Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171321 - Servizos Sociais Especializados (O Contexto Institucional do Traballo Social ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Castro Neo, María Jesús.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    .- Coñecer e comprender a estrutura e organización dos Servizos Sociais especializados.

    - Ser capaz de detectar os mecanismos de exclusión e discriminación no acceso á protección social e formular fórmulas para corrixilos no ámbito dos Servizos Sociais
    especializados.

    - Coñecer e comprender o desempeño profesional dos/ás traballadores/ás sociais nos Servizos Sociais especializados
    Contidos
    I.-A organización dos Servizos Sociais especializados no ámbito das Administracións públicas.

    II.-Marco xurídico dos Servizos Sociais especializados.

    III. -A exclusión social e os Servizos Sociais especializados.

    IV. -Os Servizos Sociais especializados para sectores de poboación e/ou necesidades específicas: servizos, programas, equipamentos e prestacións:
    *Personas maiores
    *Personas con discapacidade
    *Sistema de Autonomía persoal
    *Familia e menores
    *Muller
    *Personas con adicción a drogas
    *Reclusos e ex-reclusos
    *Minorías étnicas e migracións
    VII - Funcións do traballador/a social nos Servizos Sociais especializados.
    Bibliografía básica e complementaria
    -Alemán,C. e García Serrano,M.(2007).Servicios Sociales Sectoriales.Madrid:Ed. Universitaria Ramón Areces.

    -Alemán,C., García Serrano M. e Alonso, JM.(2011).Servicios Sociales Públicos.Madrid:Tecnos.

    -Colom, D. e Miranda, M .(1999).Poblaciones Y Bienestar social .Zaragoza:Mira editores.

    -Colom, D. e Miranda,M. (1999). Organizaciones de bienestar Social. Zaragoza:Mira Editores.

    -Garces Ferrer , J. (1996). Sistema político y administrativo de los servicios sociales . Valencia: Ed,Tirant lo Blanch.

    Competencias
    Na Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribúe a alcanzar as seguintes competencia, para alcanzar os obxectivos propostos para a titulación:

    Competencias xenéricas:
    -Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
    -Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.

    Competencias específicas:
    -Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
    -Adquirir facultades para contribuír á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
    -Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
    -Coñecer e aplicar as boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que as implementar.

    Competencias transversais:
    .- Capacidade de análise e síntese.
    .- Capacidade de comunicación oral e escrita.
    .- Capacidade de razoamento crítico.
    .- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
    .- Capacidade de motivación pola calidade.
    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia está organizada en 36 horas distribuídas en sesións na aula , e impartidas ao grupo grande. Outras 9 horas a cada grupo en que se subdivida o grupo grande, distribuídas ao longo do período lectivo en 6 sesións na aula de 1 hora e 30 minutos de duración cada unha. Nas sesións na aula a docencia será de tipo expositivo, con menor participación activa do alumnado, e de tipo interactivo en que si o alumnado terá unha participación máis activa.

    Docencia expositiva: A través de exposicións na aula e dando lugar á participación, a profesora explicará aspectos básicos e centrais de cada tema establecido no programa, achegando información esencial e delimitando conceptos, resaltando os aspectos relevantes e as relacións entre eles.

    Docencia interactiva: O alumnado individualmente ou organizado en equipos de traballo desenvolverá actividades que requirirán unha participación activa na construción do seu propio coñecemento. Realizarase a lectura/visionado e análise de textos ou material audiovisual con debate titorizado e / ou preguntas na aula. Utilización de bibliografía, fontes estatísticas ou outros materiais vinculados ao programa académico e complementario á teoría impartida na asignatura, ben proporcionado pola profesora ou buscados e achegados polo alumnado, con exposicións por parte de este dos traballos a realizar na aula. Ademais o/a alumno/a terá que realizar un traballo de curso en grupo segundo as pautas específicas a indicar pola profesora.

    Através das titorías se orienta e asesora sobre as actividades e tarefas propostas ao alumnado. Así mesmo resolveranse dúbidas que se lle poidan presentar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.



    Sistema de evaluación
    A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través de que se comproba o nivel do logro en relación aos obxectivos sinalados.Toda valoración que hai que realizar responde a unha parte do contido do programa da materia.

    A avaliación da materia realizarase mediante unha avaliación continua e a realización dunha proba parcial e exámenes finais.

    A proba escrita e exames finais oficiais terá un valor de 80% sobre a cualificación global, e cumprirá acadar unha puntuación mínima de 4 para poder sumar a puntuación obtida na avaliación continua.

    A avaliación continua terá un valor do 20%, e realizarase sobre actividades do alumnado elaboradas a nivel individual ou grupal nas sesións interactivas, e sobre a base de:
    .-Asistencia regular a clase
    0,5 PUNTOS POR :
    .-Asistencia a clases interactivas:
    6 asistencias: 0,5 ptos.
    5 asistencias: 0,4 ptos.
    4 asistencias: 0,3 ptos
    3 asistencias: 0,2 ptos.
    2 asistencias: 0,1 ptos.
    1 asistencia: 0 ptos.

    1,5 PUNTOS POR:
    .-Elaboración de traballos e / ou exposición dos mesmos na aula
    .-Lectura e análise de textos, e / ou visionado e análise de material audiovisual
    .-Intervencións, reflexións, e análise sobre cuestións expostas na aula

    As actividades realizadas na aula non son recuperables fora das sesións docentes establecidas, agás que a non asistencia esté xustificada dentro dos supostos legais establecidos.

    Teranse en conta para valorar as actividades anteriores criterios como:
    .-Participación activa en clase, tanto espontanea como estruturada, e calidade das mesmas
    .-Capacidade creativa
    .-Entrega en prazo das activades propostas

    A USC é unha Universidade presencial, e o alumnado ten o deber de asistir regularmente ás actividades lectivas programadas.

    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar a non asistencia a clase son as establecidas na Regulación que para tal fin aprobou a USC e as normas propias do centro.

    No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación de faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.

    Nas situacións previstas que imposibilitan manter a dinámica da avaliación continua presencial o alumnado poderá solicitar a dispensa de asistencia, polo procedemento establecido polo centro e nos prazos fixados. Nestas situacións realizaranse as actividades que oportunamente sexan fixadas co correspondente sistema de avaliación.

    Os traballos individuais ou grupais realizados polo alumando terán que ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na materia ata a seguinte convocatoria. Para os efectos de avaliación un mesmo traballo non poderá ser utilizado en varias materias, non sendo que as actividades se programen de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribiudas como segue:

    .-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas

    .-Exercicios: 15 horas

    .-Lectura de textos: 15 horas

    .-Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas

    .-Preparación de exposicións orais: 4 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da asignatura necesario para orientar a aprendizaxe práctica.

    A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.

    Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada da docencia para aclarar e orientar sobre bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese para o/a alumno/a.

    Observacións
    A asignatura pertence á "Materia: "Servizos Sociais"” dentro do "Módulo: O contexto Institucional do Traballo Social”.

    Recoméndase ter cursadas as asignaturas “Historia dos Sistemas de Benestar Social”, “Fundamentos de Política Social” e "Servizoz Sociais Comunitarios".