G3171223 - Servizos Sociais Comunitarios (O Contexto Institucional do Traballo Social ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecer e comprender a estrutura e organización dos Servizos Sociais comunitarios a nivel autonómico e local.
-Ser capaz de detectar os mecanismos de exclusión e discriminación no acceso á protección social e plantexar fórmulas para corrixilos no ámbito dos Servizos Sociais comunitarios.
-Coñecer e comprender o desempeño profesional dos/as traballadores/as sociais nos Servizos Sociais comunitarios.
ContidosI.-Os Servizos Sociais en relación á Política Social e o Benestar Social. Desdesenvolvemento dos Servizos Sociais en España.
II.- Estrutura e organización dos Servizos Sociais. Configuración dos Servizos Sociais no ámbito das Administracións.
III. -Marco xurídico básico do Sistema de Servizos Sociais. Marco lexislativo dos Servizos Sociais Comunitarios en Galicia.
IV. -O Plan Concertado de prestacións básicas de servizos sociais.
V. -Mecanismos de provisión dos Servizos Sociais. Organización dos Servizos Sociais comunitarios.
VI. -O servizo de axuda no fogar
VII. -O Traballo Social nos Servizos Sociais comunitarios
Bibliografía básica e complementaria-Alemán,C. e Garcia Serrano, M.(1999).Fundamentos de Bienestar Social. Valencia: Tirant lo Blanch.
-Alonso Seco, J.M.e Gonzalo Gonzalez, B.(2000).La asistencia social y los servicios sociales en Espaa.,Madrid:Boletín Oficial del Estado.
-Casado,D.(1994).Introducción a los servicios sociales. Madrid: Popular S.A.
-Casado,D. e Desdentado, A.( 1979).Descentralizar los Servicios Sociales. Madrid:Marsiega.
-Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales
( 1986)De la Beneficiencia al Bienestar Social, cuatro Siglos de Acción Social. Madrid:Siglo XXI, Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.
- Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.
( 1987).Servicio Social de Ayuda a Domicilio. Madrid: Ed. Siglo XXI - Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.
-De la Red ,N.( 1996).La intervención integral en municipios menores de 20.000 habitantes. Salamanca: Junta de Castilla y León, Mº de Trabajo y Asuntos Sociales, Universidad de Valladolid.
-Del Valle Gutierrez, A. (1986).El modelo de Servicios Sociales en el Estatuto de las Autonomías. Repercusión del modelo de Servicios Sociales en la formación de los Trabajadores Sociales. Madrid. Ed:Siglo XXI de España Editores S.A. Fundación IESA.
-Fernandez Garcia,T. y Ares Parra, A.(2002). Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación. Madrid: Alianza.
-Garces, J. (1996).Sistema Político y administrativo de los Servicios Sociales. Valencia:Tirant lo Blanch.
-Garces, J. y Aleman,M. C.(1996).Administración social: servicios de Bienestar Social. Madrid. Ed. Siglo XXI de España Editores, S.A.
-Garcia, G.( 1998).Los centros de Servicios Sociales. Madrid: Siglo XXI y Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales
-Lopez,M.( 1997).Sistema de Registro en Servicios Sociales Comunitarios. Malaga: Universidad de Malaga.
-Muñiz de las Cuevas,R.( 1996).O Pobo oculto: pobreza e acción social en Galicia, Vigo: A Nosa Terra.
CompetenciasNa Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribuie a conseguir as seguintes competencias, para acadar os obxectivos propostos para a titulación:
Competencias xenéricas:
. -Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
. -Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
. -Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
. -Adquirir facultades para contribuír á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
. -Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
. -Coñecer e aplicar as boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que as implementan.
Competencias transversais:
. -Capacidade de análise e síntese.
. -Capacidade de comunicación oral e escrita.
. -Capacidade de razoamento crítico.
. -Capacidade de aprendizaxe autónoma.
. -Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza A docencia está organizada en 27 horas distribuídas en sesións na aula e impartidas ao grupo grande. Outras 18 horas a cada grupo nos que se subdivida o grupo grande, distribuídas ao longo do período lectivo en 9 sesións na aula (de 2 hora de duración cada unha). Nas sesións na aula para todo o grupo a docencia será de tipo expositivo, e será de tipo interactivo nos grupos pequenos.
Docencia expositiva: A través de exposicións na aula e dando lugar á participación, a profesora explicará aspectos básicos e centrais de cada tema establecido no programa, achegando información esencial e delimitando conceptos, resaltando os aspectos relevantes e as relacións entre eles.
Docencia interactiva: O alumnado individualmente ou organizado en equipos de traballo desenvolverá actividades que requirirán unha participación activa na construción do seu propio coñecemento. Realizarase a lectura/visionado e análise de textos ou material audiovisual con debate tutorizado e/ou preguntas na aula. Utilización de bibliografía, fontes estatísticas ou outros materiais vinculados ao programa académico e complementarios á teoría impartida na materia, ben proporcionadas pola profesora ou buscados e achegados polo alumnado, con exposicións por parte deste dos traballos a realizar na aula e segundo as pautas específicas a indicar pola profesora.
A través das Titorías se orienta e asesora sobre as actividades e tarefas propostas ao alumnado. Así mesmo resolveranse dúbidas que se lle poidan presentar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se comproba o nivel do logro en relación aos obxectivos sinalados.Toda valoración a realizar responde a unha parte do contido do programa das materia.
A avaliación da materia farase mediante unha avaliación continua e a realización dunha proba parcial e examéns finais.
A proba escrita e exames finais oficiais terán un valor do 75% sobre a cualificación global, e será necesario alcanzar unha puntuación mínima de 4 para poder sumar a puntuación obtida na avaliación continua.
A avaliación continua terá un valor do 25%, e realizarase sobre actividades do alumnado elaboradas a nivel indidual ou grupal nas sesións interactivas, e sobre a base de:
0,5 PUNTOS POR:
.- A asistencia a clases interactivas
9 asistencias: 0,5 ptos.
8 asistencias: 0,4 ptos.
7 asistencias: 0,3 ptos.
6 asistencias: 0,2 ptos
5 asistencias: 0,1 ptos
4 ou menos asistencias: 0 ptos.
2 PUNTOS POR:
. -Elaboración de traballos e/ou exposición destes na aula
. -Lectura e análise de textos, e/ou visionado e análise de material audiovisual
. -Intervencións, reflexións, e análise sobre cuestións formuladas na aula
As actividades realizadas na aula non son recuperables fora das sesións docentes establecidas, agás que a non asistencia esté xustificada dentros dos suspostos legais establecidos.
Teranse en conta para valorar as actividades anteriores criterios como:
. -Participación activa en clase, tanto espontanea como estructurada, e calidade destas
. -Capacidade creativa
. -Entrega en prazo das activades propostas
A USC é unha universidade presencial, e o alumnado ten deber de asistir regularmente ás actividades lectivas programadas.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo Centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar a non asistencia a clase son as establecidas na Regulación que para tal efecto aprobou a USC e as normas propias do Centro.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación de faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
Na situacións previstas que imposibilitan manter a dinámica da avaliación continua presencial o alumnado poderá solicitar a dispensa de asistencia, polo procedemento establecido polo Centro e nos prazos fijados.Nestas situacións realizaranse as actividades que oportunamente se fixen co correspondente sistema de avaliación.
Os traballos individuais ou grupais realizados polo alumnado terán que ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na materia ata a seguinte convocatoria. Para os efectos de avaliación un mesmo traballo non poderá ser utilizado en varias materias, salvo que as actividades se programen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribiudas como segue:
. -Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
. -Exercicios: 15 horas
. -Lectura de textos: 10 horas
. -Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
. -Preparación de exposicións orais: 4 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para posicionar ao alumno/a no contexto profesional dentro dos servizos sociais comunitarios.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto coa profesora encargada da docencia para aclarar e orientar sobre bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese para o alumnado.
ObservaciónsA materia pertence á Materia "Servizos Sociais" dentro do Módulo "O contexto institucional do traballo social".
Recoméndase ter cursadas as materias "Historia dos Sistemas de Benestar Social" e "Fundamentos de Política Social"