G3171106 - Antropoloxía Social e Cultural (Procesos e Problemas sobre os que actúa o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia.- Coñecer os procesos e elementos fundamentais que configuran o comportamento humano no medio social e a relación entre a persoa e o contorno.
.- Coñecer as achegas das distintas teorías antropolóxicas acerca do comportamento humano na realidade social.
.- Comprender a dimensión social dos procesos subxectivos e de formación de identidades sociais.
.- Identificar os procesos de formación, desenvolvemento e evolución das persoas, as familias, os grupos, as organizacións e as comunidades.
.- Comprender e valorar as perspectivas doutras culturas recoñecendo a diversidade cultural e humana.
ContidosTema 1. Definición e obxecto da Antropoloxía. Definición da Antropoloxía xeral. Ramas da Antropoloxía. Definición de Antropoloxía social e cultural. Obxecto de estudo da Antropoloxía social e cultural. Relacións da Antropoloxía con outras ciencias. Sociedade e cultura. Técnicas de investigación.
Tema 2. Antropoloxía ecolóxica e económica. Adaptación ao medio ambiente: factores tecnolóxicos e económicos. Tipos de subsistencia: formas de produción. Organización e división do traballo. Tipos de intercambio: reciprocidade, redistribución, intercambio de mercado. Redistribución: exemplo clásico de potlatch. Sociedades industrializadas.
Tema 3. Sistemas de parentesco e matrimonio. Parentesco. Matrimonio. Roles de xénero.
Tema 4. Control social e organización política. Definicións de política e poder. Sistemas de organización política. Control social. Milenarismo ou revitalización.
Tema 5. Antropoloxía cognitiva. Linguaxe, comunicación e cultura. Crenzas e tipos de cultos: teorías e conceptos xerais.
Tema 6. Antropoloxía aplicada. Definición de antropoloxía aplicada. Investigación, teoría e práctica. Antropoloxía da medicina. Antropoloxía urbana.
Tema 7. Sistema mundial. Estratificación. Teoría do sistema mundial. Sistemas de estratificación. Etnicidade e racismo; tolerancia e conflito. Colonialismo e desenvolvemento.
Bibliografía básica e complementariaAugé, M. e Colleyn, J. P. (2004). Qué es Antropología, Barcelona: Paidós.
Balandier, G. (2006). Antropología política, Buenos Aires: Del Sol.
Banton, M. (Comp.) (1999). Antropología de las sociedades complejas, Madrid: Alianza Editorial.
Beals, R. e Hoijer, H. (1980). Introducción a la Antropología. Madrid: Aguilar.
Benedict, R. (1989): El hombre y la cultura. Barcelona: Edhasa.
Diamond, S. e Belasco, B. (1982). De la cultura primitiva a la cultura moderna. Barcelona: Anagrama.
Evans-Pritchard, E. (1991) (8ª ed.). Las teorías de la religión primitiva. Madrid: Siglo XXI.
Fox, R. (1985), Sistemas de parentesco y matrimonio, Madrid: Alianza Editorial.
Gumperz, J. e Bennett, A. (1981): Lenguaje y cultura. Barcelona: Anagrama.
Harris, M. (2007): Introducción a la antropología general. Madrid: Alianza.
Kottak, C. P. (2003) (3ª ed.). Antropología Cultural.Espejo para la Humanidad, Madrid: McGraw Hill.
Lisón, C. (2004) (4ª Ed.). Brujería, Estructura social y simbolismo en Galicia, Madrid: Akal.
Lisón, C. (2007) (Ed.). Introducción a la Antropología social y cultural. Teoría, método y práctica, Madrid: Akal.
Mair, L. (1998) (14ª ed.). Introducción a la antropología social. Madrid: Alianza.
Martin, A. (2006). Antropología del género. Culturas, mitos y esteriotipos sexuales, Madrid: Cátedra.
CompetenciasXENÉRICAS:
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
ESPECÍFICAS:
.- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
TRANSVERSAIS:
.- Capacidade de análise e síntese .
.- Capacidade de comunicación oral e escrita.
.- Capacidade de razoamento crítico.
.- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
.- Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula nas aulas expositivas teñen como finalidade a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado o aprendizaxe autónomo.
A docencia interactiva, de 18 horas distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individual ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Sistema de evaluaciónHaberá un exame final tipo test, correspondente á convocatoria oficial, que é necesario superar para aprobar a materia. Contará con corenta preguntas, con tres opcións de resposta cada unha delas. Para cada pregunta, só unha única opción será válida e verdadeira. Cada pregunta respondida correctamente terá un valor de 0,25 puntos. Será obrigatorio responder como mínimo vinte e cinco preguntas. Admítese un máximo de cinco fallos sen penalización algunha. A partir do sexto erro, cada fallo será sancionado cun desconto de 0,25 puntos.
O exame final liberará o 60% da nota final.
O 40% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.
No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e a ausencia estea xustificada, poden compensarse as tarefas coa elaboración de traballos ou exercicios que lle sexan encomendados polo profesor.
O alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo substitutivo dos exercicios interactivos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente sinalada.
Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre o profesor e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e traballo persoal estimado que debe dedicar un estudante para a superación da Antropoloxía Social e Cultural é dun total de 99 horas distribuídas do seguinte xeito:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
Exercicios: 15 horas.
Lectura de textos: 10 horas.
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
Preparación de exposicións: 04 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaNon hai recomendacións específicas, para alén do contacto periódico co profesor e a participación nas aulas interactivas.