G3171221 - Teorías e Modelos de Intervención en Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer e comprender críticamente as diferentes perspectivas teóricas e metodolóxicas en Traballo Social.
- Ser capaz de analizar a natureza das relacións entre profesionais e usuarios, e as potencialidades e dificultades que as marcan, tendo en conta os aspectos relativos ao xénero e á diversidade cultural.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para diferentes ámbitos de atención.
- Coñecer os modos de implicar aos usuarios dos servizos de Traballo Social para incrementar os seus recursos, a súa capacidade e o seu poder para influir nos factores que afectan ás súas vidas.
ContidosI. Introducción aos modelos de intervención en Traballo Social
II. O modelo psicosocial
III. O modelo de solución de problemas
IV. O modelo conductista
V. O modelo cognitivista
VI. O modelo sistémico
VII. O modelo centrado na tarefa
VIII. O modelo de intervención en crise
IX. Outros modelos de intervención en Traballo Social
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Escartín, M.J. (1992). Manual de Trabajo Social. Modelos de práctica profesional. Alicante: Aguaclara.
Fernández García, T. (Coord.) (2009). Fundamentos del Trabajo Social. Madrid: Alianza Editorial.
Fernández García, T. e Ponce de León, L. (2012). Trabajo Social individualizado. Metodología de intervención. Madrid: Ediciones Académicas, S.A.
Payne, M. (1995). Teorías contemporáneas de Trabajo Social. Una introducción crítica. Barcelona: Paidós.
Pra, M. dal. (2000). Modelos teóricos del Trabajo Social. Buenos Aires: Lumen-Humanitas.
Ranquet, M. du. (1996). Los modelos en Trabajo Social. Intervención con personas y familias. Madrid: Siglo XXI.
Viscarret, J.J. (2007). Modelos y métodos de intervención en Trabajo Social. Madrid: Alianza Editorial.
COMPLEMENTARIA:
Howe, D. (1999). Dando sentido a la práctica. Granada: Maristán.
Lascorz, A. (1995). Modelos de intervención en Trabajo Social. Área Social, 1, 125-135.
Navarro, C.J. (Coord.). (2004). Intervención metodológica en Trabajo Social. Estrategias de intervención y contexto en Trabajo social. Zaragoza: Libros Certeza.
Turner, F.J. (2011). Social work treatment. Inerlocking theoretical approaches. Oxford: Oxford University Press.
CompetenciasNo Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
a) Competencias xerais:
1. Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento en este campo.
2. Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
3. Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe nel ámbito dol Traballo Social cun alto grao de autonomía.
b) Competencias específicas
1. Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias.
2. Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
3. Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais.
4. Adquirir habilidades para interactuar con personas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
c) Competencias transversais
1. Capacidade de análise y síntese
2. Capacidade de comunicación oral e escrita
3. Capacidade de razoamento crítico
4. Capacidade de aprendizaxe autónomo
5. Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada combinará a docencia expositiva e interactiva co traballo do alumnado fóra da aula, promovendo a aprendizaxe autónoma e significativa.
Preténdese que os alumnos participen activamente na construcción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
A través das titorías asesorarase ao alumnado no desenvolvemento das actividades propostas promovendo a autoaprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia descansa sobre:
1) A realización dun exame acerca dos contidos teóricos impartidos, ao que corresponderá o 60% do peso na calificación final.
2) Unha avaliación continua a través da asistencia, a participación e a realización de traballos nas sesións interactivas, cun peso do 40% na calificación final (10% asistencia e 30% traballos).
Os alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia seguiran un sistema de avaliación alternativo, que lles concretará a profesora.
Observacións:
1. Os alumnos deberán ter acreditada, como mínimo, a asistencia ao 70% das clases interactivas para poder realizar o exame teórico na convocatoria ordinaria. A ausencia inxustificada ás clases conleva a imposibilidade de presentar os traballos correspondentes ou outros que se solicitasen como compensatorios.
2. Será necesario ter aprobados tanto o exame como a avaliación continua para superar a materia.
Sistema de recuperación:
- Recuperación do exame: na data oficialmente establecida.
- Recuperación da avaliación continua: a) proba escrita, e b) presentación dos traballos que se estipulen. A parte correspondente á asistencia a clase (10%) é irrecuperable.
- Neste curso, as persoas que teñan superada unha parte da materia e a outra suspensa, só terán que realizar a recuperación desta última, gardándose a calificación da parte aprobada.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións. 4 horas
Total: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA metodoloxía utilizada combina a docencia presencial das clases expositivas e interactivas co traballo persoal dos estudantes. A asistencia a clase é clave para que o alumno/a poida construir o corpo teórico da asignatura.
A participación en clase é fundamental para a integración dos contidos e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase manter un contacto periódico coa profesora da materia, así como levar os contidos ao día.
Do mesmo xeito, recoméndase ter cursadas as materias de: Fundamentos de Traballo Social, Historia de Traballo Social e Ética e Traballo Social.