G3171107 - Fundamentos de Economía (Ferramentas Legais e Organizativas para o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDacordo co exposto na memoria do Grao en Traballo Social da EUTS os obxetivos básicos da asignatura son os seguintes:
- Coñecer os conceptos básicos da Economía.
- Coñecer os conceptos fundamentais e adquirir as destrezas básicas de xestión económica (orzamentos, contabilidade, etc.), así como da creación de organizacións e formas de autoemprego.
- Coñecer os conceptos básicos de Responsabilidade Social nas Empresas e a súa xestión.
- Ser capaz de aplicar mecanismos de xestión económica de recursos e servizos.
ContidosPara acadar os obxetivos plantexados para a asignatura os contidos xerais da materia son os seguintes:
- Conceptos básicos de Economía.
- Ferramentas básicas de xestión económica: Técnicas orzamentarias e réxime contable.
- Creación de entidades económicas e a súa vinculación ca xeración de emprego e formas de autoemprego.
A continuación expóñense os descriptores básicos do contido de cada un dos temas que integran o programa de docencia expositiva e interactiva:
Tema 1
Técnicas e instrumentos de análise en Economía
Descrición das diferentes técnicas e instrumentos que se empreñan no análise económico teórico e aplicado. Especial incidencia no concepto de relación funcional e no análise de representacións gráficas teóricas e de datos estatísticos.
Tema 2
Axentes económicos e sistemas económicos
Estudo sistemático dos diferentes axentes que interveñen na actividade económica, con especial incidencia nas organizacións empresariais e no análise das súas actividades e estados contables. Explicación do esquema do fluxo circular da renda. Estudo teórico e aplicado das diferentes formas de organización da actividade económica dun país e da súa vinculación cas principais doctrinas económicas.
Tema 3
O funcionamento do mercado
Análise dos fundamentos básicos da lei da oferta e da demanda e dos elementos determinantes do comportamento dos mercados. Análise matemático e gráfico dos procesos de determinación de prezos de mercado. Estudo dos fallos do mercado e das súas posibles solucións.
Tema 4
O papel económico do Estado
Estudo das xustificacións existentes para a intervención pública na economía e das funcións económicas do Estado nunha economía moderna. Análise de procesos orzamentarios públicos e das diferentes medidas de política económica.
Tema 5
Indicadores económicos e sociais
Análise dos principais indicadores da situación económica e social dun país. Especial atención ó PIB como indicador económico básico e ó IDH como principal indicador da situación socioeconómica (benestar social) dun país. Introdución ós indicadores de desenvolvemento sustentable.
Tema 6
O diñeiro e o finanzamento da economía
Estudo do concepto, as funcións e o proceso de creación de diñeiro nunha economía moderna. Análise dos tipos de xuro e do funcionamento das institucións e os mercados financeiros no proceso de finanzamento da actividade económica. Estudo do Banco Central e da inflación.
Tema 7
Estudo de concepto e as funcións da Responsabilidade Social Corporativa (RSC ). Indicadores da RSC . O crecemento económico sustentable e a RSC.
Tema 8
A distribución da renda e as políticas sociais
Estudo teórico e aplicado sobre os determinantes e a medición da distribución da renda e da riqueza nun país. Análise da xustiza distributiva como obxetivo de política socioeconómica. Estudo das políticas económicas e sociais de carácter redistributivo.
Programa de traballo exclusivo para grupos interactivos:
Está previsto que cada grupo interactivo dispoña dun total de seis sesións ó longo do curso. A programación inicial consiste en desenvolver en clase unha selección das seguintes actividades, dun elevado grao de flexibilidade, dado que ese desenvolvemento depende de numerosos factores que haberá que avaliar durante o transcurso do cuadrimestre:
1. Lectura inicial sobre a materia e preguntas de comprensión de conceptos.
2. Exercicio/práctica sobre análisis contable de estados financeiros.
3. Exercicio/práctica sobre funcionamiento do mercado e determinación de prezos.
4. Exercicio/práctica sobre orzamentos públicos.
5. Exercicio/práctica sobre indicadores económicos.
6. Exercicio/práctica sobre indicadores de benestar social.
7. Exercicio/práctica sobre indicadores do mercado de traballo.
8. Exercicio/práctica sobre distribución da renda e discusión de políticas redistributivas.
9. Outros exercicios/prácticas, lecturas ou actividades diversas.
Bibliografía básica e complementariaAlesina, A. y Giavazzi, F. (2009): El futuro de Europa. Reforma o Declive, Antoni Bosch (ed.), Barcelona.
Amat, O. (2008) Análisis Económico-Financiero, Gestión 2000, 20ª edc., Barcelona.
Brealey, R.; Myers, S. y Allen, F. (2010) Principios de Finanzas Corporativas, 9ª edc., México D.F.: McGraw-Hill.
Cuadrado Roura, J. R. (2010, dir.) Política Económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, 4ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Dasgupta, P. (2009) Economía. Una breve introducción, Alianza Editorial Economía.
Esping-Andersen, G. (2000) Fundamentos sociales de las economías postindustriales, Ariel, Barcelona.
Esping-Andersen, G. e Palier, B. (2010) Los tres grandes retos del Estado del Bienestar, Ariel Ciencia Política, Barcelona.
Fernández Díaz, A.; Parejo Gámir, J. A. e Rodríguez Sáiz, L. (2006) Política Económica, 4ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Global Reporting Initiative (2011): https://www.globalreporting.org/resourcelibrary/Spanis h-G3.1-Reporting-Guidlines.pdf
González, J. J. e Requena, M. (2008, eds.) Tres décadas de cambio social en España, Alianza Editorial, Madrid.
Graue, A. (2009) Fundamentos de Economía, Editorial: Pearson Educación, México.
Lipsey, R. G. (1989) Introducción a la Economía Positiva, Vicens Universidad.
McConnell, C. R.; Brue, S.L. e Macpherson, D. A. (2007) Economía Laboral, 7ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Mankiw, N. G. (2004) Principios de Economía, 3ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Mochón, F. (2010) Principios de Economía, 5ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Mochón, F. (2009) Economía, Teoría y Política, 6ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Montagut, T. (2008) Política social. Una introducción, Ariel Sociología, Tercera Edición revisada y actualizada, Barcelona.
Rodríguez Cabrero, G. (2004) El Estado del Bienestar en España: debates, desarrollo y retos, Editorial Fundamentos, Madrid.
Samuelson, P. A. e Nordhaus, W. D. (2006) Economía, 18ª edc., Madrid: McGraw-Hill.
Ademáis das referenzas bibliográficas sinaladas, poderán utilizarse en clase artigos técnicos ou periodísticos, información estatística e lecturas que podan aparecer con posterioridade á elaboración deste programa ou que teñan unha utilización que poda ser aconsellable en función do traballo que se esté a realizar en clase, respostando así á idea de flexibilidade da docencia en grupos interactivos.
CompetenciasDacordo co exposto na memoria do Grao en Traballo Social da EUTS as competencias da asignatura son as seguintes:
Competencias xenéricas:
-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnóses sociais, no eido da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultura. Esta competencia específica forma parte da competencia específica: Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
Competencias transversais:
-Capacidade de análise y síntese.
-Capacidade de comunicación oral e escrita.
-Capacidade de razoamento crítico.
-Capacidade de aprendizaxe autónomo.
-Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza O traballo presencial na aula consta de docencia expositiva, docencia interactiva e avaliación. O traballo persoal do alumno/a baséase no estudo autónomo individual ou en grupo, na realización de exercicios ou prácticas, na lectura e comprensión de textos especializados, a elaboración de traballos, a visualización de material sobre a asignatura e sondaxe bibliográfica. Todo elo cas cargas horarias que se sinalan na memoria do Grao en Traballo Social da EUTS para a asignatura Fundamentos de Economía.
Sistema de evaluaciónA avaliación da asignatura dividiráse en dúas partes. 1) Un exame cuxo valor será de 7.5 puntos, e se celebrará na data oficial determinada polo centro e 2) os traballos, exercicios e comentarios realizados en clase, cuxo valor será de 2,5 puntos (prevése inicialmente que cada alumno realice 6 traballos nas horas de docencia con grupos interactivos, cinco deles cun valor de 0,5 puntos cada un e unha sexta que engolabará as cinco xa realizadas).
Para todos aqueles alumnos/as ós que sexa de aplicación a dispensa de asistencia á totalidade do curso ou faltas xustificadas ás actividades interactivas, a avaliación consistirá nun exame final que se celebrará na data oficial determinada polo centro cun valor de 10 puntos. Ditos alumnos/as deberán poñerse en contacto co profesor da asignatura para coñecer o material que deben utilizar para preparar o exame final da asignatura, que dependerá do nivel de dispensa de asistencia do alumno/a (dispensa da totalidade do curso ou faltas xustificadas ás actividades interactivas). Tanto as dispensas de asistencia como as faltas xustificadas ás actividades interactivas deben ser oficiais dacordo ca aplicación da normativa da USC de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ó EEES e co anexo da EUTS a dita normativa.
Tempo de estudo e traballo persoalO reparto de cargas horarias é o seguinte, dacordo ca memoria do Grao en Traballo Social da EUTS:
Traballo persoal do alumno/a:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 15 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
Outras tarefas propostas: 4 horas de sondaxe bibliográfica
Total: 99 horas