G3171203 - Dereito y Administración Pública (Ferramentas Legais e Organizativas para o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecer e comprender os fundamentos dos dereitos sociais e os elementos básicos do sistema da Seguridade Social, a súa estrutura e a súa acción protectora.
-Coñecer e comprender as bases do funcionamento das administracións públicas, en especial na súa relación de servizo cos cidadáns.
-Coñecer o marco legal e os procedementos do exercicio dos dereitos e o cumprimento das obrigas dos cidadáns/ás en relación coa administración pública.
-Ser capaz de integrar no Traballo Social as esixencias que impoñen os marcos legais e as normas de prestación de servizos (incluída a natureza da autoridade, a aplicación práctica da lei, a responsabilidade legal e as tensións entre normas legais, políticas e prácticas).
-Ser capaz de aplicar a normativa da protección de datos de carácter persoal na intervención no Traballo Social.
ContidosContidos
1.- Normas relativas á acción protectora da Seguridade Social: distintos tipos de prestacións.
2.- Normas relativas ao dereito do Traballo: contrato de traballo, clases e contido; Sindicato e representación dos traballadores na empresa; Convenios Colectivos e Órganos da Administración Laboral.
3.- As bases do Dereito Administrativo: delimitación conceptual e configuración constitucional.
4.- O Ordenamento administrativo: as fontes do Dereito Administrativo e a interconexión entre Ordenamentos.
5.- Os suxeitos do Dereito Administrativo: a Administración Pública. Administración do Estado, Comunidades Autónomas, Administración Local e Administración Institucional. Organización Administrativa. Procedemento Administrativo. Acto administrativo e revisión dos actos administrativos.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA:
Borrajo, E. (2011). Introdución ao dereito do Traballo. Madrid:
Tecnos.
Adestra, R. (1986). Curso de Dereito Administrativo. Madrid: Tecnos.
Fernández Ramos, S. e Gamero, E. (2010). Manual básico de Dereito Administrativo. Madrid: Tecnos.
Fernández Rodríguez, T. e García de Enterría, E. (2011). Curso de Dereito Administrativo. Madrid: Civitas.
Gárate, J. (2007). Lecturas sobre o réxime xurídico do contrato de traballo. Oleiros: Netbiblo.
Gorelli, J.; Rodríguez Ramos, Mª J. e Vílchez, M. (2003). Sistema de Seguridade Social. Madrid: Tecnos.
Morell, L. (1998). Curso de Dereito Administrativo. Madrid: Aranzadi.
Parada, R. ( 2010). Dereito Administrativo. Madrid: Marcial Pons.
Sánchez Morón, M. (2011). Dereito Administrativo. Madrid: Tecnos.
Santamaría, J. A. (2009). Principios de dereito administrativo. Madrid: Iustel.
TEXTOS XURÍDICOS DE CONSULTA BÁSICA:
- LEI XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL.
- ESTATUTO DOS TRABALLADORES.
- CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA.
- ESTATUTO DE AUTONOMÍA PARA GALICIA.
- LEI DE RÉXIME XURÍDICO DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN.
CompetenciasCompetencia Xenérica:
.-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
.-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
.- Capacidade de análise e síntese
.- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de razoamento crítico
.- Capacidade de aprendizaxe autónoma
.- Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- Docencia expositiva
- Docencia interactiva
- A través das titorías asesorarase ao alumnado.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumnado levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
- Realización de exame final escrito, que terá un valor dun 85% sobre a cualificación global.
- Asistencia ás clases interactivas e participación en debates, realización e presentación de traballos escritos, cun valor equivalente a un 15% sobre a cualificación global.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas que puntúen, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, estas tarefas poden compensarse coa elaboración de traballos e exercicios que sexan encomendados polo profesor. Unha vez que se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nos Ensinos Adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización e defensa dun traballo. A temática e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, será acordado entre o profesor e o alumnado.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e traballo persoal estimado que debe dedicar un estudante para a superación da asignatura é dun total de 99 horas distribuídas do seguinte modo:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
Exercicios: 15 horas.
Lectura de textos: 15 horas.
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas.
Preparación de exposicións: 4 horas.
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumno poida ir construíndo o corpo teórico da asignatura necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para situar ao alumno en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da asignatura manteña un contacto periódico co profesor para aclarar e orientar sobre a bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese.
Recomendación previa: ter cursada a asignatura de Fundamentos de Dereito.