Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171224 - Investigación e Diagnose en Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Facal Fondo, Teresa.SI
Puñal Romarís, María Elena.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Ser capaz de aplicar os diferentes modelos de investigación, diagnóstico e avaliación en Traballo Social ao longo das diversas fases.
    - Comprender a relación entre investigación, diagnóstico, avaliación e práctica do Traballo Social.
    - Ser capaz de utilizar os métodos e técnicas para a avaliación de necesidades, capacidades, oportunidades e riscos das persoas usuarias, de grupos e comunidades, incorporando no proceso a participación de persoas ou grupos interesados.
    - Ser capaz de analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián como base para revisar e mellorar as estratexias profesionais.
    - Saber aplicar o coñecemento sobre boas prácticas en Traballo Social.
    - Ser capaz de aplicar os modelos e métodos de valoración, incluíndo os factores que subxacen á selección e verificación da información relevante, a natureza do xuízo profesional e os procesos de avaliación de riscos.
    - Ser capaz de interpretar datos sobre necesidades e problemas sociais, e sobre os resultados do Traballo Social, desde unha perspectiva non androcéntrica nin etnocéntrica.

    Contidos
    I.- Natureza e finalidade do estudo/investigación na intervención desde o Traballo Social. Secuencia do proceso.
    II.- Avaliación de necesidades: perspectivas teórico-metodolóxicas.
    III.- Construción e análise de indicadores de necesidade.
    IV.- Diagnóstico: natureza, finalidade e elementos constitutivos. Diferentes enfoques.
    V.- Toma de decisións: proceso e técnicas
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Aguilar, M. J. e Ander Egg, E. (1995). Diagnóstico Social. Conceptos y Metodología Buenos Aires: Lumen.

    Callejo, J. e Viedma, A. (2006). Proyectos y estrategias de Investigación Social. La perspectiva de la intervención. Madrid: McGraw-Hill.

    Callejo, J. (Coord.) e outros (2009). Introducción a las técnicas de investigación social. Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces.

    Escalada, M., Fernández, S., Fuentes, M.P., Koumrouyan, E., Martinelli, L. e Travi, B. (2001). El Diagnóstico Social. Proceso de conocimiento e intervención profesional. Buenos Aires: Espacio Editorial.

    Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid: CCS.


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Ander Egg, E. (1987). Investigación y Diagnóstico para el Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Ander Egg, E. (1989). Técnicas de Investigación Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Fernández García, T. e Ponce, L. (2011). Trabajo social con familias. Madrid: Ediciones Académicas.

    Fernández García, T. e Ponce, L. (2012). Trabajo social individualizado. Metodología de intervención. Madrid: Ediciones Académicas.

    García Herrero, G.A. (2008). Reflexionaes y utilidades sobre el diagnóstico social y la programación de la intervención social. Ecos de Mary Richmond. Revista de Servicios Sociales y Política Social. 83, 9-38.

    Jacob, A. (1985). Metodología de la Investigación Acción. Buenos Aires: Humanitas.

    Kisnerman, N. e Gómez, M.I.G. (1982). El Método: Investigación. Buenos Aires: Humanitas.

    Kisnerman, N. (Coord.) (1984). El Método: Intervención transformadora. Madrid, Ed. Humanitas.

    López Ceballos, P. (1987). Un Método para la Investigación-Acción-Participación. Madrid: Popular.

    Martín Muñoz, M. (2003). Manual de indicadores para el diagnóstico social. Recuperado o 25 de maio de 2010 de www.diagnosticosocial.com

    Ovejas, C. (2008). Herramienta de diagnóstico e intervención social. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 83, 47-68.

    Perelló, S. (2009). Metodología de la investigación social. Madrid: Dykinson S.L.

    Pérez Cardoso, M., Penedo, A., Vaiño, N. e Vicente, E.(2000). Valoración por obxetivos e potencialidades en Traballo Social. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia

    Piñeiro, A. (1991). Establecimiento de un sistema de evaluación de los servicios sociales. Indicadores. Valencia: Conselleria de Treball i Seguretat Social.

    Ranquet, M. du (1996). Los modelos en Trabajo Social. Intervención con personas y familias. Madrid: Siglo XXI.

    Red, N. de la (1993). Aproximaciones al Trabajo Social. Madrid: Siglo XXI.

    Robertis, C. de (1988). Metodología de la Intervención en Trabajo Social. Buenos Aires: Ateneo.

    Rodríguez Gómez, G., Gil Flores, J. y García Jiménez, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Ediciones Aljibe.

    Rossi, P. H y Freemen, H. E. (1989). Evaluación. Un enfoque sistemático para programas sociales. México: Trillas.

    Rozas, M (1998). Una perspectiva teórica metodológica de la intervención en Trabajo Social. Buenos Aires: Espacio Editorial.

    Rueda, J. M (1993). Programar, Implementar proyectos y Evaluar. Instrumentos para la acción. Zaragoza: Certeza.

    Scaran, M T. e Genisans, N. (1986). El Diagnóstico Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Tobon, M.C. Rottier, N. e Manrique, A. (1986). La práctica profesional del trabajador social. Buenos Aires: Humanitas

    Competencias
    No Plan de Estudos do Título de Grado en Traballo Social indícase que as competencias a que contribúe esta materia son as seguintes:

    Competencias xenéricas:

    - Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    .-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica, ou ética.

    - Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.

    Competencias específicas:
    - Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.

    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.

    Competencias transversais:
    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de comunicación oral e escrita
    - Capacidade de razoamento crítico
    - Capacidade de aprendizaxe autónoma
    - Capacidade de creatividade
    - Capacidade de motivación pola calidade

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía utilizada combina a docencia presencial de clases expositivas e interactivas e o traballo persoal do/a alumno/a. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
    A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma e que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua e a superación dun exame escrito.

    Realizarase unha proba escrita eliminatoria da materia. Para poder presentarse á proba liberatoria é necesario contar cunha asistencia a clase igual ou superior ao 50%, tanto das clases expositivas como das clases interactivas. Asistencia contabilizada ata quince días antes da realización de dita proba.

    A avaliación mediante exames ten un peso do 65% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 35%.

    É necesariao acadar a calificación mínima de Apto nos exames para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua.

    PUNTUACIÓN MÁXIMA DA AVALIACIÓN CONTINUA: 3,5 ptos.
    - Asistencia ás clases: 1 pto. (Clases expositivas: 0,5 e clases interactivas: 0,5)
    - Tarefas prácticas: 2,5 ptos.

    Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa práctica e por días de asistencia ás clases.

    No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados polas profesoras. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coas profesoras para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.


    SISTEMA DE CONTROL DE ASITENCIA
    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.

    O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coas profesoras.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
    Preparación de exposición: 4 horas

    TOTAL: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctica.
    A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
    Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coas profesoras encargadas para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundizar nas parcelas de maior interese para o/o alumno/a.

    Recomendacións previas: Ter superadas as asignaturas de Fundamentos de Traballo Social e Socioloxía Xeral.