G3171225 - Habilidades Sociais e de Comunicación en Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 27.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Adquirir destrezas para as relacións interpersonais no Traballo Social e na actividade profesional en xeral, en especial no terreo da entrevista persoal, as reunións e sesións grupais e a exposición ante un público.
- Adquirir destrezas para establecer unha relación empática e unha comunicación efectiva con outras persoas, e de forma especial con aquelas que presenten necesidades de comunicación.
- Ser capaz de realizar unha escoita activa e de entrar na relación axeitada coas experiencias vitais dos usuarios dos servizos, de entender correctamente o seu punto de vista e de superar prexuizos persoais para responder axeitadamente a unha serie de situacións persoais e interpersonais complexas.
- Ser capaz de utilizar claves verbais e non verbais para guiar a interpretación.
- Ser capaz de establecer relacións profesionais a obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención e de clarificar e negociar a finalidade de tales contactos e dos límites da súa implicación.
- Ser capaz de xestionar un debate e avaliar os puntos de vista e as probas aportadas por outros.
- Ser capaz de preparar e tomar parte activa en reunións de toma de decisións.
- Ser capaz de participar dentro de redes e equipos interdisciplinares e interinstitucionais co fin de establecer acordos de cooperación, e abordar de maneira construtiva os posibles desacordos.
ContidosI.- Concepto de habilidade social e dos elementos que a compoñen.
II.- A comunicación interpersonal, grupal e intergrupal.
III.- Comunicación verbal e non verbal. Habilidades e destrezas comunicativas: escoita activa, expresión de sentimientos, relación empática, asertividade, xestión e resolución de conflitos.
IV.- A entrevista no Traballo social. Traballo en redes e en equipos interdisciplinares.
V.- Falar en público. Dirección de reunións. Toma de decisións. Xestión de debates.
Bibliografía básica e complementaria.-Acebo, A. (l992). Trabajo Social en los servicios sociales comunitarios. (Col. Trabajo Social, serie cuadernos) Madrid: Siglo XXI.
.-Biestek. S.J. (l966); Las relaciones de “Casework”. (Col. Psicología y educación). Madrid: Aguilar. (e.o.l.963).
.-Borrei I Carrio, F. ( l998). Manual de la entrevista clínica. Madrid: Harcourt Brace de España.
.-Castillo, S.e Sanchez, M. (2009). Habilidas Sociales, modulo transversal. Barcelona: Altamar.
.-Escoba, E. (2013). Habilidades sociales y de comunicación del Trabajo Social. Valencia: Tirant Humanidades.
.-Escartín. Mª J. e Palomar V. M. (l997). Introducción al Trabajo Social II. Trabajo Social con Individuos y Familias. (Col. Amalgama) Madrid: Aguaclara.
.-Estanqueiro, A. (2006). Principios de comunicación Interpersonal, Para saber tratar con las personas. Madrid: Nancea.
.-García, G. e Ramirez, J.M. (2001). Imagen y comunicación en temas sociales. Zaragoza: Certeza.
.-Hosstadt (van-der) e Roman, C. (2008). El libro de las Habilidades de Comunicación. 2ª ed.: s.l. Diaz de Santose
.-Ituarte, A. (l997). Técnicas de Intervención Directa en Trabajo Social. Policopiado.
.-Maya, I., García, M. e Santolaya F.J. (2007). Estrategias de intervención Psicosocial. Madrid: Pirámide.
.-Rossell, T. (l993). La entrevista en el Trabajo Social. 3ª ed. (Col Euge). Barcelona: Ed. Hogar del libro, S.A.
.-Salberger-Wittemberg, I. (l970). La relación asistencial “ Aportes del psicoanálisis Kleiniano”. Buenos Aires: Ed. Amorrrortu.
.-Trevithick, P. (2002). Habilidades de comunicación en intervención social. Madrid: Nancea.
.-Tizon, J. (1982): Una psicología basada en la relación. Barcelona: Ed. HORA S.A. Policopiado.
.-Verderber, R. e Verderber, K. (2009). ¡Comunícate!. México: Cengage Learning.
.-Zamanillo, T. (2008). Trabajo Social con grupos y pedagogía ciudadana. Madrid: Ed. Síntesis.
CompetenciasCompetencias xerais:
.- Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atañen a o Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos socias, no ámbito da intervención social, que incluián unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
.- Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas a o Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.
.- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía
Competencias específicas:
* Ter a capacidade para traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as suas necesidades e circunstanciais, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacions humanas e o fortalecimento e a libertad de a sociedade para incrementar o benestar e a cohesión:
- Establecer relacións profesionais a obxeto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñocer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacions e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das suas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
* Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e evaluar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacions humanas:
- Saber responder a situaciones de crisis valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvovemento dos mesmos e para mellorar as suas condicións da vida por medio da utilización dos métodos e modelos do Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen co obxeto de preparar a finalización da intervención.
- Preparar, producir, implementar e evaluar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o suministro de servizos que deben ser empleados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas o obxeto de adatarlos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersonal.
* Ter capacidade para apoiar as persoas para que sexan capaces de manifestar ás necesidades, puntos de vista e circunstancias:
- Desenrrolar habilidades para defender as persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome si a situación o requiere.
- Saber preparar e participar nas reunións de toma de decisións o obxeto de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
* Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico do Traballo Social e demostrar competencia no exercicio del mismo:
- Saber traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional utilizando a asertividade profesional para xustificar as propias decisións, reflexionando críticamente sobre as mesmas e utilizando a supervisión como medio de responder ás necesidades do desenvolvemento profesional.
Competencias transversais:
- Capacidade de análisis e síntesis
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersonais
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de compromiso ético
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de creatividade
- Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A docencia expositiva ten asignadas sesións na aula, distribuidas ó longo do cuatrimestre. A súa finalidade é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva de 9 sesións de dúas horas, distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías se asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/o alumno/a, que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase mediante unha modalidade mixta, conformada pola avaliación continua e pola realización dunha proba liberatoria e exame final.
Realizarase unha proba escrita liberatoria de toda a materia nos últimos días do cuadrimestre, á que só poderán presentarse, os alumnos que teñan cursados en tempo e prazo establecido os prácticos feitos na aula. No caso de non superala ou non presentarse a ela, o alumnado será avaliado nas convocatorias finais de exámenes.
En ambos os dous casos, o peso das probas escritas é dun 60,0% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é dun 40%.
Cómpre acadar unha puntuacón mínima dun 3,5 no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua.A materia estará aprobada cando chegue ao total de 5.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA:
Asistencia ás clases interactivas: 1 punto
Traballo grupal a concretar coa profesora: 1,5 puntos
Elaboración de prácticos realizados nas clases interactivas: 1,5 puntos
TOTAL: 4,0 ptos.
A asistencia a clases interactivas se gradua do seguinte xeito:
- O 100% das asistencias: 1 punto
- O 90% das asistencias: 0,9 ptos
- O 80% das asistencias: 0,8 ptos
- O 70% das asistencias: 0,7 ptos
- O 60% das asistencias: 0,6 ptos
menos do 60% das asistencias no puntúan.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e as causas polas que se pode xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno dá USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización dun traballo. A temática e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, acordarase entre a profesora e o/a alumno/a.
Poderansen dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumno, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e os alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo persoal do alumno/a:
Estudo autónomo individual o en grupo......40 horas
Exercicios.....20 horas
Lectura de textos....... 10 horas
Elaboración de traballos, visualización do material .......25 horas
Outras tarefas propostas como, estudo de diferentes tipos de grupos, sondeo dos grupos a os que se pertence e comentario de noticias..... 4 h.
Total........ 99 horas
Recomendacións para o estudo da materia- A asistencia as clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construindo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta o aprendizaxe práctico.
- A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ó alumno/a en contextos profesionais.
- Eecoméndase ao alumnado que para o desenvolvemento temporal da materia se manteña en contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundizar nas parcelas de maior interés para o/a alumno/a.
Tener cursadas las materias de Fundamentos de Trabajo social; Historía de Trabajo Social y Ética y Trabajo Social