G3171227 - Traballo Social con Grupos (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con grupos para promover cambios e desenvolver as súas capacidades e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer os xeitos de intervir con grupos e organizacións para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, e para promover a participación dos usuarios nos procesos e servizos de Traballo Social.
- Coñecer os xeitos de implicar os usuarios dos servizos de Traballo Social para incrementar os seus recursos, a súa capacidade e o seu poder para influír nos factores que afectan ás súas vidas.
- Ser capaz de consultar e cooperar con outros, incluídos os usuarios de servizos, comunicando a través de diferenzas tales como os límites institucionais e profesionais e as diferenzas de identidade ou linguaxe.
- Ser capaz de crear, organizar e apoiar grupos para fins de Traballo Social.
- Ser capaz de defender os grupos e organizacións e actuar no seu nome se a situación requíreo.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
ContidosI.- Traballo Social de grupo: orixe, evolución e obxectivos.
II.- Conceptualización, tipoloxía e características dos grupos.
III.- Comunicación, liderado e roles no grupo.
IV.- Estruturas grupais.
V.- Proceso grupal e etapas de desenvolvemento.
VI.- A dinámica de grupos e procesos de cambio.
VII.- Metodoloxía da intervención en Traballo Social con grupos.
VIII.- Os grupos educativos, socioeducativos, de axuda mutua e socioterapéutica
Bibliografía básica e complementariaBibliográfia básica:
.-Alcaraz, R., Garcia, G., Pallarés, A., Servián J.M. e Vila. N. (2010). Comunicación y trabajao social en Servicios Sociales y Politica Social nº 92.
.-Brezmes, M. (2001). La intervención en Trabajo Social. Salamanca: Hesperides.
.-Gil, F. (1999). Introducción a la Psicología de los grupos. Pirámide: Madrid.
.-Kisnerman, N. (1985). Servicio Social de Grupo. Buenos Aires: Humanitas.
.-López, P. (1998). Un método para la investigación-acción participativa. Popular: Madrid.
.-Mambriani, S. (1993). La comunicaión en las relaciones de ayuda. Humanes: Madrid.
.-Tschorne, P.(1993). Dinámica de Grupos en Trabajo Social. Atención Primaria y Salud Comunitaria. Salamanca: Amarú Ediciones.
.-Zamanillo, T. (2008). Trabajo social con grupos y pedagogia cuidadana. Sistesis: Madrid
Bibliografía complementaria:
.-Robertis, C. (1994). Intervención colectiva en Trabajo Social. Trabajo con grupos y comunidades. Buenos Aires: Ateneo.
.-Francia, A. e Mata, J. (2001). Dinámica y técnicas de grupos (Col. Educación Social. Plan de Formación de Animadores). 8ª ed. Madrid: Editorial CCS. 2001 (e.o. 1992)
.-Hostie, R. (1986). Técnicas de dinamica de grupo. ICCE: Madrid.
CompetenciasCompetencias Xerais:
.- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
.- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias Especificas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
.- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
.- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
.- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
.- Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas.
.- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
.- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promover o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
.- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando a subministración de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptaros ás necesidades e circunstancias cambiantes.
.- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio a que poidan acceder e desenvolver.
.- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal.
.-Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa ecomplementaria de conflictos en divesos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
.-Ter capacidade para apoiar ás persoas para que sexan capaces de manifestar as necesidades, puntos de vista e circunstancias.
.- Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o requiere.
.- Saber preparar e participar nas reunions de toma de decisions ao obxecto de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
.- Ter capacidade para actuar na resolución das situacións de risco coas persoas así como para as propias e as dos colegas de profesión.
.- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza do mismo.
.- Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización.
.- Desenvolver aptitudes para traballar de manera eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais col propósito de colaborar no establecimento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuiendo igualmente a abordar de manera constructiva os posibles desacordos existentes
.- Capacidade de análise e síntese
.- Capacidade de comunicación oral e escrita
.- Capacidade de resolución de problemas
.- Capacidade de traballo en equipo
.- Capacidade para as relaciones interpersoais
.- Capacidade de razoamento crítico
.- Capacidade de compromiso ético
.- Capacidade de aprendizaxe autónomo
.- Capacidade de liderazgo
.- Capacidadede motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A docencia expositiva ten asignadas sesiones, distribuidas á longo do cuatrimestre. A súa finalidade é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva en sesiones de dos horas, distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/o alumno/a, que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realízase mediante unha modalidade mixta, conformada pola avaliación continua e pola realización dunha proba liberatoria e exáme final.
Realizarase unha proba escrita liberatoria de toda a materia nos últimos días do cuadrimestre, a la que so poderan presentarse, os alumnos que teñan cursados en tempo e prazo establecido os practicos feitos na aula. No caso de non superala ou non presentarse a ela, o alumnado será avaliado nas convocatorias finais de exámenes.
En ambos os dous casos, o peso das probas escritas é dun 70,0% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é dun 30%.
Cómpre acadar unha puntuacón mínima dun 4 no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua.A materia será de aprobado cando se chegue ao total de 5.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA:
Asistencia ás clases interactivas: 1 punto
Traballo grupal a concretar coa profesora: 1 punto
Elaboración de prácticos realizados nas clases interactivas : 1 punto
TOTAL: 3,0 ptos. Cómputo a valorar na cualificación final
A asistencia a clases interactivas se gradúa da seguinte maneira:
- O 100% das asistencias: 1 punto
- O 90% das asistencias: 0,9 ptos
- O 80% das asistencias: 0,8 ptos
- O 70% das asistencias: 0,7 ptos
menos do 70% das asistencias no puntuan.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e as causas por que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno dá USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir as clases interactivas, e teña concedida a dispensa de aistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización dun traballo. A tematica e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, será acordada entre a profesora e a alumno.
Poderán darse cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumno, na avaliación continua, desde que se chegue a acordos entre a profesora e os alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo persoal do alumno/a:
Estudo autónomo individual ou en grupo......50 horas
Exercicios.....15 horas
Lectura de textos....... 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material .......20 horas
Outras tarefas propostas como, estudo de diferentes tipos de grupos, sondaxe dos grupos a que se pertence e comentario de noticias..... 4 h.
Total........ 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
- A participación nas clases interactivas é fundamentais para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
- Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese para o/o alumno/a.
Ter cursadas as materias do Fundamentos do Traballo social; Historía do Traballo Social e Ética e Traballo Social