, S. (coord.). (1997). Buen gobierno y política social. Barcelona: Ed. Ariel.
    .- Lorente, M. A. e Capella, J. R. (2009). El crack del año ocho. La crisis. El futuro. Madrid: Ed. Trotta.
    .- Montagut, T. (2000). Política Social. Madrid: Editorial Ariel.
    .- Moreno, L. e Pérez Yruela, M. (1993). Política social y estado del bienestar, Madrid: Ministerio de Asuntos Sociales.
    .- Muñoz, R. (ed.) (2000): El estado de bienestar en el cambio de siglo, Madrid: Alianza Editorial.
    .- Navarro, V. (Coord.).(2004). El Estado de Bienestar en España. Madrid: Tecnos.
    .- Navarro, V. (2002). Bienestar insuficiente, democracia incompleta. Barcelona:
    Anagrama.
    .- Recio, A. (2009). La crisis del neoliberalismo. Revista de Economía Crítica, 7, 96-117.
    .- Recio, E. (coord.) (1996). El Estado de bienestar, Barcelona: Departament de la Presidència. Generalitat de Catalunya.
    .- Rubio, Mª. J. (1991). La formación del estado social, Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.
    Competencias
    XENÉRICAS:

    .- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.

    ESPECÍFICAS:

    .- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.

    TRNASVERSAIS:

    .- Capacidade de análise e síntese .

    .- Capacidade de comunicación oral y escrita.

    .- Capacidade de razoamento crítico.

    .- Capacidade de aprendizaxe autónomo.

    .- Capacidade de motivación pola calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula nas aulas expositivas serán de dúas horas á semana. A súa finalidade é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado o aprendizaxe autónomo.

    A docencia interactiva, de 9 horas distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individual ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.

    A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.


    Sistema de evaluación
    Haberá un exame final será tipo test, correspondente á convocatoria oficial, que é necesario superar para aprobar a materia. Contará con corenta preguntas, con tres opcións de resposta cada unha delas. Para cada pregunta, só unha única opción será válida e verdadeira. Cada pregunta respondida correctamente terá un valor de 0,25 puntos. Será obrigatorio responder como mínimo vinte e cinco preguntas. Admítese un máximo de cinco fallos sen penalización algunha. A partir do sexto erro, cada fallo será sancionado cun desconto de 0,25 puntos.

    O exame final liberará o 75% da nota final.

    O 25% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.

    No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e a ausencia estea xustificada, poden compensarse as tarefas coa elaboración de traballos ou exercicios que lle sexan encomendados polo profesor.

    O alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo substitutivo dos exercicios interactivos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente sinalada.

    Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre o profesor e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal estimado que debe dedicar un estudante para a superación dos fundamentos da Política Social é dun total de 99 horas distribuídas do seguinte xeito:

    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
    Exercicios: 15 horas.
    Lectura de textos: 15 horas.
    Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas.
    Preparación de exposicións: 04 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non hai recomendacións específicas, para alén do contacto periódico co profesor e a participación nas aulas interactivas.