Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171226 - Traballo Social e Saúde (Procesos e Problemas sobre os que actúa o Traballo Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
González Rodríguez, Rubén.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer o marco normativo, estrutura e funcionamento do sistema sanitario.
    - Coñecer e comprender as relacións entre a saúde e a situación social das persoas, o sistema de xénero, a cultura e o ciclo vital.
    - Ser capaz de identificar e valorar as necesidades sociais relacionadas cos problemas de saúde e a súa repercusión na vida das persoas afectadas, e as estratexias de atención e apoio pertinentes en cada situación.
    - Ser capaz de recoñecer as características dos problemas de saúde que dan lugar a necesidades de atención e apoio social, con especial referencia ás discapacidades, á dependencia, aos problemas de saúde mental e ás adiccións.

    Contidos
    - Concepto e determinantes da saúde.
    - Organización do Sistema Público de Saúde: atención primaria e atención especializada. Marco xurídico e competencial.
    - A influencia da familia na saúde
    - A repercusión da enfermidade crónica na persoa, a familia, o coidador e a sociedade.
    - Problemas de saúde que dan lugar a necesidades de atención e apoio social.
    - Oríxenes e evolución do Traballo Social en saúde. Contextos e estratexias de intervención, promoción, prevención e rehabilitación.
    - Traballo Social en equipos de saúde.
    - Traballo Social e atención en crises.
    - Traballo Social en ámbitos específicos de intervención: Unidades de longa estancia e coidados paliativos.
    - Atención en procesos de dó.
    - A saúde en situacións de vulnerabilidade.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Moragas, R. (1991). Gerontología Social, envejecimiento y Calidad de Vida, Barcelona: Herder.

    - Novellas, A. (2000). Trabajo Social en Cuidados Paliativos, Madrid: Arán.

    - Piedrola, G. e cols. (2001). Medicina Preventiva y Salud Pública, Madrid: Masson-Salvat.

    - Mondragon, J. Trigeros, I. (1999). Manula de Prácticas de Trabajo Social en el Campo de la Salud, Madrid: Siglo Veintiuno Editores.

    - Colon, D. (2011). El trabajo Social Sanitario, Los procedimientos, los protocolos y los procesos. Madrid: UOC.

    - Gehlert, S. e Brwnw, T. (2012). Handbook of Health Social Work 2ª ed. New Jersey: John Wiley & Sons.

    Competencias
    COMPETENCIAS XENÉRICAS:

    - Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ó Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    - Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ó Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:

    - Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.

    - Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.

    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.

    - Saber respostar a situacións de crisis valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.

    - Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio do emprego dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.

    - Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.

    - Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran este comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.

    - Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza das mesmas.

    - Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira constructiva os posibles desacordos existentes.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:

    - Capacidade de análise e síntesie
    - Capacidade de comunicación oral e escrita
    - Capacidade de traballo en equipo
    - Capacidade para as relacións interpersonais
    - Capacidade de razonamento crítico
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo
    - Capacidade de motivación pola calidade


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía empregada combina a docencia presencial de clases expositivas e interactivas e o traballo persoal do alumno/a. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.

    A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma e que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.



    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia levarase a cabo mediante avaliación continua e proba escrita. Esta última terá un peso do 75% sobre a cualificación global.

    A avaliación continua, pola súa parte, ten un peso do 25% e sumarase á nota obtida na proba escrita, sempre que esta proba se teña superada cunha cualificación mínima de apto.

    En caso de non asistir ás sesións presenciais nas que se realicen tarefas puntuables, se estas faltas se xustifican debidamente, poderán compensarse nas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados polo profesor, entregándose estas tarefas na convocatoria ordinaria ou posteriormente, se así o autoriza o profesor, en cuxo caso serán avaliadas na convocatoria extraordinaria.


    SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA

    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
    O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ó Espacio Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir a clase e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada co profesor.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribuidas como segue:

    - Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    - Exercicios: 15 horas
    - Lectura de textos: 15 horas
    - Elaboración de traballos, visualización de materias: 15 horas
    - Outras tafeas propostas: 4 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursadas as materias de Fundamentos de Traballo Social; e Ética e Traballo Social.

    Asistencia e participación activa nas aulas interactivas e expositivas.

    Colaboración e participación activa nas tarefas a realizar en grupo.