G3171121 - Fundamentos de Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Comprender criticamente a natureza do Traballo Social como profesión e como disciplina, e as súas relacións coas diversas Ciencias Sociais
• Identificar os principais grupos de persoas atendidas, tipos de problemas e de respostas, e espazos nos que se desenvolve o Traballo Social nunha sociedade diversa.
• Recoñecer os puntos de contacto e as diferenzas con outras profesións de axuda, da educación e a animación, e coa actividade voluntaria.
• Coñecer e ser capaz de analizar a relación entre as políticas institucionais, as esixencias legais e os límites profesionais no desenvolvemento do Traballo Social
Contidos• O Traballo Social no contexto das Ciencias Sociais. Epistemoloxía, coñecemento, teoría e práctica.
• Natureza, obxecto, fins e obxectivos.
• Elementos constitutivos do Traballo Social: clientes, traballadores/as sociais e os marcos de acción.
• Principios filosóficos e éticos.
• Ámbitos de intervención, competencias e funcións dos traballadores/as sociais.
• A interdisciplinariedade.
• O método en Traballo Social e principais modelos metodolóxicos. Técnicas
Bibliografía básica e complementariaBásica:
Fernández García, T. (Coord), Fundamentos del Trabajo Social, (Col Política Social Servicios Sociales). Madrid: Alianza
Morán, J. M. (2006). Fundamentos del Trabajo Social. Trabajo social y epistemología.Valencia: Tirant lo Blanch
Richmond, M. E. (1996) (e.o.1922). El caso social individual. Madrid: Talasa
Robertis De, C. (2003). Fundamentos del trabajo social. Ética y metodología . Valencia: Nau Llibres
Complementaria:
Acero, C. (2002). “Teorías aplicadas en la práctica del TS” en Rev. Trabajo Social Hoy, 35 y 36
Alayón, N. (1981). Definiendo al Trabajo Social. Buenos Aires: Hvmanitas
Ánder-Egg, E. (1992). Introducción al Trabajo Social. (Col Acción Social). Madrid: Siglo XXI de España Editores S.A.
Arambarri, P. (2002). “Viaje al país de la metodología”: Rev Servicios Sociales y Política Social, 57
Asamblea General de Colegios Oficiales DE DTS Y AASS (1999). Código Deontológico de la Profesión de Diplomado en Trabajo Social. Madrid: Consejo Gral de Colegios Oficiales de DTS.
Biestek, F. (1066). Las relaciones de casework. Madrid: Aguilar
Colomer, M. (1973). “Esquema del método de trabajo social” en RTS, 75
De La Red, N. (1993). Aproximaciones al Trabajo Social. Madrid: Siglo XXI
Escartín, M.J (1992). Manual de trabajo social. Modelos de práctica profesional. Alicante: Aguaclara
Escartín, M.J. e Suárez Soto, E. (1994). Introducción al Trabajo Social: Historia y Fundamentos teórico-prácticos. (Col Amalgama). Alicante: Aguaclara
Aleman, C. e Fernández García, T.(Coords)(2000) .Introducción al Trabajo Social. (Manuales Ciencias Sociales). Madrid: Alianza
García Alba, J e Meilán, J.R. (1993). Hacia un nuevo enfoque del Trabajo Social. Madrid: Narcea
Healy, K. (2001). Trabajo Social: Perspectivas Contemporáneas. (Colección Educación Crítica). Madrid: Morata S.L.
Hill, R. (1992). Nuevos paradigmas en Trabajo Social: lo social natural. (Col. Trabajo Social). Siglo XXI de España: Madrid
Howe, D. (1999). Dando Sentido a la Práctica: Una introducción a la Teoría del Trabajo Social. Granada: Maristán
Kisnerman, N. (1985). Introducción al Trabajo Social. (Col. Teoría y Práctica). Buenos Aires: Hvmanitas
Lascorz, A. (1998). “Modelos de intervención en TS” en Revista Área Social, 1
Maroto, A. L. (2000). “Endocalidad en Trabajo Social. Gestionar la propia vida” en Trabajo Social Hoy, 28
Martinez, Mª J. (Coord) (2000) .Para el Trabajo Social: Aportaciones teóricas y prácticas. Granada: Maristán
Moix, M. (1991). Introducción al Trabajo Social. Madrid: Trivium
Olza, M. e Hernández Aristu, J. (Comps) (2002). Trabajo Social: Cuestiones sobre el qué y el cómo. Zaragoza: Certeza
Payme, M. (1995). Teorías contemporáneas del trabajo social. Barcelona: Paidós
Ranquet M. (1996). Los modelos en trabajo social: Intervención con personas y familias. Madrid: Siglo XXI
Rubí, C. (1989). Introducción al trabajo social. Barcelona: Llar del Libre
Salcedo, D. (2000). “La evolución de los principios del Trabajo Social” en Acciones e Investigaciones Sociales, 11.
Viscarret, J. J. (2007). Modelos y métodos de intervención en Trabajo Social. Madrid: Alianza
CompetenciasXenéricas:
. Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
. Ter desenvolvidas as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Específicas:
. Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión
. Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Transversais:
. Capacidade de análise e síntese
. Capacidade de comunicación oral e escrita
. Capacidade de razoamento crítico
. Capacidade de aprendizaxe autónoma
. Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada combina a docencia expositiva e interactiva e o traballo persoal do/a alumno/a fóra da aula, o que permite a súa aprendizaxe autónoma.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; traballo con soportes audiovisuais; exposición/presentación de información; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesórase ao alumnado para a realización das actividades conducentes a desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase mediante unha modalidade mixta, conformada pola avaliación continua e pola realización dunha proba liberatoria e exame final.
Realizarase unha proba escrita liberatoria de toda a materia nos últimos días do cuadrimestre, á que só poderán presentarse, os alumnos que teñan cursados en tempo e prazo establecido os prácticos feitos na aula. No caso de non superala ou non presentarse a ela, o alumnado será avaliado nas convocatorias finais de exames.
En ambos os dous casos, o peso das probas escritas é dun 60,0% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é dun 40%.
Compre acadar unha puntuación mínima dun 3,5 no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua. A materia estará aprobada cando chegue ao total de 5.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA:
Asistencia ás clases interactivas: 1,5 punto
Traballo grupal o individual a concretar coa profesora, a realizar fora do aula: 1,5 puntos
Elaboración de prácticos realizados nas clases interactivas: 1puntos
TOTAL: 4,0 ptos.
A asistencia a clases interactivas se gradua do seguinte xeito:
- O 100% das asistencias: 1 punto
- O 90% das asistencias: 0,9 ptos
- O 80% das asistencias: 0,8 ptos
- O 70% das asistencias: 0,7 ptos
- O 60% das asistencias: 0,6 ptos
menos do 60% das asistencias no puntúan.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e as causas polas que se pode xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno dá USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistenci, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización dun traballo. A temática e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, acordarase entre a profesora e a alumno.
Poderansen dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumno, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e os alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
Total: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para situar o alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódica coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese.