G3171202 - Psicoloxía do Desenvolvemento no Ciclo Vital (Procesos e Problemas sobre os que actúa o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer as distintas perspectivas teóricas nas que se basea o estudo do desenvolvemento ao longo do ciclo vital.
- Coñecer as distintas etapas que conforman o ciclo vital e os procesos de desenvolvemento ao longo do mesmo.
-Ser capaz de identificar e comprender os distintos desaxustes e conflitos que xorden nas distintas etapas do ciclo vital.
- Comprender a importancia e influencia do entorno social e cultural nos procesos de desenvolvemento.
- Adquirir hábitos de estudo, de análise crítica e de discusión que promovan a construción activa do coñecemento por parte do alumnado.
ContidosI. Aproximación teórica e metodolóxica á Psicoloxía do Desenvolvemento Humano.
II. Desenvolvemento pre, peri e postnatal.
III. A infancia e a nenez.
IV. Adolescencia.
V. O desenvolvemento na idade adulta.
VI. A vellez.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Lefrançoise, G.R. (2001). El ciclo de la vida. México DF: Thomson.
Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps). (2001). Desarrollo psicológico y educación. Psicología evolutiva. Vol. I. Madrid: Alianza Editorial.
Papalia, D.E., Olds, S. e Feldman, R. (2009). Psicología del desarrollo. México DF: McGraw Hill.
Papalia, D.E., Olds, S. e Feldman, R. (2010). Desarrollo humano. México DF: McGraw Hill.
Santrock, J. (2006). Psicología del desarrollo: el ciclo vital. Madrid: McGraw Hill.
Shaffer, D. (2000). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. México DF: Thomson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Berger, K.S. (2004). Psicología del desarrollo. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Bermúdez, M.P. e Bermúdez, A.M. (Eds.). (2004). Manual de psicología infantil. Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Madrid: Biblioteca Nueva.
Delval, J. (2008). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
Dosil, A. (Coord.) (2012). Desarrollo cognitivo, afectivo, lingüístico y social. Madrid: Centro de Estudios Financieros.
Giménez-Dasí, M. e Mariscal, S. (Coords.). (2008). Psicología del desarrollo desde el nacimiento a la primera infancia. Madrid: McGraw-Hill.
Rice, F. P. (2000). Adolescencia. Desarrollo, relaciones y cultura. Madrid: Prentice Hall.
Rodrigo, M.J. e Palacios (Coords.). (2000). Familia y desarrollo humano. Madrid: Alianza Editorial.
Sierra, P. e Brioso, A. (2006). Psicología del desarrollo. Madrid: Sanz y Torres, SL:
Triadó, C. e Villar, F. (Coords.). (2006). Psicología de la vejez. Madrid: Alianza Editorial.
CompetenciasNo Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como as teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.
As actividades presenciais expositivas co grupo clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos distintos temas da materia, clarificar os conceptos básicos, orientar a realización de traballo e estudo por parte do alumnado, relacionar os distintos contidos e facilitar a aprendizaxe significativa.
As clases interactivas irán encamiñadas a profundizar en aspectos concretos das clases teóricas e consistirán na realización de diferentes actividades a través das cales se pretende que o alumnado aprenda, entre outras cousas, a manexar diferentes fontes de información, a trasferir coñecementos teóricos á práctica e a elaborar e presentar informes. A concreción das tarefas que se requerirán así como do material necesario serán presentados ao alumnado nas correpondentes sesións interactivas.
Sistema de evaluaciónAvaliación da materia
A avaliación da materia inclúe:
a) Unha avaliación continuada a través da asistencia, a participación e a realización de traballos nas sesións interactivas, cun peso do 20% na cualificación final (5% asistencia, 15% traballos).
b) A realización dun exame sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos, ao que corresponderá o 80% do peso da cualificación final.
Observacións
1. Para poder realizar o exame teórico na convocatoria ordinaria será requisito indispensable a asistencia a, como mínimo o 75% das clases interactivas, así como a realización e entrega en tempo de forma dos traballos solicitados nas mesmas. A ausencia inxustificada ás sesións interactivas conleva a imposibilidade de presentar os traballos ou outros alternativos que se poidesen solicitar como compensatorios.
2. Para superar a materia será imprescindible ter aprobado o exame teórico.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia seguirá un sistema de avaliación alternativo ao anterior. Dito sistema constará dunha proba escrita sobre os contidos teóricos (90%) e a realización dun traballo titorizado sobre algún/s temas estudados (10%).
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten un total de 51 horas de clase presenciais distribuídas en clases expositivas co grupo clase, actividades interactivas, guía de orientación do traballo e titorías e probas de avaliación (exame). Estímase que o alumno deberá realizar unhas 99 horas de traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 50 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de material, busca de información e análise de documentos; 15 na elaboración de exercicios, outras 15 deberán dedicarse á lectura de textos e contidos recomendados; as 19 restantes son para a elaboración de traballos, visualización de material, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos, etc.
Recomendacións para o estudo da materiaDado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudos, non se indican requisitos previos para a superación da mesma, non obstante, é recomendable ter cursada a materia Fundamentos de Psicoloxía e que o alumno estableza relacións cos contidos propios de ambas materias.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito. Asemade, recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma para o que resulta aconsellable a asistencia regular ás clases expositivas.