Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171122 - Historia do Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Fernández Pampillón, María Elisa.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Comprender criticamente a natureza do Traballo Social como profesión e como disciplina, e as súas relacións coas diversas Ciencias Sociais
    • Coñecer os principais elementos da historia do Traballo Social e a acción social, e as tendencias actuais do mesmo
    • Coñecer as principais correntes teóricas constitutivas do Traballo Social como disciplina.

    Contidos
    • O estudio da Historia para comprender o Traballo Social
    • Precedentes e precursores da acción social profesional.
    • Orixe e consolidación do Traballo Social: aportacións das principais figuras.
    • Os métodos clásicos.
    • O proceso de reconceptualización.
    • Antecedentes, orixe e evolución do Traballo Social en España.
    • A situación actual do Traballo Social

    Bibliografía básica e complementaria
    Ander-Egg, E. (1984). El desafío de la reconceptualización. Buenos Aires: Humanitas.
    Ander-Egg, E. (1984). Historia del Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.
    Ander-Egg, E. (1992) Introducción al Trabajo Social. Madrid: Siglo XXI.
    Ander-Egg, E. (1985) Del ajuste a la transformación: apuntes para una Historia del Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.
    Capilla, A. e Villadóniga, J. C. (2004) Los pioneros del Trabajo Social. Una apuesta por descubrirlos. Huelva: Escuela Universitaria de Trabajo Social de Huelva.
    Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales (1985). De la beneficencia al bienestar. Cuatro siglos de acción social. Madrid: Autor.
    Consejo General del Trabajo Social (1990). Trabajo social en España; situación y perspectivas. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 20 .
    Colomer, M. (2009). El trabajo social que yo he vivido. Barcelona: Impulso a la Acción Social.
    De la Red, N. (1993). Aproximaciones al Trabajo Social. Madrid: Siglo XXI.
    Escartín, M.J. e Suárez, E. (1994). Introducción al Trabajo Social: Historia y Fundamentos teórico-prácticos. Alicante: Aguaclara.
    Fernández García, T. (Coord.). Fundamentos del Trabajo Social. Madrid: Alianza.
    Fernández García, T. e Alemán, C. (Coords.) (2003). Introducción al Trabajo Social. Madrid: Alianza.
    Kisnerman, N. (1985). Introducción al Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas .
    Maza, E. (1987). Pobreza y asistencia social en España, siglos XVI al XX. Aproximación histórica. Valladolid: Universidad de Valladolid.
    Miranda, M. (2004). De la caridad a la ciencia. Pragmatismo, interaccionismo simbólico y Trabajo Social. Zaragoza: Mira Editores.
    Moix, M. (1991). Introducción al Trabajo Social. Madrid: Trivium.
    Moix, M. (2006). Teoría del Trabajo Social. Madrid: Síntesis.
    Molina, Mª. V. (1994). Las enseñanzas del Trabajo Social en España 1932-1983. Madrid: Universidad Pontificia de Comillas.
    Rubí, C. (1989). Introducción al trabajo social. Barcelona: Llar del Libre.
    Torre, J. (1987). Historia del Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.
    Competencias
    Xenéricas:
    . Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.

    Específicas:
    . Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión

    . Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.

    Transversais:
    . Capacidade de análise e síntese

    . Capacidade de comunicación oral e escrita

    . Capacidade de razoamento crítico

    . Capacidade de aprendizaxe autónoma

    . Capacidade de motivación pola calidade

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía utilizada combina a docencia expositiva e interactiva e o traballo persoal do/a alumno/a fóra da aula que permite a súa aprendizaxe autónoma.

    Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; traballo con soportes audiovisuais; exposición/presentación de información; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.

    A través das titorías asesórase ao alumnado para a realización das actividades conducentes a desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua e a realización dun exame escrito no que se valoran os coñecementos adquiridos.
    O exame escrito ten un peso do 75% (7,5puntos) sobre a cualificación global (10 puntos), polo que o peso da avaliación continua é do 25% (2,5 puntos).

    CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E A SUA CORRESPONDENTE PUNTUACION MAXIMA
    - Exercicios sobre textos e soportes audiovisuais,a asistencia e a participación activa nas clases: 1 punto.
    - Elaboración dunha unidade didáctica: 1 pto.
    - Exposición dunha unidade didáctica: 0,5 ptos.

    No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e esta ausencia estea xustificada, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos ou exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Neste caso poden presentarse posteriormente á convocatoria ordinaria, para ser computados na convocatoria extraordinaria. O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
    O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na “Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior” (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida a dispensa, poderá compensar a realización de tarefas na aula coa elaboración dun traballo de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada.

    Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado, e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 15 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
    Preparación de exposicións: 4 horas
    Total: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
    A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para situar ao alumno/a en contextos profesionais.
    Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese.