G3171123 - Ética e Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Ser capaz de analizar a relación entre políticas institucionais, as esixencias legais e os límites profesionais no desenvolvemento do traballo social.
-Adquirir os conceptos morais de dereitos, responsabilidade, liberdade, autoridade e poder na práctica do traballo social.
-Ser capaz de aplicar a base dos valores, as normas éticas e os códigos deontolóxicos da práctica do traballo social, e de seguilos.
-Saber analizar críticamente os casos nos que xurden dilemas éticos
ContidosTema I: Introdución á ética.
I.1.- Conceptualización da ética.
I.2.- Orixe da ética: a ética na Grecia Clásica.
Tema II: A ética na Grecia Clásica: influencias filosóficas e aplicabilidade en Traballo Social.
II.1. - Os sofistas.
II.2. - Sócrates.
II.3. - Platón.
II.4. - Aristóteles.
II.5. - Estoicismo e Epicureísmo.
Tema III: Teorías éticas: reflexións para a intervención social.
III.1. - A ética kantiana.
III.2. - A ética utilitarista.
III.3. - A ética neoaristotélica: o comunitarismo (a ética da virtude).
III.4. - A teoría da xustiza.
III.5. - A ética discursiva ou dialóxica.
Tema IV: A ética na postmodernidade: Onde nos movemos?.
IV.1. - A postmodernidade.
IV.2. - A falacia naturalista.
IV.3. - A auto-ética: o desenvolvemento moral segundo Kohlberg e o coñecemento dun/a mesmo/a.
Tema V: Traballo social e dereitos humanos: implicacións na realidade social.
V.1.- Como xorden e que son os dereitos humanos?.
V.2.- Converxencia e aplicabilidade na práctica do traballo social.
Tema VI: Ética aplicada ao traballo social.
VI.1. - A ética profesional: dimensións e contexto.
VI.2. - O traballo social como profesión: o seu carácter ético.
VI.3. - Ética, identidade e traballo social.
Vi.4. - Interacción entre o persoal, o profesional e o social: límites profesionais.
VI.5. - Reflexión socio-crítica: fortalezas e dificultades na abordaxe profesional.
Tema VII: Código Deontolóxico do Traballo Social.
VII.I.- Principios xerais da ética profesional: aplicabilidade en traballo social e relación con outros principios.
VII.2. - Paternalismo versus autodeterminación: autonomía, benestar e os seus límites.
VII.3. - Os códigos profesionais.
VII.4. - O código deontolóxico do traballo social: aplicabilidade e reflexións.
VII.5. - O ético e o legal unha relación controvertida.
Tema VIII: Dilemas éticos e toma de decisións en Traballo Social.
VIII.1. - Cuestións éticas, problemas éticos e dilemas.
VIII.2. - Modelos e recursos de apoio para a toma de decisións.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Ballestero, A. (2006). Dilemas éticos en Trabajo Social . Pamplona: Eunate.
- Banks, S. (1995). Ética y valores en Trabajo Social. Barcelona: Paidós.
- Bermejo, F.J. (1996). Ética y Trabajo Social. Madrid: UPCO.
- Bermejo, F.J. (2002). Ética de las Profesiones. Bilbao: Desclée De Brouwer.
- Camps, V. (2013). Breve Historia de la Ética. Barcelona: RBA Libros, S.A.
- Consejo General del Trabajo Social (2012). Código Deontológico del Trabajo Social. Recuperado el 30 de enero de 2013 de http://www.cgtrabajosocial.com/consejo/codigo_deontologico
- Macintyre, A. (2006). Historia de la ética (3ª ed.). Barcelona: Paidós.
- Salcedo, D. (1998). Autonomía y bienestar. La ética del Trabajo Social. Granada: Comares.
- Salcedo, D. (comp.) (1999). Los valores en la Práctica del Trabajo Social. Madrid: Narcea.
- Zamanillo, T. (dir.). (2011). Ética, teoría y técnica. La responsabilidad política del Trabajo Social. Madrid: Talasa ediciones.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Ballestero, A. (2009). Dilemas éticos en trabajo social: el modelo de la ley social. Portularia, 2, 123-131.
- Camps, V. (ed.) (2008). Historia de la ética 1. De los Griegos al Renacimiento. Barcelona: Crítica.
- Cortina, A. (1990). Ética sin moral. Madrid: Tecnos.
- Cortina, A. (1994). La ética de la sociedad civil. Madrid: Anaya.
- Cortina, A. (2004). Ética mínima (9ª ed.). Madrid: Tecnos.
- Cortina, A. e Martínez, E. (1998). Etica. Madrid: Akal.
- Chambon, A.S., Irving, A. e Epstein, L. (eds.). (2001). Foucault y el trabajo social. Granada: Editorial Maristán.
- International Federation of Social Worker. (2012). National Codes of Ethics. Recuperado el 7 de junio de 2012 de http://ifsw.org/resources/publications/national-codes-of-ethics/
- Fernández, T. (coord.) (2010). Fundamentos del Trabajo social (1ª ed.).Madrid: Alianza Editorial.
- Fernández, T. e Ponce, L. (2012). Trabajo Social Individualizado. Metodología de Intervención. Madrid: Ediciones Académicas.
- Ferrater, José e Cohn, P. (1988). Ética aplicada: del aborto a la violencia (2ª ed.). Madrid: Alianza.
- Ferrater, J. (2000). Diccionario de filosofía (Vol. I-IV). Madrid: Ed. Alianza.
- Guisán, E. (1990). Razón y pasión en ética: los dilemas de la ética contemporánea (1ª ed.). Barcelona: Anthropos.
- Guthrie, W. (1988). Historia de la filosofía griega. Siglo V. Ilustración (Vol. III). Madrid: Gredos.
- Hortal, A. (2002). Ética general de las profesiones. Bilbao: Desclée de Brouwer.
- Lipovetsky, G. (2003). Metamorfosis de la cultura liberal. Barcelona: Anagrama.
- Marina, J.A. (1995). Ética para náufragos (2ª ed.). Barcelona: Anagrama.
- Marina, J.A. e Preciado, N. (2002). Hablemos de la vida. Madrid: Temas de Hoy.
- Morin, E. (2004). El Método. Madrid: Cátedra
- Osset, M. (2001). Más allá de los Derechos Humanos. Madrid: DVD.
- Rubí, C. (1992). Introducción al trabajo social (2ª ed.). Barcelona: EUGE.
- Sánchez, A. (1984). Ética. Barcelona: Editorial Crítica.
- Savater, F. (2011). Ética para Amador (20ª ed.). Barcelona: Ariel.
- Sen, A. (2008). Bienestar, Justicia y Mercado. Madrid: Paidós.
- Singer, P. (1995). Ética práctica. Barcelona: Ariel.
- Singer, P. (2007). Compendio de Ética. Madrid: Alianza Editorial.
- Úriz, M.J., Ballestero, A. e Urien, B. (2007). Dilemas éticos en la intervención social. Una perspectiva profesional desde el Trabajo Social. Zaragoza: Mira Editores.
CompetenciasXENERICAS:
- Poseer e comprender os coñecementos que definen ó Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vanguarda do coñecemento neste campo.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
ESPECIFICAS
- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
- Establecer relacións profesionais co obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico do Traballo Social e demostrar competencia profesional no exercicio do Traballo Social mesmo.
- Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.
TRANSVERSAIS
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de toma de decisións.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada combina a docencia presencial de clases expositivas e interactivas e o traballo persoal do alumnado. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das tutorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma e que supoñen un proceso de autoaprendizaje.
Poderán producirse cambios na metodoloxía da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da asignatura realízase mediante unha avaliación continua e a superación de exames.
Realizarase unha proba escrita eliminatoria da materia nos últimos días de aulas.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
É necesario alcanzar a cualificación mínima de Apto nos exames para poder sumarlle a puntuación pola avaliación contínua.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA: (4 PTOS)
- Asistencia ás clases: 0,50 ptos. (Clases interactivas: 0,5)
- Tarefas prácticas: 3,5 ptos.
Na Guía da Materia que se entregará ao comezo das clases especificaranse as pautas para a elaboración dos traballos e as puntuaciones das actividades da avaliación continua.
Todos os traballos realizados fóra da clase serán incorporados a un "portafolios". O portafolios elaborarase de forma grupal, salvo o alumnado con dispensa de asistencia e o alumnado que non asista ao 60% das actividades de grupo realizadas no aula. As persoas que superen o 40% de faltas de asistencia, xustificadas e sen xustificar, teñen a opción de optar a realizar o dossier de forma individual, previo contacto coa docente, para que esta lles asigne as tarefas complementarias a realizar.
No caso de non asistir as clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se téñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados polas profesoras. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir as clases e teña concedida dispénsa de asistencia, poderán compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha tutoría previamente acordada coa profesora.
Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado, e sempre que supoña unha mellora para o aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia, que en todo momento orienta a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para situar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa, para poder profundar nas parcelas de maior interese para o alumnado.